Trala tristeza producida en tódol@s nen@s da clase pola morte dos nosos primeiros pitiños, Luca trouxo outros 5 ovos para ver se desta vez temos máis sorte. puxémolos na incubadora, programámola, estivemos atent@s á temperatura e procuramos que tivesen auga, como a primeira vez. E despois dos 21 días exactos, hoxe 10 de xuño, cando xa estabamos a piques de rematar a clase, Nene descubriu que nacera un pitiño. Entusiasmad@s con esta nova, apampad@s contemplando como se movía, decatáronse que había outro ovo peteirado, outro pitiño quería nacer......Antes de marchar a comedor toda a escola era coñecedora da noticia e observaba asombrada as dúas criaturiñas que agora teremos que coidar con agarimo.
Temos moita sorte, o noso patio está pegado a unha finca que conta cunha plantación de cerdeiras. Cando saímos o venres ao patio, atopamos cereixas maduras no chan.
Os paxariños, coma nós, pensan que están boas.
Xa postos apañamos as cereixas que estaban ao nosso alcance. Despois calculamos, contamos, finalmente saboreamos! MMMMMM, que ricas matemáticas!
Con diversas partes, pauciños, gomas, pedras, sementes, ollos,....somos quen de crear os nosos bechiños. Miramos un debuxo, ou seguimos unha idea diferente.
AS RAS TEÑEN UNHA SALIVA MOI ESPECIAL. AS VECES É MÁIS MESTA E OUTRAS É LÍQUIDA. IMOS PROBAR NÓS A PREPARAR UN DESTES FLUÍDOS. SÓ PRECISAMOS MAIZENA E AUGA.
AS VECES E NON PODEMOS MOVELO, ESTÁ DURO, A CULLER NON O ATRAVESA, PERO SE METEMOS O DEDO AFÚNDESE COMA NUN LÍQUIDO.
SE APRETAMOS FACEOS UNHA BOLA, SE SOLTAMOS, ESCÓRRESE COMA AUGA.
TEACHER GOELE READ US A STORY: A FARM ANIMAL TALE.
THEN WE PLAYED A GUESSING GAME!
WHAT ANIMAL AM I?
THE GAME CONSITS OF A STUDENT WEARING A HEADBAND WITH AN ANIMAL CARD ON IT. BUT OF COURSE THE STUDENT CAN'T SEE THE CARD! THE REST OF THE CLASSMATES HAVE TO MAKE GESTURES OR ACT OUT THE ANIMAL SOUND SO THE STUDENT WEARING THE HEADBAND CAN GUESS THE CORRECT ANIMAL.