O venres os elefantes xunto cas familias e alguhas profes fumos de excursión a Illa de San Simón é pasámolo xenial. Vos deixo algúns momentos moi especiais desta saída.
Hoxe preparamos na nosa escola o maio con adornos de flores e follas de formas moi variadas. Velaquí vos deixo os momentos mais significativos desta xornada compartida cas nosas familias e avós é avoas do centro de día de maiores.
O outro día tivemos a visita de Maria, mestra de música e nai da escola, que viño a ensinarnos a ler música ca melodía da canción ``o cucu no fondo do bosque´´. Que ben o pasamos e canto aprendimos.
Así celebramos o día do libro na nosa escola ca mellor compañía , as nosas familias. Entre todos e todas fixemos un marcapáxinas e tivemos un agasallo moi valioso , un conto para chear as nosas cacholas de moitas mais aventuras.