Hoxe preparamos na nosa escola o maio con adornos de flores e follas de formas moi variadas. Velaquí vos deixo os momentos mais significativos desta xornada compartida cas nosas familias e avós é avoas do centro de día de maiores.
Onte tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial , os nenos e nenas do cole de maiores que viñeron a lernos uns contos co motivo da actividade de centro `` padriños e madriñas lectoras´´. Aqui vos deixo un resumo do ben que o pasaron os rapaces e rapazas.
Así celebramos o día do libro na nosa escola ca mellor compañía , as nosas familias. Entre todos e todas fixemos un marcapáxinas e tivemos un agasallo moi valioso , un conto para chear as nosas cacholas de moitas mais aventuras.
Seguimos na aula invitando as familias a participar con nós nesta andaina. Esta vez contamos ca mamá Eva que vino a contarnos un conto cheo de valores sobre a amizade e o valor que temos cada un mesmo.
Esta semana tivemos a sorte de viaxar polo Nepal da man dun pai da nosa escola que quiso vir a compartir a súa experenza con todos nós. Aprendimos a usar as diferentes ferramentas para ser os mellores aventureiros é aventureiras.