A nosa horta vai ser reformada para crear bancales, pero non por isto, deixaremos de seguir plantando hortalizas variadas, iso si en recipientes individuais que logo levaremos a casa, onde trasplantaremos a outros tarros máis grandes ou ao ardín ou horta familiar. Esta vez plantamos rúcula. Seguindo co noso costume da reutilización, usaremos envases de iogurt, dándolles unha segunda vida. Facémoslles un buratos, para que non se pudran as nosas sementes.


usamos terra e sementes, e regamos
Agora que xa están grandes levámolas para casa

cando medren un pouco, que boa ensalada!
OS KOALAS TAMÉN PLANTAMOS RÚCULA NO PATIO




