Skip to Content

Programas de radio

Falamos na radio: Esperta Valladares

O día que fumos a visitar o funcionamento do Muiño con Campio. O programad e radio Esperta Valadares pillounos durante o recreo na área de xogo para facernos unha entrevista. No seguinte enlace no minuto 57 , podedes escoitar o que falamos:

 
 
 
O mércores tamén saímos na radio falando sobre ás postais que fixemos na escola, as nosas peticións de agasallos para os Reis Magos e Papá Noel. Podedes escoitarnos no minuto 52.
 

Radio. Torreiro

Cando estabamos no Torreiro co papá de Alba Pazó, Pablo, aprendendo cousas dos Rallys, cchegaron oa xornalistas de radio Valadares e fixéronos unha entrevista. Podedes oirnospinchando  na seguinte gravación:
 
 

Canguros na radio

 

 

 

 
    Seguimos coas nosas entrevistas en Radio Valadares. Esta vez, tocoulle a clase dos "Canguros" . Conversaron sobre o premio que nos concedeu Voz Natura polo noso proxecto de Horta escolar. Escoitade que ben explican o que plantamos tanto o ano pasado coma este, que xa temos a nosa horta en pleno randimento. Así mesmo informaron sobre a celebración do Magosto que tiña lugar  ese mesmo día. 
 
Bravo Canguros!

Programa de Radio

 
O venres 30 de outubro, día da festa de Samaín no cole, Radio Valadares conectou connosco, "Os Tigres" para falar do medo, aquí podedes oír as cousas que lles contamos. Na clase xa falaramos sobre os nosos medos e as cousas que podíamos facer para superalos, tamén escoitamos contos e puidemos aprender dos recursos que usan os protagonistas das historias, a imaxinación, a risa, a axuda da familia e tamén puidemos coñeceras as receitas das  amigas e amigos para enfrontalos. Laia, que teme a escuridade coma outras nenas e nenos da clase, usa unha pequena luz que a espanta. Con Carolina, Julia ou Loli que se asustan de morcegos, serpes e arañas pensamos que se coñecen estes animais decataranse que non hai motivo para os temer. Dany reflexionaba sobre os aterradores "homes lobo", uns homes que as veces andan coma lobos, inda que finalmente recoñecía que só existían na imaxinación. Xoán declarou que el non lle mete medo  nada, polo de agora  pero logo non se atreveu a falar pola radio. Con Mateo tivémolo un chisco máis difícil porque lle ten medo ó sol xa que descubriu cando naceu que era un vampiro e claro......menos mal que na escola temos un potente protector solar, pantalla total para saír ó patio. Este é un pequeno resumo do que se falou na clase uns días antes da conexión da conexión radiofónica que nos cortou un pouquiño, normal, chámase medo escénico... 

Visitamos Radio Valadares. Escóitanos!

 

Estes días , que saiu o sol, fomos ata o centro cultural onde está ubicada Radio Valadares. Alí Yoli, a xornalista responsable das emisións da radio do barrio,explicounos como funciona, estivemos moi atent@s ás súas explicacións. Falamos, cantamos, as veces tamén calamos. Pasámolo moi ben. 

Con todo este material, Yoli que é unha gran profesional, editou as gravacións que  poderedes escoitar pinchando nos seguintes enlaces. 

aquí os botóns a partir do minuto 31. 

Para escoitar os tigres pinchade aqui a partir do minuto 46. 

Escoita os canguros, pinchando aquí a partir do minuto 18.  

Grazas Yoli, repetiremos a esperiencia.

Escoitade Radio  Vladares no 106.1 FM. 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA DE RADIO

      

Xa podedes escoitar o programa de radio

 

       

 

Distribuir contido


by Dr. Radut