Skip to Content

Día da Paz

Día da Paz cos avós e avoas

    Onte e hoxe tivemos unha visita online moi especial: os avós e avoas do Centro de Día de Maiores de Valadares e tamén do Centro de Día D'alba.

Xuntos celebramos o DÍA DA PAZ, e colaboramos do mural :

QUE CHOVA A PAZ dá escola.

Decoramos unhas gotiñas con palabras fermosas, agarimosas e bonitas, que choverán das nosas nubes.

Mirade que ben nos quedaron os murais.

     

 

 

 

Fixemos moitas cousas xuntas durante a conexión:

--- presentamos o tódolos nenos e nenas dá escola e coñecimos o nome dos avós e avoas

--- vimos o video da celebración do Día da Paz na nosa escola.

--- escoitamos o poema que nos recitou

--- os Canguros recitaron o poema "Plin Plin Clan"

--- os Koalas cantaron a canción " Inverno"

--- cantamos xuntos a canción : Ondiñas Veñen

--- Os Elefantes falaron cos avós

--- desfrutamos da canción do grupo de canto do Centro de Día

--- falamos das nosas cousiñas e das súas cousiñas

--- e sobre todo desfrutamos, aplaudimos e mandamos bicos .

      

 

      

 

       

 

 

        

 

 

 

 

Día da PAZ

 
 
DESPOIS DE ESCOITAR O CONTO FIXEMOS CADA NENO UN ELEFANTE GRIS PARA EXPRESAR QUE RESPETAMOS AS IDEAS E FORMAS DE PENSAR DE CADA QUEN E GÚSTANOS VIVIR EN PAZ E NON LOITAR.
 
 

DÍA DA PAZ 2020

 

ESTE ANO DEDICÁMOSLLE O DÍA DA PAZ A:

WANGARI MAATHAI, (1-4-1940 Ó 26-9-2011).

PINCHA NA IMAXE SE QUERES SABER COMO PLANTANDO ÁRBORES COLABOROU NA CONSTRUCCIÓN DA PAZ NO SEU PAÍS, KENIA.

 

TAMÉN NÓS PLANTAMOS UNHA SEMENTE, COMA WANGARI.

ESTE ARTIGO DO XORNAL "ATLÁNTICO DIARIO", CONTA COMO CELEBRAMOS ESTE DÍA. 

 

Día da Paz 2018

O 30 de Xaneiro, celebramos o Día da Paz
 
O noso lema : A DANZA DA PAZ
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut