Reis EP

BO NADAL!!

Diego, Fernando, Mauro, Vera, Abril, Telmo, César e a profe Laura desexámosvos boas festas! Vémonos no 2021

O NADAL XA CHEGOU A REIS!

Ca boca aberta quedamos co traballazo da ANPA do CRA de TEO (en especial da ANPA de Reis)!! O luns chegamos ao cole e este radiaba espíritu navideño por todos os recunchos grazas á colaboración das nosas familias. Pero iso non quedou aí, cada día foron chegando máis e máis detalles cargados de esforzo, cariño e ilusión (e a gran maioría con materiais de refugallo... que gran idea!)

 

E veña TALLERES! 11/12/20

Esta semana estamos metidos de chego no Nadal preparando cousiñas cas que vos sorprenderemos a semana que vén. Pero todo isto sen descoidar o traballo dos contidos que tocan (que xa está aí o remate da 1ª Avaliación!!) :)

MAIS TALLERES

Traballamos con moitos recursos e de distintas maneiras, ás veces sós, outras en gran grupo (aunamos temarios e aprendemos todos xuntos) e en ocasións facemos pequenos talleres divindindo a clase. 

Velaquí o exemplo! :)

O NADAL

Somos unha pequena gran familia!

Velaquí unha mostra do noso espíritu navideño.  Aínda o que nos queda por facer e amosarvos... :)

25N

Rematamos a semana debuxando o que para nós é a igualdade despois de ter lido e cavilado sobre distintas frases célebres en contra da violencia de xénero.

Bo traballo! :)

25N

"Un neno/a que le, será un adulto que pensa e actúa en consecuencia"

Pois nós seremos grandes pensadoras/es... :)

25N

Hoxe movemos o esqueleto e cantamos en CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO! :)

"Es trabajo de todos creer en la igualdad"

25N

A SEMANA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO... OU CASE MELLOR A VIDA SEN VIOLENCIA DE XÉNERO!

Ao longo desta semana reflexionaremos con diversos recursos sobre o 25N... por que o celebramos? que acontece na nosa sociedade? solucións...

Quentamos motores cos seguintes vídeos:

"AHORA... PÉGALE!" ...

"CORRE COMO UNA NIÑA..."

Distribuir contido