Reis EP

DÍA DO LIBRO 23/4/21

A profe Pili e a profe Laura propuxéronos crear un conto con estas pistas polo Día do Libro! :)   

O NENO AVENTUREIRO

   Había unha vez un neno que viaxaba nun globo aerostático. Encendeu o lume e comezou a subir rápidamente. Non se sabe moi ben por qué, pero o globo comezou a descencer rápidamente, e unha nena que o vía todo dende abaixo lanzou un pemento máxico que se convertiría nun paracaídas, pero con tan mala sorte que apareceu un gato e o papou polo aire antes de que o neno o collese. A nena sacou novamente outro obxecto, unha varita máxica! Tatatachín, tatachán... truco de maxia que o globo pare xa! E así foi.

Cando o neno chegou ao chan sacou un mapa que o levou a unha chave que o levou novamente a un tesouro que viña sendo unha tartaruga. Abriu a tartaruga e de aí saliu unha araña, que ao acariciala saliu dela un arco da vella que lle permitiu ao neno chegar ás montañas que era onde quería ir dende o principio.

COLORÍN COLORADO... ESTE CONTO ESTÁ REMATADO! :)

¡ARTISTEO QUE TE VEO!

Son Andy Warhols, son Picassos, son Marujas Mallos... non! Son os nenos/as de primaria do cole de Reis que lle sacan proveito ata os cristais! :)

SEMANA DO 22 AO 26 DE MARZO

     Esta semana estivemos traballando hábitos de vida saudables onde a alimentación ocupa un papel moi moi relevante. Para saber máis sobre isto lemos etiquetas de distintos produtos que levamos ao cole e clasificámolos segundo os podemos tomar MOITAS ou POUCAS veces. E para saber iso primeiro fixemos unha pirámide alimenticia levando moitas sorpresas...

Tamén fixemos o xogo que nos propuxo o Equipo de Biblioteca do cole, a profe Laura e Pili agocháronos debuxiños sobre as maneiras diferentes de facer o camiño, e resolvendo adiviñas fómolos atopando para pegar posteriormente.

WANGARI - PREMIO NOBEL

O domingo 21 de marzo foi o Día da árbore, neste contexto aproveitamos para traballar a relevancia de coidar a natureza falando de Wangari, á cal lle otorgaron o Premio Nobel da Paz pola súa contribución a un mundo cheo de vida pola súa defensa á plantación de árbores.

A profe Pili leunos un conto sobre a súa vida, falamos dos acontementos máis importantes que vivíu e rematamos vendo un VÍDEO que nos gustou moito! :)

Distribuir contido