Reis EP

DÍA DO PAI

No colexio de Reis gústanos máis o día da Familia, pero non quita que lle queiramos mandar unha felicitación e bico grande aos nosos papis. Parabéns para vós! :)

CONSUMO RESPONSABLE

     O 15 de marzo foi o día do Consumo Responsable.  A profe Pili fíxonos pensar sobre os abusos e os excesos a través de debates pero tamén presentándonos este vídeo que comentamos a posteriori. Ás veces menos é máis! :)

FÚTBOL CON "A" :)

Os contos sempre teñen o seu espazo para calquera das temáticas, fannos estar atentos, creativos, reflexivos... Nesta ocasión ademáis de contos e charlas fixemos un traballo sobre a biografía de Vero Boquete, quedamos pasmados con tantos títulos que leva "ao lombo". :)

"E NÓS SÓ NÓS" (8M)

Nestes días andaremos atarefados reflexionando por que se nos adica ás mulleres un día (8M). Farémolo a través de cancións, contos e vídeos que nos permitan pensar e propoñer alternativas a situacións aínda non superadas. 

Para que algún día non faga falta conmemorar nada neste día...

RECURSOS DÍA DA MULLER

RECURSOS DÍA DA MULLER II

 
 

DÍA DAS LINGUAS MATERNAS

 O domingo 21 foi o día das Linguas Maternas, a primeira lingua que nos falaron e aprendemos. Sen dúbida unha nota de identidade de cada un de nós. O galego é na nosa clase, maioritariamente, a nosa lingua materna. E unha palabra moi nosa, moi galega é "morriña" ou "saudade".
Que é iso? preguntaron... e a raíz disto, ca profe Pili, puxémonos en situación de ter que marchar a outro cole moi lonxe (a onde o globo terráqueo nos levara) e ternos que despedir de onde nós somos.

A raíz disto lembramos a Rosalía de Castro, a súa vida e algúns dos seus poemas que falan sobre isto. E como non, rematamos a clase cantando algúns dos seus poemas! :)

Distribuir contido