Skip to Content

XUNTANZAS

VAS CAER

Achegámonos ás ideas previas que teñen sobre a radio a través dun concurso, onde só deben empregar o oído... Serán capaces de identificar que é un programa de radio?

Aquí podedes ver un dos programas de CRA TV: VAS CAER!

 

COMO CREAMOS O LOGO DE RABU RADIO

O CATAVENTOS

Polo Día das Letras Galegas, nenos e nenas, nais e profes do CRA de Meis representaron no auditorio municipal unha adaptación do conto "O cataventos", de María Victoria Moreno.

Aquí tedes o vídeo para volver lembrala!

 

 

Ata a prensa se fixo eco da nosa celebración do día das LETRAS GALEGAS!!

 

RABU-RADIO. PRIMEIROS PROGRAMAS!!

Preme no enlace para escoitar os nosos primeiros programas de Rabu-Radio!! Os nenos e nenas de 6º de Infantil do CRA de Meis fálannos de arte, da nosa charca, do Pícnic Literario deste ano... e entrevistan a unha antiga alumna de María Victoria Moreno. Non volo perdades! 

 

https://www.ivoox.com/escuchar-audios-rabu-radio_al_11335353_1.html

 

                 

 

INAUGURACIÓN DA ESCOLA DO RÍO

 

 

O alumnado de Xuntanzas rematamos a nosa laboura no Proxecto Ríos coa gran inauguración da Escola do Río mañá en Porta Pisón!

Gran experiencia a deste ano cos compañeiros do CPI Mosteiro-Meis e do CIFP Portovello de Ourense, así como moi de agradecer a colaboración da Comunidade de Montes de San Tomé e do Concello de Meis, pola súa implicación en facer realidade a restauración e posta en marcha deste espazo tamén como aula da natureza.

 

 

FAMILIAS ESTADES CONVIDADAS A PARTICIPAR! Se tedes dúbidas de como chegar, mirade o vídeo:

Proxecto Ríos en Xuntanzas

Pequena biografía de MARUJA MALLO

Maruja Mallo foi unha pintora galega de recoñecemento internacional.  Formou parte da Xeración do 27, e tivo amizade con Dalí, Lorca, Buñuel, Alberti, Miró, Picasso, Miguel Hernández ou Neruda. Participou coas súas ilustracións en numerosas revistas, realizou cadros moi innovadores, escenografías teatrais, cerámicas, pinturas murais, conferencias, accións poéticas, fotografías artísticas... E sempre dende unha óptica rebelde, comprometida e moi divertida.

EU CANTAR, CANTAR, CANTEI

Polo Día de Rosalía cantamos esta versión dun dos seus poemas. E para celebrar o Día da Poesía, os rapaces e rapazas de 5 anos recitárona, un verso cada un, para lograr recompoñela entre todas. Ademais, é a propia Rosalía (a que nenos e nenas deseñaron) a que fala, coa voz dos cativos. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut