Skip to Content

XUNTANZAS

RR2 - Os bechos pao 2

https://go.ivoox.com/rf/96222938

 

O alumnado do Marco, S. Tomé 2 e S. Lourenzo atópanse cos bechos pao que viñeron á clase de Xuntanzas dende o CRA de Valga . Que cousas saberá esta picaraxada destes insectos?

#radionabiblio #radionaescola #bescolaresgal

Benvidos bechos pao

Dende o CRA de Valga chegounos unha sorpresa incrible! O alumnado de San Vicente, Paradela e San Tomé 1 cóntannolo neste novo podcast !

https://go.ivoox.com/rf/95434546

RR#2 - XA ESTÁN AQUÍ

Rabu Radio #1 - OLA!

ENTREVISTA A XELA ARIAS

Atopamos un vello VHS na biblioteca de Rabuñoso, unha entrevista a XELA ARIAS! Mais mágoa, o video estaba estropeado e só puidemos ver algunhas pequenas partes.

Por sorte, grazas o traballo de investigación dos nenos e nenas de 6º e grazas a Máxica, que puido reconstruír o video no seu laboratorio cos cachiños de entrevista que había en cada escola, agora podemos desfrutar da entrevista ao completo e coñecer máis aspectos da súa vida e obra.

 

https://youtu.be/NZsYtKFySK8

 

(Graciñas á nosa "Xela" por prestarse a este enredo).

CONTACONTOS CON SOLE FELLOZA

Esta semana tivemos a Sole Felloza no cole. É unha contacontos fabulosa. Esta actividade realizouse como parte do programa "Radio na biblio" no que participamos dende hai uns anos a través da biblioteca escolar. Estaba prevista para marzo, pero por mor da suspensión das clases adiouse ata agora. Íase facer na radio co alumnado de Xuntanzas, pero houbo que adaptalo en función das novas circunstancias. Así, Sole percorreu todas as aulas do CRA, e contounos unhas historias estupendas! Contos de intriga, de amor, de cantar e contar, de medo que dá risa... Contos que nos ensinan que as cousas non sempre son como aparentan, que non debemos prexulgar sen coñecer, que xuntos somos máis fortes, e que temos que medrar sen esquecer as cousas importantes que aprendemos sendo nenos e nenas. Grazas Sole!

 

PSICO NA CASA: OS XOGOS OLÍMPICOS

NOS SEGUINTES VIDEOS ATOPAREDES A SERIE DOS XOGOS OLÍMPICOS FEITA POLO ALUMNADO DE XUNTANZAS XUNTO CAS DIFERENTES PROPOSTAS DE PSICO NA CASA, RELACIONADAS CON CADA EPISODIO.  NON DEIXEDES DE MOVERVOS!

 

AS AVENTURAS DE RABUÑOSO E MÁXICA NOS XOGOS OLÍMPICOS: EPISODIO 1

EPISODIO 2: RABUÑOSO E A NATACIÓN:

- ACTIVIDADE NATACIÓN NO SALÓN:

 

-  ACTIVIDADE DE ATENCIÓN PLENA:

 

EPISODIO 3: A ESCALADA

 

- ACTIVIDADE DE IOGA:

 

 

EPISODIO 4: UN MAREO ARTÍSTICO

- ACTIVIDADE DE XIMNASIA RÍTMICA:

 

EPISODIO 5: A FINAL

 

Exper-i-ciencia

A nosa biblioteca non é só un espazo onde poder ler e levar libros, é un laboratorio creativo de aprendizaxes onde experimentamos, investigamos e debatimos e dialogamos. Un espazo aberto onde recibimos a persoas con moito que contar, coma Susana Calvo, científica do CSIC que veu ao noso Maker Espace de Paradela acompañada dos seus fascinantes bechos como parte do proxecto Exper-i-ciencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut