Skip to Content

XUNTANZAS

O NOSO PRIMEIRO DÍA EN RABURADIO

Hoxe viñeron a xuntanzas o alumnado de San Tomé 1, San Martiño e San Lourenzo, e atrevéronse a facer o seu primeiro programa de radio, un programa con moita polémica xa que xurdíu un debate: Rosa ou azul? Queredes saber de que vai o conto? pois escoitade, escoitade...

 

https://www.ivoox.com/43250732

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA 2019 EN XUNTANZAS

Todos e todas somos Rosalía de Castro. Para lembrar o día do seu nacemento, en Xuntanzas poñémonos na súa pel, e recitamos unha poesía curtiña das súas. Antes fixemos coas nosas mans unha chea de galiñas, vestímonos coas nosas mellores galas e puxemos o pelo da nosa poeta.

Un venres en Xuntanzas

Primeiro día de Xuntanzas (5/10/2018): Escolas de San Martiño, O Marco e San Tomé

A nosa biblio creativa xa funciona a toda máquina os venres en Xuntanzas! Lecturas compartidas, Radio, Televisión, Teatro, Charca e Laboratorio, Robótica, Construcións, Xogos lóxicos e manipulativos, Expresión plástica... 

 

 

 

 

O NOSO PRIMEIRO DÍA EN RABURADIO

ESCOITA O PROGRAMA PINCHANDO NA IMAXE E SUBSCRÍBETE Á NOSA CANLE DE IVOOX

RABU-MENSAXE : BENVIDOS Á ESCOLA DO RÍO!

Rabuñoso saúda por vide-conferencia aos nenos e nenas á súa chegada a Porta Pisón. Video resumo do que deu de si o Proxecto Ríos no cal compartimos unha grandísima experiencia co CIFP Portovello de Ourense, o CPI Mosteiro Meis, as familias do CRA e, que ademais, tivo o seu gran remate final coa inauguración da Escola do Río, grazas á colaboración coa Comunidade de Montes de San Tomé de Nogueira e o Concello de Meis.

 

ENTREVISTA A MARUJA MALLO

OS NOSOS PERIODISTAS MÁIS INTRÉPIDOS FIXERON UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE MARUJA MALLO. TAL FOI A SÚA TEIMA POR COÑECELA, QUE ATA CONSEGUIRON ENTREVISTALA!

A CONTINUACIÓN PODEMOS VER UN ANAQUIÑO DO QUE DEU DE SI A ENTREVISTA. UN PEQUENA PARTE DO TRABALLO QUE TIVO O SEU COMEZO NAS AULAS COA CREACIÓN DE XORNAIS E A INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA DESTA GRAN ARTISTA.

LEMBRANZAS DE UN GATO BIBLIOTECARIO

RABUÑOSO RECIBE AO ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA DO CPI MOSTEIRO-MEIS QUE VIÑERON A VISITARNOS A PARADELA E LEMBRAR VELLAS ANDAINAS NO CRA.

Distribuir contido


by Dr. Radut