Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Oca

COÑECE A ESCOLIÑA DE OCA

O noso día a día vívese a través da cooperación entre as idades mixtas que conviven na aula, esa é a clave para que todos alcancemos o éxito!

A nosa escola atópase no lugar de Oca (Coristanco), tan só a 5 minutos do concello de Carballo, por iso temos compañeiros que veñen de alí. Na escola impártense os niveis de 4º, 5º e 6º de educación infantil e tamén de 1ºe 2º de primaria, agora mesmo somos 10 nenos e nenas. Unha pequena familia!

Na nosa escola todos os espazos serven para aprender, tanto os interiores coma os exteriores.

Na planta baixa, contamos cunha zona de traballo en calma onde entramos con zapatillas e traballamos nas diferentes propostas, con bandexas, na mesa ou en alfombras no chan. As veces aprendemos todos xuntos, outras traballamos en equipos e outras veces de forma individual, sempre coa axuda e atención dos mestres. Na nosa escola sempre estamos coa mestra Ángela e tamén cos diferentes especialistas que veñen apoiarnos (Inglés, Música e Plástica, Educación Física, Relixión e Proxecto competencial e mestres de apoio).

Na planta alta temos unha zona máis de movemento, onde facemos o patio e educación física, se o tempo non nos permite saír. 

Finalmente, no espazo exterior, temos un parque de xogos, un areeiro, merendeiros, un horto e zonas verdes!. 

Na nosa escola cada neno e nena é diferente, cada un precisa o seu tempo, por iso na escola o tempo é moi flexible e pódese adaptar en función dos nosos intereses e necesidades. Nos non temos alarmas!  Pero si seguimos unas rutinas que nos marcan os diferentes momentos da xornada: 

  • A entrada relaxada: poñemos zapatillas e mandilóns e entramos libremente a explorar as propostas que nos esperan no interior. 
  • O activa-T: exercicio físico para activar o noso cerebro.
  • Asemblea todos xuntos: escollemos encargados e organizamos o día. 
  • Propostas de traballo dirixido
  • Merenda e recreo
  • Hidratación e relaxación (Mindfullness, Ioga infantil…)
  • Especialidades ou propostas máis libres. 
  • Despedida: recollemos e preparámonos para marchar mentres soa a canción de despedida. 

Na escola contamos con todo tipo de materiais, tanto naturais e de refugallo como  materiais manipulativos de madeira. En canto a metodoloxía, intentamos nutrirnos do mellor de cada unha: Montessori, Reggio Emilia, traballo por proxectos, aprendizaxe cooperativa, novas tecnoloxías, o xogo, aprendizaxe sensorial, pedagoxía da luz…

Para nós as actividades teñen que ser experiencias reais, por iso resolvemos problemas e retos no día a día!

Finalmente, dicir que as portas da escola están sempre abertas ás familias, elas colaboran moito con nos e estamos sempre en contacto!

Ven a coñecernos!

PLANTAR UNHA ÁRBORE É PLANTAR FUTURO!

Este 21 de marzo celebramos o “Día da árbore” da mellor forma, plantando na nosa escoliña unha árbore froiteira! E por que decidimos plantar unha maceira? Porque despois dun rexistro das merendas na aula empregando unha táboa de dobre entrada descubrimos que a nosa froita preferida nas merendas é a MAZÁ!

 

 

Que beneficios ten plantar unha árbore?

Fomentamos o consumo de froita

Creamos hábitos de coidado do medio ambiente

Purificamos o aire

Facemos que o chan sea máis fértil

Creamos refuxio para a fauna

Entre outros!

 

Mirade canto traballamos!

 

 

NOVO RETO SOBRE AS PLANTAS EN OCA!

Grazas as familias estamos traballando nun novo reto: APRENDER OS COIDADOS DAS PLANTAS!

(Enlace ao vídeo)

(Enlace ás fotos)

SEMANA DO 24 AO 28 DE XANEIRO

BOAS! MANTEMOS A MESMA RUTINA QUE A SEMANA ANTERIOR. A MAIORES ADXÚNTASE O TRABALLO ESPECÍFICO DE PRIMARIA. (Ver documento adxunto).

 

 

 

SEMANA DO 17 AO 21 DE XANEIRO

TELEDOCENCIA EN OCA:

 

Seguir unha rutina diaria:

 

- Situarse no presente: Tachar o calendario e escribir a data nun papel/pizarra. Logo cantamos a canción dos días da semana, e escoitamos a canción dos meses do ano. (https://www.youtube.com/watch?v=EZIoCsCaNQU ) e de seguido falamos sobre a estación na que estamos e observamos pola ventá o tempo atmosférico. Investigamos sobre cantos grados hai hoxe. Logo escribimos o noso nome, contamos, letras, sílabas con palmas, contamos vogais, consoantes e podemos facer un acróstico con cada unha das súas letras. Para rematar facemos cálculo mental ou cos dedos da man

- Proposta de actividade: (Ver documentos adxuntos)

- Merenda saudable

- Xogo libre a poder ser no exterior. 

- Relaxación: https://www.youtube.com/watch?v=Offg-e7BDjg

- LEMOS TÓDOLOS DÍAS 20 minutos. É importante, preferiblemente, que o alumno/a lea en alto intentando perder o silabeo e facendo unha pausa nos puntos e nas comas. Debemos escoller un lugar tranquilo para ler e elixir sempre o mesmo horario para crear un hábito no neno/a. É preferible que sexan os cativos os que elixan que queren ler.

- Axudamos nunha tarefa do xogar. 

DÍA DO ABRAZO

Bo día nen@s e familias! Sabiades que o día 21 de xaneiro celebramos o día do abrazo? Pois traémosvos un conto que nos da alternativas a eses abrazos que agora non podemos darnos... "Hasta que podamos abrazarnos".

Unha vez que vexades o conto, que vos parece se enviamos unha mensaxe a un compañeiro tal e como fan Tortuga e Erizo? (Preme no enlace adxunto)

DIARIO DE CORENTENA

Bo día nenos e nenas das escolas de Oca e o Busto! Sabemos que estades a pasar uns días nas vosas casas, polo que dende o CRA gustaríanos que nos contárades o que andades artellando polas vosas casas! Seguro que tedes moitas cousas que contar, polo que traémosvos unha proposta... (Preme nos enlaces adxuntos)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut