Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Feiranova

ESCOLA DE FEIRANOVA

A escoliña de Feiranova está situada na Ponte Pequena, 22 no concello de Coristanco.

 

 

O entorno no que se atopa a nosa escola é marabilloso xa que estamos rodeados dun gran espazo verde onde os nenos e nenas xogan, corren, gozan, aprenden e interaccionan co grupo de iguais e coas posibilidades que o entorno natural nos ofrece. Temos unha pequena zona con bancos para merendar, un espazo de xogo, un areeiro e unha casiña de madeira para os nosos materiais de exterior e tamén un invernadoiro no que imos plantando hortalizas e verduras!!

 

 

 

O edificio da escola é dun único andar e temos todo un lateral de ventás o cal nos permite traballar con luz natural. A aula é enorme é está distribuída en diferentes espazos ou ambientes para fomentar o traballo e afianzamento de todas as áreas e ámbitos de aprendizaxe. Temos ademais unha aula anexa para diferentes usos: almacén, espazo de primaria,… 

 

As portas de Feiranova están abertas para que veñades a visitarnos e coñecernos!!!

LEITUGAS EN FEIRANOVA

A hortiña de Feiranova está a pleno rendemento!!

Os nenos e nenas están traballando “duro” para coidala; con amor e moito esforzo as leitugas medran e medran e algunhas xa están listas para comer!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut