Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Busto

Escola do Busto

Escola do Busto

A escola está situada na aldea do Busto (Santa Comba). Escolariza alumnado do 2º ciclo de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria.

     

     

Saída a Xanceda

O día 7 de marzo a escola do Busto xunto coas escolas de San Cristovo e Lañas visitou a CASA GRANDE DE XANCEDA. Pasámolo xenial!

 

DIARIO DE CORENTENA

Bo día nenos e nenas das escolas de Oca e o Busto! Sabemos que estades a pasar uns días nas vosas casas, polo que dende o CRA gustaríanos que nos contárades o que andades artellando polas vosas casas! Seguro que tedes moitas cousas que contar, polo que traémosvos unha proposta... (Preme nos enlaces adxuntos)

CESTA VIAXEIRA DE FRESAS

A CESTA VIAXEIRA DE PLÁTANOS

 

Con esta cesta de plátanos os nenos/as da nosa escola fixeron plastilina. Foi  unha actividade que disfrutaron moito xa que  esmagaron os plátanos e mezcláronos con auga, aceite e fariña. O resultado foi unha divertida plastilina ca que pasaron uns momentos moi lúdicos. Aproveitamos tamén para facer uns batidos deliciosos.   


 






A CESTA VIAXEIRA DO NADAL

En vísperas das festas do Nadal chegou a nosa escola una cesta viaxeira chea de doces típicos destas festas. Non vos asustedes, eran todos sen azucres engadidos, pero antes de comelos traballamos as formas xeométricas e as series matemáticas.




A CESTA VIAXEIRA DE CASTAÑAS

Aproveitando o outono a terceira cesta foi de castañas. Decidimos facer un biscoito desta froita no forno do cole.






 

A CESTA VIAXEIRA DE MANDARINAS

A segunda Cesta Viaxeira foi de mandarinas. O que se pretendía con esta cesta era iniciar ao alumnado no pensamento científico potenciando habilidades de investigación: formulando hipóteses, observando, descubrindo alternativas, etc. Para iso metemos en auga unha mandarina con monda e outra sen ela descubrindo como a que tiña pel se afundía e a que non  a tiña flotaba.

Aproveitamos tamén para facer series matemáticas con pinchos combinando mazá e mandarina.




A CESTA VIAXEIRA

                         

  

Dende a escola do Busto iniciamos este curso o proxecto A Cesta Viaxeira co obxectivo de traballar a alimentación sana, a educación sensorial e emocional posto que o mero feito de deixar que os nosos sentidos exploren os alimentos leva consigo desenvolver a escoita, a calma, a percepción e a paciencia.

O que se pretende con este proxecto é traballar as oito competencias básicas recollidas no currículo de Educación Infantil: competencia en comunicación lingüística, competencia matemática, competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá, competencia cultural e artística, competencia para aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.

O proxecto levarase a cabo ao longo do curso. Cada semana, a indicación do mestre, cada neno/a traerá un alimento, (normalmente será una froita) que será analizada sensorialmente véndoa, tocándoa, ulíndoa, oíndoa e finalmente coméndoa. Abrimos os alimentos, os partimos pola metade, ou os pelamos según o caso facendo unha análise rápida de tódolos sentidos agora que están abertos: cores, formas, olores, tacto, humidade…

A primeira Cesta Viaxeira veu cargada de mazás. Ademais do traballo sensorial, explicamos porque se oxidan ao pelalas, e por suposto  tamén as comemos. Iniciamos a elaboración dun mural.

  


 

Distribuir contido


by Dr. Radut