Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Lañas

BENVIDOS/AS Á ESCOLIÑA DE LAÑAS

A escola de Lañas é a única das 7 escoliñas do CRA A Tarandeira que se atopa situada no concello de A Baña. Actualmente contamos con 10 alumnos/as desde 4º de Educacion Infantil (3 aniños) ata 2º de Educación Primaria.

Lañas destaca por contar con diversos espazos que o alumnado e profesorado poden utilizar facilitando as diferentes actividades e facendo o proceso de ensino-aprendizaxe máis cómodo e máis práctico.

  • AULA DE TRABALLO: é a espazo de traballo habitual que utiliza o alumnado e o profesorado cada día para realizar as diferentes actividades programadas. Conta coas mesas e cadeiras do alumnado así coma con diversos recunchos de traballo e de xogo didáctivo, incluíndo un recuncho TIC.
  • BIBLIOTECA DE AULA: contamos cun espazo específico adicado á biblioteca. Tódolos días é utilizado para facer un tempo de conto e lectura así coma para realizar as asambleas diarias co alumnado.
  • AULA DE ARTE: trátase dun espazo dinámico que utilizamos para facer actividades relacionadas coa arte ou co proxecto que estemos a traballar nese momento. Ademais, permítenos facer desdobles co alumnado nos momentos que nos atopamos na escola varios mestres posibilitando, deste xeito, unha atención máis individualizada dos nenos/as.
  • AULA DE PSICOMOTRICIDADE: é o espazo que utiliza, fundamentalmente, o/a docente da especialidade de Educación Física e onde conta co material específico para as súas sesións.
  • “BRINQUEDOTECA”: espazo de xogo libre no interior. Os días que a climatoloxía non acompaña, utilizámolo para o tempo de lecer.
  • ESPAZOS EXTERIORES: contamos cunha gran zona verde ao aire libre no que os nenos/as poden xogar libremente con diferentes materiais e xoguetes dos que dispoñemos. Así mesmo, neste espazo exterior dispoñemos de mesas onde merendar ao aire libre ou facer algunha actividade didáctica respirando aire puro.

Ademais, contamos con SERVIZO DE “MADRUGADORES” o que facilita o proceso de conciliación nas familias que deciden escolarizar aos seus fillos/as na nosa escola.

Animádevos a coñecernos!

SEMANA DO 17 DE XANEIRO

TELEDOCENCIA EN LAÑAS: 

 

  • RUTINAS DIARIAS:

- SAUDÁMONOS: canción de "Bos días".

- TRABALLO CO CALENDARIO: buscamos e marcamos que día é hoxe, repasamos os días da semana cantando, reflexionamos sobre cal é a inicial do día da semana no que nos atopamos e facemos o seu son, repasamos os meses do ano, falamos sobre a estación na que estamos e as súas características e miramos pola fiestra para comprobar que tempo fai hoxe. Logo cubrimos cun gomet o REXISTRO METEOROLÓXICO (ver arquivo adxunto).

- OUTRAS RUTINAS: repasamos o abecedario e as iniciais de tódolos nenos da aula, escribimos o noso nome (podemos facer un acróstico con el, escribir tamén os apelidos, escribir unha oración na que apareza o noso nome, reflexionar sobre cantas letras ten, cantas vogais, cantas conosonantes...) e, por último, debuxamos o noso esquema corporal.

 

  • TRABALLO ESPECÍFICO DE PRIMARIA:

O alumnado que ten na casa o material didáctico da escola, fará o que se lle encomendou. O que non conta cos libros de texto na casa, pode desenvolver as seguintes propostas:

 

- ESCRIBIMOS UN DIARIO DE CORENTENA (ver arquivo adxunto)

- LEMOS TÓDOLOS DÍAS 20 minutos. É importante, preferiblemente, que o alumno/a lea en alto intentando perder o silabeo e facendo unha pausa nos puntos e nas comas. Debemos escoller un lugar tranquilo para ler e elixir sempre o mesmo horario para crear un hábito no neno/a. É preferible que sexan os cativos os que elixan que queren ler. 

 

  • PROPOSTAS DE TRABALLO INTERACTIVO: 

- LECTURA INTERACTIVA

https://view.genial.ly/600eeb69a6abe20d973a5f01/interactive-content-aprendemos-a-leer-con-micoledivertido

- BOMBA DAS PALABRAS

https://view.genial.ly/5e73a55c5ba06e125af13c2e/game-boom

- SUMA OU RESTA

https://view.genial.ly/5c7a24e408403f0261327be9/interactive-content-suma-o-resta

- MINIPROBLEMAS

https://view.genial.ly/5ea1ebfc6489ab0dc21f6acd/game-miniproblemas-1

 

Ademais, déixovos este vídeo de Clan sobre WANGARI MAATHAI, figura que vamos traballar agora que se achega o "Día escolar da paz e non violencia".

 

https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/wangari-maathai/5737329/

 

Apertas enormes!

 

Lucía Iglesias

 

ACTIVAMOS CORPO E MENTE

Este curso escolar comezou con algúns cambios metodolóxicos, entre eles propoñemos realizar algúns exercicios físicos diarios. A continuación deixamos uns exemplos:

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut