Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Xaviña

Escola de Xaviña

Benvidos/as á escola de Xaviña.

A nosa escoliña atópase localizada na parroquia coñecida como San Tomé de Xaviña, situada no norte do concello de Coristanco.

Como aprendemos na nosa escola? Preténdese que as aprendizaxes sexan activas e globalizadas, traballando as competencias que serán necesarias para o futuro do noso alumnado. Para iso aplicamos:

Traballo por proxectos e traballo por ambientes (recuncho da linguaxe, dos números, da natureza artístico e a biblioteca) que permiten que a aprendizaxe sexa cooperativa.

Diferentes materiais: tanto de elaboración propia como obtidos do entorno natural, seguindo as ideas de María Montessori ou o enfoque Reggio Emilia: mesas de transvase, de area, bandexas individuais…

Novas tecnoloxías: ordenadores, pizarra dixital, tableta, e pequenos robots que nos permiten traballar robótica, programación, realidade aumentada e competencias STEM.

 

Métodos eclécticos de loxicamatemática e lectoescritura, combinando ferramentas para atopar o método que mellor se adapte a cada alumno/a.  

 

OS ANIMAIS

Neste segundo trimestre disfrutamos moito aprendendo sobre os animais

FLIPBOOK DAS PLANTAS

Así expoñen os peque de Xaviña o aprendido sobre as plantas.

RESUMO PRIMEIRO TRIMESTRE

ASÍ DISFRUTAMOS E APRENDIMOS DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE NA ESCOLA DE XAVIÑA

SEMANA 7 - 11 FEBREIRO 2022

TELEDOCENCIA EN XAVIÑA

ALUMNADO EDUCACIÓN INFANTIL

RUTINAS DIARIAS:

- TRABALLO CO CALENDARIO: buscamos e marcamos que día é hoxe nun calendario que teñamos pola casa ou nun feito por nós, repasamos os días da semana cantando, reflexionamos sobre cal é a inicial do día da semana no que nos atopamos e facemos o seu son, repasamos os meses do ano, falamos sobre a estación na que estamos e as súas características e miramos pola fiestra para comprobar que tempo fai hoxe. Logo cubrimos cun gomet o REXISTRO METEOROLÓXICO (ver arquivo adxunto).

Cancións relacionadas co calendario:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

https://www.youtube.com/watch?v=sjpzn53yITc

- OUTRAS RUTINAS: repasamos o abecedario e as iniciais de tódolos nenos da aula, escribimos o noso nome e, por último, debuxamos o noso esquema corporal.

PROPOSTA DE ACTIVIDADE

https://www.youtube.com/watch?v=_w0PmIqet40 Falamos das características propias do inverno: roupa, tempo, animais...

TRABALLO INTERACTIVO: https://view.genial.ly/600eeb69a6abe20d973a5f01/interactive-contentapren... micoledivertido

MERENDA SAUDABLE

XOGO LIBRE

RELAXACIÓN: https://www.youtube.com/watch?v=DviI2zrdtJ0

LEMOS TODOS OS DÍAS 20 MINUTOS, nun lugar tranquilo.

AXUDAMOS NAS TAREFAS DA CASA

SEMANA 7 - 11 FEBREIRO 2022

TELEDOCENCIA EN XAVIÑA:

 

ALUMNADO DE PRIMARIA

O alumnado que ten na casa o material didáctico da escola, fará o que se encomendou. Tamén, pode facer as seguintes propostas:

- Escribir un diario de corentena (ver arquivo adxunto)

- Ler 20 minutos tódolos días nun lugar tranquilo.

 

Noelia Castedo

 

SEMANA 2-9 FEBREIRO

TELEDOCENCIA EN XAVIÑA RUTINAS DIARIAS:

- TRABALLO CO CALENDARIO: buscamos e marcamos que día é hoxe nun calendario que teñamos pola casa ou nun feito por nós, repasamos os días da semana cantando, reflexionamos sobre cal é a inicial do día da semana no que nos atopamos e facemos o seu son, repasamos os meses do ano, falamos sobre a estación na que estamos e as súas características e miramos pola fiestra para comprobar que tempo fai hoxe. Logo cubrimos cun gomet o REXISTRO METEOROLÓXICO (ver arquivo adxunto).

Cancións relacionadas co calendario:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

https://www.youtube.com/watch?v=sjpzn53yITc

- OUTRAS RUTINAS: repasamos o abecedario e as iniciais de tódolos nenos da aula, escribimos o noso nome e, por último, debuxamos o noso esquema corporal.

PROPOSTA DE ACTIVIDADE

https://www.youtube.com/watch?v=_w0PmIqet40 Falamos das características propias do inverno: roupa, tempo, animais...

TRABALLO INTERACTIVO: https://view.genial.ly/600eeb69a6abe20d973a5f01/interactive-contentapren... micoledivertido

MERENDA SAUDABLE

XOGO LIBRE

RELAXACIÓN: https://www.youtube.com/watch?v=DviI2zrdtJ0

LEMOS TODOS OS DÍAS 20 MINUTOS, nun lugar tranquilo.

AXUDAMOS NAS TAREFAS DA CASA

 

Un saúdo, a titora.

 

 

SEMANA 17-21 DE XANEIRO 2022

TELEDOCENCIA EN XAVIÑA:

- RUTINAS DIARIAS: - SAUDÁMONOS: canción de "Bos días".

- TRABALLO CO CALENDARIO: buscamos e marcamos que día é hoxe, repasamos os días da semana cantando, reflexionamos sobre cal é a inicial do día da semana no que nos atopamos e facemos o seu son, repasamos os meses do ano, falamos sobre a estación na que estamos e as súas características e miramos pola fiestra para comprobar que tempo fai hoxe. Logo cubrimos cun gomet o REXISTRO METEOROLÓXICO (ver arquivo adxunto).

- OUTRAS RUTINAS: repasamos o abecedario e as iniciais de tódolos nenos da aula, escribimos o noso nome (podemos facer un acróstico con el, escribir tamén os apelidos, escribir unha oración na que apareza o noso nome, reflexionar sobre cantas letras ten, cantas vogais, cantas conosonantes...) e, por último, debuxamos o noso esquema corporal.

 

TRABALLO ESPECÍFICO PARA INFANTIL:

PROPOSTAS DE TRABALLO INTERACTIVO:

https://view.genial.ly/5ffb3a903351a80d8b6a0530/game-que-sabes-do-inverno

Vídeo de Clan sobre WANGARI MAATHAI, figura que vamos traballar agora que se achega o "Día escolar da paz e non violencia". https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/wangari-maathai/5737329/

LECTURA DE CONTOS

 

TRABALLO ESPECÍFICO DE PRIMARIA:

- ESCRIBIMOS UN DIARIO DE CORENTENA (ver arquivo adxunto)

- LEMOS TÓDOLOS DÍAS 20 minutos. É importante, preferiblemente, que o alumno/a lea en alto intentando perder o silabeo e facendo unha pausa nos puntos e nas comas. Debemos escoller un lugar tranquilo para ler e elixir sempre o mesmo horario para crear un hábito no neno/a. É preferible que sexan os cativos os que elixan que queren ler.

• PROPOSTAS DE TRABALLO INTERACTIVO:

- LECTURA INTERACTIVA https://view.genial.ly/600eeb69a6abe20d973a5f01/interactive-content-apre...

- BOMBA DAS PALABRAS https://view.genial.ly/5e73a55c5ba06e125af13c2e/game-boom

- SUMA OU RESTA https://view.genial.ly/5c7a24e408403f0261327be9/interactive-content-suma...

- MINIPROBLEMAS https://view.genial.ly/5ea1ebfc6489ab0dc21f6acd/game-miniproblemas-1

 

Ademais, déixovos este vídeo de Clan sobre WANGARI MAATHAI, figura que vamos traballar agora que se achega o "Día escolar da paz e non violencia". https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/wangari-maathai/5737329/

Un saúdo

Noelia Castedo

15 de maio: Día Internacional da familia

Distribuir contido


by Dr. Radut