Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

biblioteca

RATIFANTE LEVA O NADAL ÁS ESCOLAS

Hoxe, día 1 de decembro, Ratifante chegou ás escolas do CRA A Tarandeira para quedarse. Despois de moitos meses viaxando polo mundo, está de volta para ensinarnos todo o que descubriu na súa viaxe. Hoxe o atopamos na escola con esta carta:

 Carta de Ratifante

E trouxo tamén unha morea de retos para facer nos días de decembro e así poder prepararnos para vivir a época máis luminosa e máxica do ano, O NADAL!

Ratifante nas escolas

Tamén pasou pola biblioteca do centro para deixar unha selección de contos de Nadal:

Conto de Nadal

25N - CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E A IGUALDADE

O vindeiro 25 de novembro adícase ao 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Por este motivo, estes días a nosa biblioteCRA tinguiuse de morado, a cor da igualdade, para incidir en valores tan importantes como a igualdade de xénero e o rexeitamento á violencia de xénero.

Aquí vos deixamos algúns dos contos seleccionados para traballar esta temática:

 

CONTOS POLA IGUALDADE

RECOMENDACIÓNS DE CONTOS DE SAMAIN

Estas últimas semanas de outubro temos preparadas unhas lecturas monstrosas, cheas de humor e algo de medo, seleccionadas dende a biblioteCRA para celebrar o Samaín.

Aquí vos deixamos a nosa selección de contos:

contos de Samaín

contos de Samain

A TARANDEIRA POLO MUNDO

Imos ir de viaxe polo mundo da man de Ratifante!

Ao longo do curso seguro que nos decatamos que polo mundo enteiro existen culturas, comidas, tradicións ben diferentes ás nosas. Animádesvos a vir de viaxe con nós?

Arrincamos con moito ritmo!!!!

Recomendacións da BiblioteCRA para o Nadal.

Estas son algunhas recomendacións de libros de lectura da BiblioteCRA, entre outros moitos posibles, para este Nadal. Lembrade que un libro é sempre un excelente agasallo. Preme na imaxe para acceder ao documento.

Distribuir contido


by Dr. Radut