Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Orientación

Día do Pixama 2023

 

O "Día do Pixama", é unha actividade solidaria, lúdica e educativa, na que os protagonistas son os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia".

Realízase cada ano o día 20 de novembro, coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena, co obxectivo de dar visibilidade e sensibilizar sobre o dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes. Actualmente, en España hai case 17.000 nenos e nenas que crecen en centros residenciais, moitos deles esperan unha familia que os acolla no seu fogar.

Este ano, o acto principal nos colexios, institutos e escolas infantís celebrarase o luns 201e novembro, coincidindo coa xornada lectiva. Para iso, o alumnado de Educación Infantil e Primaria acudirá este día  ao centro educativo en pixama, unha prenda que pretende simbolizar o tempo en familia e a importancia do mesmo para asentar os alicerces dunha infancia feliz. Ademais, durante esa xornada, nos diferentes niveis educativos desenvolveranse actividades relacionadas coa importancia da familia, dando a coñecer o acollemento familiar como recurso que ofrece aos menores separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de medrar con outra familia que os acolle, acompaña e quere, durante o tempo que sexa necesario.

CARACTERÍSTICAS TITOR/A PROACTIVO

INFOGRAFÍA TITOR/A PROACTIVO

2 Abril DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación que padece esta afección.

Programa de Estimulación da Linguaxe co pan como eixe principal.

 

 Boas a todos e todas!

Dende AL, este trimestre, na escola de Lañas, estivemos estimulando a linguaxe oral e escrita, empregando un elemento cultural e motivador como o pan. Tendo como eixo principal este aspecto, traballamos a conciencia léxica, silábica e fonémica. Ademais, achegamos vocabulario e sentamos as bases do proceso lectoescritor ao alumnado a través da tradición e a cultura.

Para iso, primeiro os nenos e nenas realizaron uns monstros, os cales cobraron vida. Eles forman parte da narración deste vídeo-resumo de todo o proceso.

Logo, coñecemos o proceso de fabricación do pan, dende os seus ingredientes ata a súa elaboración. Para rematar, convertémonos en cociñeiros, realizando unha torrada saudable.

Con isto, queremos amosar que se pode estimular a linguaxe dos pequenos e pequenas aprendendo múltiples aprendizaxes de forma transversal.

Esperamos que vos guste!

Con agarimo e apertas dende Audición e Linguaxe do CRA A Tarandeira.

Dende a gaiola

O departamento de orientación do CRA envíanos esta proposta para elaborar unha composición coas fotos que lle enviedes. Participade!

 

Xogamos cos sons

Preme na imaxe para accederes ao contido da proposta

 

Actividades expresión oral

A mestra de Audición e Linguaxe propón as seguintes actividades de expresión oral na casa

Proposta de estimulación da linguaxe oral

Desde o departamento de Orientación, especialidade de Audición e Linguaxe, enviamos unha proposta para estimulación da linguaxe oral. Ten dúas variantes, unha para Educación Infantil e outra para Educación Primaria.

Preme na imaxe para accederes ao contido da proposta de Educación Infantil

 

Preme nestoutra imaxe para accederes ao contido da proposta de Educación Primaria

Distribuir contido


by Dr. Radut