TELEDOCENCIA EN RABADEIRA:
Seguimos unhas rutinas diarias:
- Calendario: Sinalamos no calendario o día presente e escribimos o mesmo nunha pizarra ou papel. De seguido falamos da estación do ano na que nos atopamos e observamos pola ventá o tempo atmosférico. Podemos facer un rexistro metereolóxico. Logo escribimos o noso nome, contamos cantas letras ten, marcamos as sílabas con palmadas, contamos as vogais, as consoantes.
Escoitamos e cantamos "A canción as vogais" de Pablo Díaz:
https://www.youtube.com/watch?v=O7EWbIc4N3c
https://youtu.be/O7EWbIc4N3c
- Proposta de actividade (ver ficheiro).
- Merenda saudable.
- Xogo libre.
- Lemos todos os días 20 minutos. É importante, preferiblemente, que o alumno/a lea en alto intentando perder o silabeo e facendo unha pausa nos puntos e nas comas. Debemos escoller un lugar tranquilo para ler e elixir sempre o mesmo horario para crear un hábito no neno/a. É preferible que sexan os cativos os que elixan que queren ler.
- Axudamos nas tarefas da casa.