Skip to Content

FOTO DE FAMILIA GALICIENCIA

Aqui temos a foto de familia publicada polo diario LA OPINIÓN de A Coruña, o sábado 22 de Novembro, dando conta da experiencia vivida en Galiciencia por preto dun centenar de mozos e mozas, expoñendo os seus traballos de investigación.

 

 

OUTRO PREMIO MÁIS...

22/11/2014 23:27
Atlantic/Bermuda

A intensa labor didáctica que estamos a levar a cabo nestes últimos tempos parece que non para de recibir recompensas.

A última ven da man dos rapaces de secundaria que gañaron premio de robótica en IGACIENCIA, no certame celebrado en Lugo. Os nosos parabéns.

 

Concursos convocados polo EDLG

Xa tedes en marcha os concursos de relato curto sobre violencia de xénero e o de tarxetas de Nadal. Preme aquí para máis inormacion

Felicidades de novo CPI SAN SADURNIÑO

22/11/2014 16:21
Atlantic/Bermuda

Temos que congratularnos todos pola participación activa do centro en Galiciencia 2014. Os rapaces de primaria presentaron o xeito en que fixeron xabón o ano pasado a partir do aceite de cociña que reciclamos no centro, e os de secundaria fixérono tan ben que incluso foron merecedores para o xurado do 3º premio na súa categoría. Isto da novos pulos para seguir avanzando. Aquí tedes tres instantáneas do evento.

PREMIADOS EN GALICIENCIA 2014

Do 19 ao 21 de Novembro celebrouse en Tecnopole, un centro de investigación e desenvolvemento de San Cibrao das Viñas, en Ourense, a novena edición da GALICIENCIA, unha festa da ciencia en Galicia. Todo un luxo onde decenas de mozos e mozas de toda Galicia e parte de España, levan os seus proxectos de investigación científica, social ou humanística e os presentan perante centos de persoas que pasan pola carpa durante tres días. Nesta ocasión o CPI de San Sadurniño estivo representado dentro de concurso por un proxecto de secundaria (fabricación de Biodiesel) e fóra de concurso por outro de primaria (fabricación de xabón). E mira por onde...David Santos e Carlos Martínez (que representaban aos 12 alumnos e alumnos de 4º ESO que o curso pasado desenvolveron o proxecto en cuestión) levaron o 3º premio na categoría de 2º ciclo de ESO polo minucioso e complexo estudo das condicións de síntese de biodiesel a partir de aceite usado de cociña. 

Os nosos parabéns para todos eles: alumnos/as, profesores, dirección do centro e organismos colaboradores como o Concello, porque entre todos acadamos un éxito máis neste camiño que estamos a seguir por unha educación diferente e participativa. 

PREMIADOS EN GALICIENCIA 2014

O MAGOSTO

O pasado venres, alumnado e profesorado de Educación Infantil e Primaria celebramos o Magosto.

Podedes ver o que fixemos no seguinte vídeo (facede clic na imaxe).

CHEGOU O OUTONO AO C.P.I. SAN SADURNIÑO

Aquí tedes un resumo das actividades que se fixeron este outono polos alumnos de infantil e primaria.

3º PREMIO PROGRAMA SUSTENTABILIDADE E PAISAXE 2013-2014

Os nosos parabéns para toda a comunidade educativa do CPI San Sadurniño. Entre todos conseguimos que o curso pasado comezase unha viaxe polo mundo da reciclaxe. Unha viaxe que foi dura de poñer en marcha pero que ao final resultou ser moi gratificante. Este ano continuamos a labor...

Pois ben, todo ese esforzo acaba de ter unha recompensa por parte da administración: fomos agraciados co 3º premio da campaña na que estabamos incluidos. Tomémolo como un incentivo para seguir nesta liña de coidado do medio ambiente.

Se queredes ver que é o que se premiou...botádelle unha ollada ao noso blog 

http://etisustentas.blogspot.com.es/

 

 

3º PREMIO PROGRAMA SUSTENTABILIDADE E PAISAXE 2013-2014

Vídeo do Día do Peón

O pasado martes celebramos o Día do Peón co alumnado, profesorado e familias de Educación Infantil e Primaria.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras, no caso dun vídeo que dicir!

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao vídeo.

 

MAGOSTO

14/11/2014 11:30
Atlantic/Bermuda

O vindeiro venres 14, a partires das 11:30, celebraremos o magosto no colexio. Castañas asadas para quentar o corpo nestes primeiros días de frio outonal. 

Agradecementos á AMPA polo suministro das castañas. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut