Skip to Content

UNHA ÓPERA NA ESCOLA

    Os alumnos de 5º de primaria formaron unha Compañía teatral chamada Pegadas Musicais. A Compañía produce e representará unha Ópera orixinal chamada “Segredo no Faro”. É unha Ópera/Musical de trinta minutos, que se representará os días 6 e 7 de xuño na Casa da Cultura de San Sadurniño e o día 11 de xuño no teatro Jofre de Ferrol.  A entrada será de balde.
    A Compañía formouse facendo audicións para varios traballos necesarios para unha montaxe dunha Ópera/Musical. Estes traballos son: Relacións Públicas, Vestiario e Caracterización, Iluminadores, Escenógrafos, Escritores, Compositores, Intérpretes, Documentalistas, Directora de escena e Director de produción. O noso colexio forma parte do proxecto “Lova la Ópera, un vehículo de aprendizaje” apoiado pola fundación SaludArte e o Teatro Real de Madrid. Énchenos de orgullo formar parte deste proxecto, e sentimos que esta tarefa proporciónanos habilidades esenciais para o noso futuro.
    O proxecto foi posible grazas á colaboración da Consellería de Educación, cunha subvención dentro dos Contrato-Programa; ao Concello de San Sadurniño, que nos cede o uso da Casa da Cultura; ao Concello de Ferrol, que nos concedeu a utilización do Teatro Jofre; a diversos comercios e empresas do noso Concello e a moitos colaboradores que nos ensinaron aspectos relacionados coas profesións que desempeñamos dentro da compañía.

     Para saber máis novas deste proxecto podedes visitar o blog de Pegadas Musicais, premendo na seguinte imaxe:

 

      Premendo nos seguintes enlaces teredes acceso ás páxinas dos xornais onde aparecen novas sobre o noso proxecto:

DIARIO DE FERROL : O CPI da localidade converte as súas aulas en bastidores dunha ópera

http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/san-sadurnino-cpi-da-localidade-converte-suas-aulas-bastidores-dunha-opera/20140518022115086198.html

FERROL360: El lado musical del CPI San Sadurniño: los alumnos elaboran una ópera desde cero

http://www.ferrol360.es/el-lado-musical-del-cpi-san-sadurnino-los-alumnos-elaboran-una-opera-desde-cero/

EL PAÍS-GALICIA: Clases de ópera para la vida

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/26/galicia/1401124797_643852.html

 

Folliña literaria do Día das Letras Galegas

Neste enlace pódese descargar a nosa folliña literaria do Día das Letras Galegas que este ano está dedicado a Xosé María Díaz Castro.

 

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS-2ª QUENDA

Estamos a celebrar no colexio hoxe luns 5 e mañá martes 6 a segunda quenda do curso de primeiros auxilios que xa tivera a súa primeira quenda de participantes o mes pasado.

Trátase dun curso impartido por Michel Villar e Eduardo Lourido, bombeiros do parque de Betanzos, e organizado por Luis Gamundi, xefe do Departamento de Educación Física, a raíz do interese suscitado desde sempre entre o persoal docente e non docente do centro por este tipo de temas; está encamiñado a aprender como facer fronte a ese tipo de eventualidades en forma de accidentes que se nos poden presentar no eido profesional ou persoal, formación que a administración educativa ten absolutamente descoidada.

Os nosos parabéns aos organizadores e aos ponentes porque explicar dun xeito tan ameno e sinxelo algo que é de todo menos sinxelo. Algo que non nos sorprende porque xa os coñeciamos bastante ben porque levan xa uns cantos anos impartindo esta actividade aos rapaces de 4º ESO, sempre cunha magnífica acollida.

Aquí vos deixamos algún momento da sesión de hoxe á que asistiron bastantes profesores e nais colaboradoras de comedor.

menú maio

menú maio

O COLEXIO NA PRENSA: DÍA DA CIENCIA

Aquí tedes a nova que aparecía o pasado día 25 na Voz de Galicia (edición Ferrol) sobre a Feira da Plantación na que se facía eco do día da ciencia que vivimos o xoves no colexio. Na foto temos a dúas alumnas de 2ºESO explicando a pila de limóns.

O COLEXIO NA PRENSA: DÍA DA CIENCIA

Semana da froita do plan FOGGA

05/05/2014 09:08
Atlantic/Bermuda

Toda a semana reparto gratuíto de froita nos recreos.

Luns.- Laranxa

Martes.- Fresa

Mércores.- Nectarina

Xoves.- Albaricoque

Venres.- Plátano

DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO-2ª EDICIÓN

Onte día 24 de Abril celebramos no colexio a 2ª edición do día da ciencia. Os nosos parabéns a todos os que o fixeron posible: aos profesores responsables dos distintos talleres polas horas extras de dedicación desinteresada; aos verdadeiros protagonistas: os alumnos encargados de explicar aos seus compañeiros as experiencias científicas, polas ganas e entusiasmo que lle botaron; ao equipo directivo pola magnífica organización do evento e por crer neste tipo de actividades; ao Concello de San Sadurniño polo continua colaboración co colexio que neste caso se plasmou na cesión dun vehículo para probar o biodiesel sintetizado no colexio a partir de aceite usado de cociña; e ao resto da comunidade educativa que participou no evento por avanzar todos nunha mesma liña, unha liña que trate de converter o colexio de San Sadurniño nun sitio onde un estea a gusto participando nese proceso tan complicado pero á vez tan bonito que é educar.

Desta volta tamén queremos agradecer a Manolo Dopico, un auténtico especialista na síntese de biodiesel caseiro, a súa presenza durante boa parte da xornada. Nun dos adxuntos o podedes ver con Lois, o Director. Gustoulle moito ver como isto do biodiesel que el empezou hai xa uns cantos anos, agora o levaron a cabo un grupo de rapaces e rapazas do colexio.

Mención especial merece tamén o noso compañeiro de Educación plástica Manolo Rey, que nos deseñou uns carteis informativos dignos da mellor exposición profesional (quen quere a Mariscal tendo a Manolo...). Comprobádeo vos mesmos na foto que introduce esta noticia.

Tamén podedes abrir os arquivos que se xuntan e teredes un resumo dalgúns momentos dunha xornada intensa pero frutífera, na que, entre outras experiencias, os de infantil nos ensinaron o máxico mundo das cores, os de primaria fixeron curiosos e espectaculares experimentos baseadas na tensión superficial da auga e os de secundaria, tan pronto nos construíron un robot como nos fabricaron biodiesel ou xabón a partir de aceite usado de cociña.

Tampouco faltou a prensa para facerse eco do evento. Aparecen reseñas na Voz de Galicia e no Diario de Ferrol. Aquí tedes un avance:

http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/san-sadurnino-los-variados-talleres-cientificos-acaparan-protagonismo-colegio-publico/20140425000019083282.html

DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO-2ª EDICIÓN

CARREIRA POPULAR: MÓVETE SANSA, CORRE E CAMIÑA

trazado carreiraCARREIRA POPULAR

O domingo 8 de xuño contamos con todos vós na I Carreira Popular do concello de San Sadurniño, organizada polo noso centro en colaboración co concello. 

REGLAMENTO en arquivo adxunto. 

Para inscribirse ir ó seguinte ENLACE . 

Animádevos a participar como EQUIPO ¡¡ Tedes a ficha para participar como equipo no arquivo adxunto

A entrenar ¡¡¡ 

3 ALUMNAS DO CPI DE SAN SADURNIÑO GAÑAN O PREMIO EMPRENDEDOR XOVEN CONVOCADO POR AJE

Noraboa polo traballo realizado e polo premio. 

Podedes ver as novas de xornal nos seguintes enlaces:

LA VOZ DE GALICIA

DIARIO DE FERROL

FACEBOOK

 

 

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 14-15

Coa apertura de unha liña nova en infantil de 3 anos e outra en 1º de primaria, todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso está admitido.

No arquivo adxunto pódese ver a listaxe de admitidos en formato pdf.

Distribuir contido


by Dr. Radut