Skip to Content

SUSTO NA COCIÑA DO COLEXIO

Menudo susto nos levamos onte no colexio. Prendeu lume nunha pota con aceite na cociña do colexio e tivemos que activar o protocolo contraincendios. Parece que o simulacro que fixemos hai uns meses serviu de algo porque en 3 minutos estaba o colexio desaloxado e todos esperando na explanada exterior. En 22 minutos os bombeiros  estaban xa mans á obra intentando sofocar o foco do incendio. Foi algo dificil pero ao final todo saiu ben e non houbo que lamentar nin un só ferido.

Así o resumía hoxe unha reportaxe da televisión de Galicia no seu programa "Noticias Galicia Mediodia"

MODIFICACIÓN INSTRUCCIÓNS COMEDOR ESCOLAR

O venres 13 de xuño enviámos por os seus fillos o modelo Anexo II de autodeclaración do comedor escolar e a instrución 1/2014 remitida pola Secretaría Xeral Técnica da Xunta. A última hora recibimos un correo de modificación da dita instrucción por parte da consellería de educación.

 

 

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O DOCUMENTO DE AUTODECLARACIÓN

SEGUNDO A MODIFICACIÓN

 

A INSTRUCCIÓN E A MESMA SÓ SE MODIFICAN AS CASIÑAS DA RENDA POLO QUE REMITIMOS MODELOS DE AUTODECLARACIÓN NOVOS O LUNS

 

As novas casiñas son as seguintes:

 

Casiña 361 + casiña 363 – casiña 365 + casiña 368 + casiña 371 – casiña 511 = X

Imaxes da I Carreira Popular de San Sadurniño

INCENDIO NA COCIÑA DO CPI DE SAN SADURNIÑO

NOVA NA TVG

No día de hoxe, arredor das 12:35 horas, declarouse un incendio na cociña do CPI de San Sadurniño. Tras intentar sofocalo con medios propios, é ó non ser esto posible, chamouse ó 112 e procedeuse á evacuación do centro. A evacuación realizouse con rapidez e sen incidencias, gracias á boa labor do equipo directivo, profesorado, persoal non docente e alumnado do centro. 

 

Unha vez realizada a evacuación, e debido ó calor reinante no día de hoxe, decideuse o traslado do alumnado á zoa do rio, onde se improvisou un xantar campestre a base de bocadillos, auga e postre. 

Cabe destacar que os poucos minutos de realizar a chamada ó 112, os servicios de emerxencias, bombeiros e garda civil, se persoaron no centro. Os bombeiros actuaron con rapidez e eficacia para sofocar o incendio no que non houbo danos persoais e os danos materiais están pendentes de valorar. 

 

Apenas unha hora despois de declarado o incendio, persoouse no centro o xefe territorial de educación, Indalecio Cabana, acompañado do equipo técnico da xefatura territorial de educación, para realizar a valoración de danos "in situ" e proceder a tomar as medidas oportunas para reestablecer o servicio o antes posible, polo que lles estamos moi agradecidos. 

Agradecer tamén a excelente labor realizada polo equipo directivo, profesorado, persoal non docente, nais colaboradoras, persoal de limpeza, veciños, familias, alcalde e concelleiras de San Sadurniño. 

Temos que destacar tamén que no día de mañá, tanto as clases como o servicio de comedor, discurrirán con normalidade. De cara á vindeira semana, a actividade lectiva será tamén normal e o servicio de comedor tamén se prestará. Na tarde de hoxe, reunidos a dirección e a encargada de comedor, deseñaron un menú semanal que se poida elaborar utilizando a parte da cociña que está operativa.

 

 

 

Resultados I carreira popular de San Sadurniño

 

CLASIFICACIÓN EQUIPOS

 

 

 

Equipo

Puntúan

Puntos

Los Titos (4ºESO)

Gabriel 31, Sergio 38,Oscar 98,Verónica 174, Bea 227

Brais 100, Juan 146, Estel 259,

568

Ejercito Rojo (4º ESO)

Frank 30, Arturo 44, Carlos 88, Carla 273,Alba 280

Bieito 144,Iván 158, D. Andrés 176,Santos 232,Carlos???

715

Pitufos (2º ESO)

Juan 26, Santi 82,Oscar 130,Diana 239,Elena 255

Hadrián 186, Sergio 204, Ana 283, Vanessa 288, Belén 297, María 298, Irene 299,

732

Gimnasio de San Sadurniño

“los SanSones”

Roberto 85, J. Luis 109,, Begoña182,Mª Luisa184,

Pilar 187 Martín 193, Tirso 206, Luis 207, Haydee 248

Rafael 279, Alicia 281, Sabela 292,

747

Velocilaustrum (profesores)

Luis 49, Marcos 67,Leonardo 104, Pilar 245, Julia 308

Juanjo 108,Lois 202, Guillín 219,

750

C.A. Narahio

Santiago 112, Francisco 113,Jacobo 126 , Eva196

Amparo 304,Carlos 179,Jesús 180,

851

Correcaminos (Nais e Pais)

Daniel 150, Cristina 155, Eduardo 157,Paula 192,

Elvira 258 Hilario 262

912

Lóstregos (3º ESO)

Marcos 86,Alberto 166, Borja 169,Tanía 278, Carla 282

Rubén 171, Alexis 191,Paula Naveira 285 ,

Paula Fraga 286

981

Las Fieras de Leonardo (1º)

Iria 147, Frank 165,Daniel 190, Alejandra 229,

Carmen 275,Martín 269, Samaín 270, Cristina 276, Aldara 277, Laura 295, Sergio 318, Elisabeth319, Angela 320

1006

Los Marines de Mar (1º ESO)

Cesar 125,Yaiza 197, Gabriel 198, Francisco 199,

Nadia 294, Jorge 228, 249 Xavier, Antón 271, Yaré 293,

Nerea 296, Cristina 311, Laura 312, Emma 321

1013

Paseniño

Crisanto 250, Pantín 266, Mar somoza 306, Ana Vilela 313, Mar Gutierrez 314,Ana Brea 315, Bea 316 , Lola 317

1449

 

 

 

 

Resultados de carreirasgalegas

 

 Tamén están os resultados das categorías menores no documento adxunto.

 

Proxecto LOVA na prensa

Os alumnos de secundaria xa fixeron a representación do seu musical, produto do traballo de todo o ano dentro do proxecto LOVA, que a través da ópera como vehículo de aprendizaxe intenta fomentar o traballo en equipo e a cooperación entre os alumnos para facer unha representación musical arredor dunha historia creada por eles mesmos.

El correo gallego facíase eco do evento o pasado venres 30 de maio. Parabéns a todos os que colaboraron, dun ou doutro xeito, a que isto chegase a bo porto.

Proxecto LOVA na prensa

Premios Letras Galegas 2014

Como cada ano tivemos no colexio concurso de debuxos e contos e poemas, co gallo das Letras Galegas. No documento que se xunta podedes ver os premiados.

Parabéns a todos

 

MENÚ XUÑO

MENÚ XUÑO

SAÍMOS OUTRA VEZ NA PRENSA

Como sigamos así ímonos acostumar a isto de saír na prensa. Polo menos é por razóns positivas. Desta volta é o proxecto LOVA que están levando a cabo os rapaces de 5º PRIMARIA e de 4ºESO. Nel trátase de utilizar a ópera como vehículo de aprendizaxe e abofé que o están a facer. Estes días temos as representacións diante da comunidade educativa. Ánimo e felicidades a todos, sobre todo aos profesores responsables do proxecto por este ano de dedicación e esforzo, e por crer nun camiño distinto, pero igualmente válido, para educar.

Aquí tedes o enlace ao País Dixital:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/26/galicia/1401124797_643852.html

PREMIO PARA O CENTRO EDUCATIVO

Recibimos un premio de ANPA Picapeixe de Cedeira polos proxectos socioeducativos desenvolvidos este ano no colexio,  e que tantos éxitos están colleitando. Parabéns para todos. Aquí tedes o enlace da boa nova

http://www.diariodeferrol.com/content/print/anpa-picapeixe-colegio-nicol...

Distribuir contido


by Dr. Radut