Skip to Content

Agregador de novas

Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED002B)

Novas eduxunta - Ven, 2024-07-26 23:29
Idioma Gallego

De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 11 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2024/25.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 29 de xullo ata o 30 de xullo de 2024, ambos incluídos.

  • Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria

As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED002B) e deberá proceder do seguinte xeito:

1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.

2º Localice o ÚLTIMO EXPEDIENTE correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais (ED002B) e prema no botón Acción: Alegacións.

AVISO: no caso de que se lle recuperara a súa solicitude de convocatorias anteriores ou non finalizase correctamente a presentación en sede e non poida realizar accións sobre o expediente deberá empregar a solicitude xenérica PR004A dispoñible na sede para formular as alegacións. Neste caso no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RECLAMACIÓN CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

3º Cubra o formulario, asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.

4º Descargue o recibo electrónico de presentación da súa reclamación.

AVISO: o trámite activarase o luns día 29 de xullo de 2024.

 

  • Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria

    A) Persoal interino e substituto

    As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse unicamente a través da aplicación web http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. Só poderá empregar esta opción o persoal funcionario interino.

    Para renunciar deberá proceder do seguinte xeito:

    1º Acceda á aplicación web https://www.edu.xunta.gal/cadp e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital segundo corresponda.

2º Ir ao menú Instancias e indicar as instancias ás que se renuncia (Columna accións)

3º Descargue o comprobante da renuncia ou renuncias que presentou, este comprobante non é necesario que o presente.

Se renuncia a todas as especialidades, a aplicación solicitaralle na última especialidade a que renuncie que indique a causa e achegue a documentación xustificativa. Só se permite engadir un arquivo de modo que no caso de que necesite achegar máis dun deberá xuntar todos os arquivos nun arquivo comprimido e engadir éste na aplicación informática.

Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico.

Correos electrónicos:

persoal.primaria@edu.xunta.gal: para corpos de mestres

persoal.secundaria@edu.xunta.gal: para corpos de secundaria e outros

  • B) Outros colectivos

    Deberá empregar o formulario de solicitude xenérica PR004 para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos ou a unha solicitude formulada pola modalidade ordinaria só para aqueles colectivos con destino definitivo (persoal docente de Conservatorio, de EOI ou de Agraria) e proceder do seguinte xeito:

    1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.

    2º Cubra o formulario de solicitude xenérica PR004, no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RENUNCIA CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

    3º Asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.

    4º Descargue o recibo electrónico de presentación.

    No caso de participar por máis dunha modalidade (ordinaria máis comisión por saúde ou conciliación), e querer renunciar a ambas, deberá presentar unha renuncia para cada unha delas. De renunciar só a unha delas, esta non poderá ser a solicitude formulada pola modalidade ordinaria no caso de persoal funcionario de carreira ou en prácticas que non teñan destino definitivo.

    AVISO: o trámite activarase o luns día 29 de xullo de 2024

Anuncio principal: 

Convocado o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2024/25

Servizo relacionado: 

CADP

Tema: 

Programas e plans Destinos provisionais e outros concursos Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Rueda avanza que a Xunta destinará ao Campus Industrial de Ferrol 6,6 M€ ata 2028, case o dobre que no período anterior

Novas eduxunta - Ven, 2024-07-26 14:22

Summary: 

Salienta que o obxectivo é que a universidade teña “a capacidade e tranquilidade” de poder planificar o traballo nos vindeiros anos cun “orzamento fixo”

Ferrol foi o primeiro campus de España en conseguir o recoñecemento da súa especialización, e agora é o primeiro tamén en renovalo

Destaca a importancia de formar en Galicia a profesionais especializados en sectores con futuro coma as novas industrias ou as enerxías renovables

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe que o Goberno galego destinará un total de 6,6 millóns de euros ata o 2028 ao Campus Industrial de Ferrol, case o dobre do consignado para o período anterior 2021-2024. Así o adiantou hoxe durante o acto no que o campus recibiu de novo a acreditación como campus especializado. 

Rueda salientou que, con este apoio, o campus contará “cun orzamento fixo” que lle permite a Universidade da Coruña planificar e “ter capacidade e tranquilidade” para traballar na posta en marcha de novos proxectos. 

Nesta liña, fixo fincapé nas oportunidades que supoñen as novas enerxías ou as novas industrias para a comarca de Ferrolterra e para este campus. “A especialización técnica en eidos con moito futuro é o camiño a seguir”, sinalou Rueda, quen resaltou a importancia de formar “profesionais” en Galicia para “xerar máis riqueza, máis emprego e máis innovación” na comunidade. 

O de Ferrol convértese así no primeiro campus universitario que renova este distintivo, logo de ter sido o primeiro tamén en conseguilo, en 2021. Este recoñecemento inscríbese no programa de especialización das universidades galegas que impulsou a Xunta, e que contribuíu a conseguir a acreditación deste campus, xunto co de Lugo (Campus Terra) e de Ourense (Campus Auga).

Grazas a todo este proceso, o campus ferrolá avanzou en estruturas de investigación, acadou mellores relacións coas empresas da contorna, e renovou a oferta académica. Todo iso permitiu que se consolidase como un motor económico e de dinamización nunha comarca que está inmersa nunha gran transformación produtiva.

Neste sentido, son moitas as iniciativas estratéxicas que se se están impulsando na contorna, como as plantas de hidróxeno renovable (H2Pole), de fabricación de pneumáticos (Sentury Tire) e de fibra (Ence) nas Pontes; a de metanol (Forestal del Atlántico) en Mugardos; ou outras iniciativas prioritarias, como a planta das Somozas de valorización de materiais (Valorgreen Recinor) ou o centro verde de hidróxeno e amoníaco das Pontes (Universal H2).

Cómpre destacar tamén a relevante industria naval de Ferrol, que se está reconvertendo con éxito nun auténtico polo industrial e de innovación en enerxías mariñas, como demostra o pulo de empresas como Navantia-Windar ou Nervión.

Matrícula gratuíta

A Xunta aposta desde hai anos por potenciar o sistema universitario galego e garantir a igualdade de oportunidades entre o alumnado. Nesta liña, a partir do vindeiro mes de setembro, Galicia implantará a primeira matrícula gratuíta para todos os universitarios que aproben. Deste xeito, un galego poderá estudar de balde desde a escola infantil ata que remate a carreira.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas

Publicación da Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos de persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas desta consellería

Novas eduxunta - Ven, 2024-07-26 14:14
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 26 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban e se fan públicas as relacións de persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas desta consellería de conformidade co establecido no punto décimo terceiro, apartado primeiro e segundo, da Resolución do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias (DOG nº89, do 10 de maio).

Prazo de recurso

O prazo para formular recurso é dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 27 de xullo ao 26 de agosto de 2024, ambos incluídos).

O recurso interporase por medios electrónicos a través do procedemento PR004A (solicitude xenérica) do seguinte xeito:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 26 DE XULLO DE 2022 PERSOAS EXCLUÍDAS DE LISTAS PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda).

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

File: 

Resolución do 26 de xullo de 2024 (resolución de exclusión de listas) Anexo I Listaxe de persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas desta consellería (Primaria) Anexo II Listaxe de persoal docente interino e substituto excluído definitivamente das listas desta consellería (Secundaria e ou

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Publicación das relacións definitivas de persoal docente obrigado a participar curso 2024/25

Novas eduxunta - Ven, 2024-07-26 11:37
Idioma Gallego

Xúntase Resolución do 26 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións definitivas de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024/2025.

Prazo de recurso

O prazo para formular recurso é dun (1) mes contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 27 de xullo ao 26 de agosto de 2024, ambos incluídos).

Para aquelas persoas que presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder ao dito procedemento e seleccionar o trámite "recurso de reposición" e en asunto sinalar Resolución definitiva do 26 de xullo de 2024 de persoal obrigado a participar.

Para aquelas persoas que nunca presentaron na sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude no procedemento ED002B, para formular o recurso de reposición deberán acceder a dita sede electrónica (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A e no dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN definitiva do 26 de xullo de 2024 de persoal obrigado a participar PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda)

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Anuncio principal: 

Convocado o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2024/25

Tema: 

Programas e plans Destinos provisionais e outros concursos Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Anuncio da data de publicación da resolución provisional de CADP (ED002B)

Novas eduxunta - Ven, 2024-07-26 11:29
Idioma Gallego

Infórmase que a resolución provisional do concurso de adxudicación de destinos provisionais e a súa publicación no portal de internet desta consellería, https://www.edu.xunta.gal/, para todos os corpos, é hoxe día 26 de xullo de 2024 a partir das 15:00h.

 

Tema: 

Destinos provisionais e outros concursos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Presentación de documentación base 19.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)

Novas eduxunta - Ven, 2024-07-26 11:12
Idioma Gallego

A publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de persoal aprobado será o día 23 de agosto de 2024 de xeito que o prazo para a presentación de documentación comezará o día 24 de agosto de 2024 e finalizará o día 20 de setembro de 2024.

 

Anuncio principal: 

Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas

Resolución do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes non universitarios para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería

Novas eduxunta - Ven, 2024-07-26 11:02
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 17 de xullo de 2024 pola que se resolve o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 21 de maio de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 106, de 3 de xuño).

 

Anuncio principal: 

Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes non universitarios para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (ED013C)

Tema: 

Comisións de servizo

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas
Distribuir contido


by Dr. Radut