Acto de dó

Este martes 7 de febreiro reunímonos nun acto de dó pola perda de Beatriz Lijó, vítima de violencia de xénero e que deixa a dous alumnos sen nai. Xuntos, todas e todos xuntos, debemos ofrecer todo o noso máximo apoio a estes nenos.

Neste centro son moitos os días en que nos xuntamos, mais hoxe gustaríanos non estar así de xuntos. Hai uns días celebrabamos o día da Paz con poesía e música, mais hoxe apenas podemos celebrar nada. E é que hoxe, todas e todos xuntos, temos que dirixir unha clara e rotunda mensaxe de condena a todos aqueles que nos rouban, que nos maltratan e que nos asasinan as nais, irmás, fillas e netas. E é que hoxe, todas e todos xuntos, temos que pensar que nos está a pasar como sociedade. A morte dunha muller, a morte de Beatriz aquí en Baiona, é unha bomba atómica que esnaquiza todo o que atopa ao seu paso:

Mutila a familia. Rompe a nosa convivencia. Secuestra a liberdade. Atormenta os corazóns. Liquida o noso futuro. 

A comunidade educativa estivo arroupada polo xefe territorial D. César A. Pérez Ares, o inspector D.Miguel Hernández Montes, o Concelleiro de Educación D. Óscar Carreño, a Concelleira de Igualdade Dona Yasmina Moreira, a directora do Centro de Información á Muller Dona Elena Otero, as directoras dos centros educativos, os representantes do Consello Escolar, os membros da ANPA, profesorado, persoal non docente, alumnado,... mesmo os centros educativos do concello secundaron o minuto de silencio dende  as súas respectivas sedes.

“Eu non quero arredar as miñas verbas de todos os que sofren neste mundo. E ti, vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Beatriz, doce mágoa, deitada rente ao mar.”

AdxuntoTamaño
crespon.jpg9.23 KB
ActoDo_Montaxe.jpeg316.92 KB
MinutoSilencio.mp46.41 MB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer