Cova queda na casa, Especial Día do Libro

COVA QUEDA NA CASA: ESPECIAL DÍA DO LIBRO

Estimados membros da Nosa comunidade educativa,

Xa de volta de esta Semana Santa "atípica", atopámonos cun 3º trimestre do curso, no que seguimos tendo esta situación estraña. Temos por diante algunhas celebracións que habitualmente faciamos no centro, e que esta vez van a ser un pouco diferentes.

Esta vez, o equipo de Biblioteca quere sumarse a esta proposta de Covaquedanacasa e proponnos unha actividade para a conmemoración do Dia do Libro, que se celebrará o vindeiro 23 de abril.

Así que o reto desta semana será o seguinte:

* Podedes facer unha foto co voso libro ou libros favoritos.

* Tamén podedes disfrazarvos do persoaxe do voso libro favorito con todo aquelo que teñades pola casa.

* Podedes enviar as vosas fotos entre hoxe e o vindeiro 22 de abril.

Esperamos as vosas achegas, e xa sabedes, estamos con vos "Preto na distancia"!

Instrucións: 

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • O 23 de abril publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas entre o día 16 e o 22 de abril a disposición de toda a comunidade.

Esta é unha actividade proposta polo equipo de Biblioteca que tamén quere manterse "Preto na distancia".

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer