Cova queda na casa, mándanos as túas fotos!!!

Estimados membros da Nosa comunidade educativa,

Resultaronnos moi divertidas e agarimosas as vosas fotografías da pasada semana.

Esta vez, e como xa se aproximan as vacacións de Semana Santa, queremos propoñervos un novo reto, enviarnos unha foto de como pasades o tempo libre, xa que non todo vai ser traballar...

Esperamos as vosas achegas, e xa sabedes, estamos con vos "Preto na distancia"!!!

 

Instrucións: 

  • As fotografías remitiranse por correo electrónico a covaquedanacasa@gmail.com ou por WhatsApp ao teléfono móbil do centro 604070366.
  • As persoas que remitan e aparezan nas fotografías aceptan co seu envío que as mesmas sexan publicadas na páxina web do centro e nun mural que estará situado no centro e que todos poderemos ver á volta da normalidade.
  • O venres publicarase na web unha montaxe coas imaxes recibidas a disposición de toda a comunidade.
  • Esta actividade parte dunha idea do equipo de Convivencia para manternos "Preto na distancia".

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer