Contido popular
Título | Resumo | |||
---|---|---|---|---|
Descrición de Kandinsky. |
Ao longo desta semana @s alumn@s de 3ºA tocounos describir a Kandinsky. Agora que sabemos un montón de cousas sobre a súa vida, a nosa profe deunos unha foto e tivemos que falar de como era este pintor, tanto físicamente como a nivel de carácter. A foto axudounos moito co aspecto físico pero para describir a súa forma de ser tivemos que pensar no que leramos sobre él. |
|||
Maquetas de células | ||||
Números positivos e negativos |
Usamos os espazos do centro para traballar as matemáticas. Nesta ocasión usamos a escaleiras do centro para traballar os números positivos e negativos. Tiñamos tres montóns de cartas no descanso das escaleiras e debíamos escoller unha de cada montón, despois debíamos resolver a operación e ir ao chanzo que se correspondese co resultado da operación. |
|||
ESCRITURA CREATIVA + CIENCIA |
Para comprender mellor o proceso de polinización das abellas, o alumnado de 6ºB trasladou os seus coñecementos ao formato do cómic.
|
|||
II Olimpiada matemática |
Volvemos celebrar a Olimpiada Matemática. Nela, ao igual que o curso anterior, o alumnado enfrontábanse por equipos, en distintas estacións, desenvolvendo diferentes problemas e xogos matemáticos para os que tiñan que poñer en práctica os diferentes contidos estudados na aula (números enteiros, números fraccionarios, números decimais, unidades de medida, xeometría...). A actividade resultou moi dinámica e divertida. yle="text-align: center;"> |
|||
EXPERIMENTANDO... |
Na aula de 6ºB puxéronse en práctica diferentes procedementos para separar os compoñentes dalgunhas mesturas. |
|||
Mercamos un billete de avión! |
Os nenos e nenas de 1º A estamos traballando no Proxecto dos medios de transporte. Unha das actividades relacionadas foi realizar unha viaxe imaxinaria. Entre todos decidimos a onde ir, por votación popular escollimos Madrid. O medio de transporte, o avión. Observamos diferentes precios entre varia compañías áereas, o peso da maleta, a hora de embarque, cómo movernos por un Aeroporto (as sinais)... |
|||
Separación magnética |
Este trimestre os alumnos de 6ºA fixeron unha serie de prácticas de laboratorio co obxectivo de profundizar nalgúns contidos que estudaron na área de Ciencias Naturais ao longo do curso. Unha das prácticas consistiu na separación magnéstica dunha mestura formada por area e limaduras de ferro. |
|||
Os reloxos |
Estamos a estudar as horas e pensamos facer estes reloxos que nos permiten practicar sempre que teñamos un momentiño.
|
|||
A MULTIPLIRULETA DE 3ºB |
Elaboramos unha máquina moi singular, se foi divertido facela moito máis é poñela en funcionamento! Cada día facemos cálculo mental durante uns cinco minutiños antes de comezar as clases de matemáticas, esto axudanos a centrarnos e aprender as taboas de multiplicar de xeito lúdico. O certo é que deu moi bo resultado e os nenos e nenas que aínda tiñan certa problemática coa aprendizaxe das táboas conseguiron resultados espectaculares. Esperamos que vos guste a nosa máquina e vos animedes a facer unha propia! |
|||
Perímetro e área |
Nunha cuadrícula creamos distintas figuras cunha única premisa, que tivesen como área 24 unidades cadradas. Deste xeito, ao ver o resultado final podemos observar as distintas formas e perímetros de cada unha das figuras.
|
|||
LIBROLAND |
Coñecedes LIBROLAND? Libroland é o proxecto que aglutina todas as actividades que realizamos nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria en relación coa lectura e a creación literaria: - Concursos literarios. - Booktube. - Tómbola lectora. - Exposicións temporais e outras actividades puntuais relacionadas coa lectura e a escritura.
Libroland conta, ademais dun espazo físico (o taboleiro do corredor) onde se expón a información sobre as actividades que realizamos, cun espazo virtual, dentro da plataforma Agueiro. Aí é donde se publica tamén a información sobre os concursos literarios, as fotografías tomadas na nosa "Tómbola lectora" (celebrada anualmente) e outras actividades, como a nosa canle de vídeos BOOKTUBE, onde o alumnado nos fala a través de vídeos sobre os libros que máis lle gustan.
Podedes acceder a LIBROLAND premendo na imaxe inferior, ou senón tedes tamén un acceso permanente na columna esquerda web do centro, na sección "Os nosos blogs".
Visitádenos!
|
|||
A MULTIPLIRULETA |
Traballando coa MULTIPLIRULETA. Moito nos gusta :)
|
|||
Ipad xiratorio. |
Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil levan dous anos con actividades en cooperativo, como xa coñecen a estrutura de Folio Xiratorio, a levamos a cabo pero cos Ipads.
|
|||
As táboas de multiplicar. |
Coa axuda das familias elaboramos estas táboas de multiplicar, os nenos e nenas teñen que ir compoñendo as súa táboa (2,3,4,5,6,7,8 e 9) dunha maneira máis divertida e lúdica. |
|||
Iniciación na robótica! |
Os alumnos de 6º nivel de Educación Infantil do noso centro están a realizar un obradoiro anual sobre Robótica. Realizamos varias actividades onde eles e elas tiñan que vivenciar co ser corpo os diferentes movementos destes "bichiños": paso a diante, paso atrás, a un lado e o outro. O seguinte paso foi iniciarse na programación dos Escornabot, saber onde teño que ir para poder dirixilo.
|
|||
Taballamos en cooperativo. |
Neste curso inicíamonos no traballo cooperativo. Estivemos reforzando a cohesión grupal con diferentes dinámicas. Logo pasamos a distribuir os papeis de encargado, coordinador, secretario e axudante. Cada tres estrucuturas fixeron o seu diario no ordenador. |
|||
Xogamos? |
Damos un pasiño máis. Os "expertos" aprenderon a manexar o Ipads, e agora toca a quenda de ser os "mestres" dos seus compañeiros/as, terán que explicar todo o aprendido, manterse nun segundo plano (para nenos e nenas tan pequenos/as é un reto). Os xogos son moi atractivos e os nenos e nenas de Infantil B están encantados! |
|||
Experiencia cun ovo. |
Na clase de ciencias da natureza fixemos un pequeno experimento de tres días. Previamente elaboramos unha folla rexistro onde prediciamos o que pensabamos que ía a ocorrer (a nosa hipótese) e logo anotabamos o que acontecía pasado un día. O primeiro paso foi encher un bote de crital con vinagre de uva. Despois introducimos o ovo. Case de inmediato observamos dúas cousas: o ovo flotaba e estaba recuberto de burbulliñas. No segundo día, o ovo afundiuse e a cascada desapareceru. |
|||
Revista de Historia - 2ª entrega - 4º ESO | ||||
FACEMOS UN MURAL |
Traballamos moito neste tema de ciencias, ata fixemos un mural coa información que recadamos na casa. Despois usámolo para responder unhas preguntas relacionadas cos municipios de Noia e Lousame. |
|||
On joue? Xogamos? : Les Cerceaux - Os Aros |
Este martes 11 de febreiro o xogo que tocaba foi xogar aos Aros. Fixemos dous xogos: o primeiro consistía en facer unha roda e pasar por medio do aro cada un dos membros da roda. O segundo consistía en un xogo parecido ás sillas musicais. Mentres cantabamos unha canción dun lobo camiñabamos arredor dos aros e cando o lobo saía da cova a pillar había que refuxiarse nun aro. O/A que quedaba sen aro era eliminado/a. |
|||
Sembra emocións e recollerás calma |
A xestión e a regulación emocional é un contido fundamental nas aulas, polo que debemos proporcionarlle ao alumnado os recursos precisos para que poidan logralo. |
|||
Acollida dos nenos e nenas de Infantil en Primaria. |
Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria levan acabo varias sesións como mestres dos nenos e nenas de Educación Infantil que serán compañeiros o próximo curso escolar. Fixemos actividades de plástica, matemáticas da man da nosa máquina Manolita, xogos, grafomotricidade...
|
|||
Te souviens-tu? |
Te souviens tu de tout brodway |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »