Experiencia cun ovo.

Na clase de ciencias da natureza fixemos un pequeno experimento de tres días. Previamente elaboramos unha folla rexistro onde prediciamos o que pensabamos que ía a ocorrer (a nosa hipótese) e logo anotabamos o que acontecía pasado un día. O primeiro paso foi encher un bote de crital con vinagre de uva. Despois introducimos o ovo.  Case de inmediato observamos dúas cousas: o ovo flotaba e estaba recuberto de burbulliñas. No segundo día, o ovo afundiuse e a cascada desapareceru. Xa no terceiro día, sacamos o ovo do bote e parecía unha pelota saltarina e podíamos intuir a xema do interior. Se queres ver a experiencia clica aquí na imaxe.

Igualdade, Convivencia e Inclusión