Contido popular
Título | Resumo | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Osmos: Numbers. |
Os nenos e nenas expertos estiveron prácticando no xogo dos Numbers nos niveis iniciais nas anteriores sesións, agora teñen que explicar a dous ou tres compañeiros e compañeiras da súa aula a forma de xogar e acadar a maior puntuación para conseguir os diferentes premios: chaves, tres peixes... e así continuar no seguinte nivel. |
||||||
Capacidade |
Neste pequeno vídeo podedes ver como calcularon a capacidade de diferentes recipintes. Apreciamos como o traballo práctico sempre nos deixa uns resultados fenomenais. Parabéns a estos nenos! |
||||||
INTERVENCIÓN EN PATIO INTERIOR PARA A SÚA MELLORA. ARTE E NATUREZA COMO EIXE TRANSFORMADOR |
O proxecto que presentamos trata de mellorar o patio interior anexo ao comedor e a un dos corredores do centro escolar. Trátase dun espazo que se foi degradando co paso do tempo e que é moi visible dada a súa localización. A intención é realizar un proxecto interdisciplinar no que o alumnado se vexa involucrado e identificado aportando as súas ideas e traballo para alcanzar unha mellora dese espazo. Para iso elaboramos un plan de actuación que se basea en tres fases de actuación: - Reparación e mellora estética. O Concello de Lousame colabora no proxecto levando a cabo as seguintes actuacións: limpeza e pintado das paredes, colocación de lona e aportación de grava para uniformidade e mellora estética do chan. |
||||||
1,2,3, ... acción! |
Iniciamos a gravación da curtametraxe co programa Monkey Jam, foto a foto e con moita paciencia. Establecemos diferentes papeis para cada neno e nena: os que movían os elementos da película (can, fume, bolboretas, Pepiño, Maruxa,...) e o editor e produtor da curta. |
||||||
ESCRITURA CREATIVA |
Durante este curso, os alumnos/as de 6ºB estamos a traballar a escritura de xeito creativo. Un dos formatos do que nos valemos é o cómic. Estes, teñen un tema común: A historia de Malala.
|
||||||
ESCORNABOTS. |
O alumnado de segundo de primaria este curso escolar estamos inmersos nun Proxecto de Robótica. Como era algo novidoso para algúns nenos e nenas dirixir o robot ata un camiño marcado, dedicamos uns días a xogar con bichiño. Os movementos máis complicados son os xiros e realizar unha carreira programando o robot dunha soa vez. |
||||||
As Matemáticas do Guernica |
Na área de Plástica estivemos investigando e lendo sobre o Guernica. Un dos datos que nos chamou máis a atención foron as dimensións do cadro (3,49m x 7,76m). Aproveitamos o traballo cos decimais en Matemáticas, para medir e crear as dimensións reais do Guernica cun cordón.
|
||||||
As unidades, decenas e centenas. |
Neste xogo os nenos e nenas compoñeran e descompoñeran diferentes cantidades podendo ser de unha, dúas ou tres cifras. A cor azul representa as unidades, a vermella as decenas e a verde as centenas. |
||||||
Escribimos a nosa autobiografía. |
Na aula de 3ºA seguimos traballando con Kandinsky. Seguindo a súa biografía e as cousas que aprendimos sobre unha biografía esta semana escribimos a nosa autobiografía. Velaí tendes algúns exemplos: |
||||||
Estatística |
Para traballar contidos estatísticos realizamos dúas experiencias: - na primeira experiencia fixemos dúas táboas: unha na que mostrabamos os resultados posíbles ao tirar dous dados e sumar os resultados e outra na que multiplicabamos os resultados. Logo, analizamos os datos. - na segunda experiencia xogamos a pedra, papel,tesoira. Xogamos oito partidas e colocamos os datos nunha táboa, despois elaboramos un diagrama de barras e por último analizamos os resultados.
|
||||||
On joue? Xogamos? : Le Cheval Bayard - O Cabalo Baio |
O martes 21 de febreiro deu comezo a dinamización dos recreos de primaria. Hugo Alvar de 4º de ESO presentou o proxecto e encargouse da realización das fotos e da amplificación. O noso primeiro xogo foi o Cheval Bayard ou Cabalo Baio, que consiste en facer avanzar unhas basoiras entre as pernas de diferentes maneiras e ver cál dos grupos é o máis rápido. |
||||||
Observación dunha célula vexetal |
Este trimestre os alumnos de 6ºA fixeron unha serie de prácticas de laboratorio co obxectivo de profundizar nalgúns contidos que estudaron na área de Ciencias Naturais ao longo do curso. Unha das prácticas consistiu na extracción dunha mostra da epiderme da cebola para observar a célula vexetal ao microscopio. |
||||||
Mesturas |
Este trimestre os alumnos de 6ºA fixeron unha serie de prácticas de laboratorio co obxectivo de profundizar nalgúns contidos que estudaron na área de Ciencias Naturais ao longo do curso. Unha das prácticas consistiu na realización de diferentes mesturas: - unha disolución de zume de limón e auga; - unha mestura de leite e zume de limón, que nos permitiu observar a precicipación da caseína (unha das proteínas presentes no leite) ao reaccionar co ácido cítrico e - unha mestura de bicarbonato sódico e zume de limón, na que observamos como na reacción química se desprende dióxido de carbono. |
||||||
Os ángulos | |||||||
ACHEGAS DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E EDL |
|
||||||
ESCRITURA CREATIVA II: CONTOS GUIADOS |
|
||||||
PROXECTO: AS MÁQUINAS |
Esta foi unha actividade que nos serviu para traballar contidos tanto matemáticos como científicos. Adentrámonos no mundo das máquinas e no uso que lles damos os seres humanos, para iso, construímos ábacos que nos axudarán a sumar, restar e incluso multiplicar. |
||||||
J'ai besoin de la lune. Manu Chao |
Necesito mucho amor |
||||||
Voando avións. |
Seguimos co proxecto dos medios de transporte, esta vez relacionado coa aviación. Despois de facer moitas tarefas realcionadas fixemos un pequeno xogo-exprerimento. Estivemos a construír o noso propio avión. O de cada neno e nena era diferente. Logo os lanzamos a vez. Uns voaron moito preto de 5 metros e outros entre un metro e dous |
||||||
TÓMBOLA LECTORA DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA |
Despois de ler unha morea de libros durante todo o curso e facer as fichas de lectura e/ou vídeo-reseñas deles, de participar nos certames literarios e incluso, algúns deles, de superar o ambicioso reto do Libropoly, o alumnado dos cursos superiores de Educación Primaria desfrutaron enormemente da Tómbola Lectora. |
||||||
Osmos: Numbers. |
Os nenos e nenas expertos estiveron prácticando no xogo dos Numbers nos niveis iniciais nas anteriores sesións, agora teñen que explicar a dous ou tres compañeiros e compañeiras da súa aula a forma de xogar e acadar a maior puntuación para conseguir os diferentes premios: chaves, tres peixes... e así continuar no seguinte nivel. A maior nivel maior dificultade. |
||||||
Papeleiras de reciclaxe |
Ó longo destes últimos meses todas as aulas do CPI Cernadas de Castro, dirixidas polos seus titores e titoras, ademais da aula da nosa especialista de Pedagoxía Terapéutica de Primaria emplearonse a fondo en deseñar e construír a súa propia papeleira de reciclaxe. E menudos artistas están feitos! A semana pasada podemos disfrutar dunha exposición que deixou a máis dun coa boca aberta. Aí vos deixamos unhas fotiños de recordo |
||||||
On joue? Xogamos? : Saute Mouton (Pídola) et La Chaise (A silla da Raíña) |
O 18 de febreiro estivemos de novo no patio para lembrar un par de xogos tradicionais: A pídola, que consiste en saltar sobre un compañeiro/a e a Silliña da Raíña, na que dúas persoas pasean a outra ó ritmo dunha cancionciña ata que a canción remata e a deixan caer... suavemente!! Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos: Saute mouton ou Pídola La Chaise ou Silliña da Raíña
|
||||||
Taller de Matemáticas II |
Seguimos traballando as Matemáticas de xeito manipulativo. Nesta ocasión mediante unha táboa conversora de medidas de lonxitude, capacidade e peso. Fixemos un concurso no que gañou a illa Cupcake.
|
||||||
A 1ª vez que visitamos o laboratorio |
O alumnado de 5º A realizou a súa primeira visita ao laboratorio, para ir tomando contacto co método científico. Aprenderon algunhas normas básicas para acceder ao laboratorio ademais do nome dalgún material específico. Puideron manexar a lupa binocular e o microscopio. Viron a parede celular dunha cebola. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »