Contido popular
Título | Resumo | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
CONTRATO PROGRAMA. LINGUA GALEGA 18/19 |
Durante o segundo trimestre deste curso e durante tres sesións do terceiro, @s alumn@s de 1º ESO estiveron traballando a poesía, actividade escollida para o Contrato Programa deste curso.
Unha das ferramentas que utilizamos foi o poemario de Berta Davila A pel do mundo, da editorial Galaxia.
Na aula fomos lendo e comentando o vocabulario, o contido e a forma na que estaban elaborados os textos deste poemario, ata que @s alumn@s se foron convertendo en auténticos creadores. Amosamos máis imaxes do proceso:
Tivemos que buscar unha temática común para crear versos. Estabamos en marzo, queriamos celebrar o Día Mundial da Poesía e mais o Día dos Bosques, polo que o alumnado decidiu escribir textos líricos co bosque e os seus habitantes como protagonistas, e acompañar os textos con ilustracións: |
|||||
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA |
O alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria celebramos o Día da Paz e a non violencia. Para iso fixemos moitas actividades: - Decoramos os murais das nosas aulas con pombas da paz. - Recortamos corazóns para facer unha árbore da paz e falamos de valores como a tolerancia, a igualdade, o respecto... - Cantamos a canción "Odio por amor" de Juanes. - Aprendimos quen era Gandhi e recitamos unha poesía en inglés aos nenos e nenas de educación infantil.
|
|||||
O CICLO DA AUGA |
|
|||||
Fake news |
Tras o estudo da noticia e ver as súas partes, creamos as nosas noticias a partir de titulares falsos. Unha actividade que proporciounou noticias moi divertidas.
|
|||||
Robótica: Escornabots e Blue Mouse. |
O alumnado de Infantil B, todo o primeiro trimestre e parte do segundo estamos traballando nun obradoiro de robótica, de unha sesión á semana (sábelles a pouco). Antes de iniciar as actividades programadas, realiamos diferentes xogos simulando que éramos robots, un compañeiro/a o era e nós o programador, cunha chuvia de ideas establecimos que entendemos por robots, robótica. Presentei dous modelos diferentes o Escornabots, que ten actividades enfocadas a lectroescritura, matemática, lóxica... e Blue Mouse está máis enfocado a programar un percorrido e facelo. |
|||||
Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais |
O alumnado de 4º da ESO participou nunha Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais, impartida pola asociación A Creba. Nela tratouse de facerlle ver ao alumnado que as persoas con enfermidades mentais sofren unha patoloxía similar a outros enfermos crónicos, no sentido de que, despois dun correcto diagnóstico, poden levar unha vida normal en sociedade coa axuda da medicación. Non levan pois, unha etiqueta identificativa na súa fronte, e calquera persoa pode chegar a padecer unha enfermidade mental. |
|||||
Xogamos a contar no Ipad (Osmos) |
Esta semana presentamos os nenos e nenas os xogos de números do Play Osmos de Ipad. Creamos o noso perfil de usuarios para que cada neno e nena poida ver os seus logros e avances. Logo por quendas de doce minutos os nenos e nenas estiveron a explotar burbullas nun divertido xogo de tres niveis. Este grupo reducido de nenos e nenas son os expertos que teran que aprender a manexar o xogo para logo explicarllo aos seus compañeiros e compañeiras da aula. |
|||||
Caligramas de Kandinsky. |
Estes días @s nen@s de 3ºA de Primaria estivemos traballando os pareados e puxémonos a inventar unha chea deles. Cada un de nós inventou o seu pareado e aínda que, ao primeiro nos custou un pouco iso de escribir en torno ao debuxo o resultado final non quedou mal. Deixamos algún exemplo para que vexades o noso traballo.
|
|||||
ACCIÓN HUMANA SOBRE O MEDIO NATURAL DE LOUSAME: ESTUDO DEMOGRÁFICO |
O alumnado de 2ºESO realizou unha recollida, selección, organización e presentación de información demográfica no concello de Lousame a partires de fontes de información estatísticas como o IGE e o INE. Por unha banda, analizamos os movementos naturais de poboación e calculamos distintos indicadores taxa de natalidade, taxa de mortalidade, saldo vexetativo. Por outra banda, analizamos os movementos migratorios do concello e as causas e consecuencias dos mesmos no noso contorno máis próximo. Coa axuda dunha táboa de datos elaboramos pirámides de poboación do concello de Lousame de distintas épocas que nos serviron para analizar a evolución da poboación no último século.
|
|||||
Carmen de Stromae |
QUESTIONS: |
|||||
Folio xiratorio. |
Este curso comezamos a traballar de maneira cooperativa. A través da estructura do folio xiratorio repartimos un animal a cada neno e nena e cada un foi poñendo características sobre el, rótabano en sentido das agullas do reloxo e en pequeno grupo facían unha descripción de cada animal. Logo completábase en gran grupo |
|||||
Arte solidario en Infantil B |
Vimos de visitar a exposición dos compañeir@as de Infantil B. Algúns dos compañeiros de Infantil B (Pedro, Alejandro, Roi, Leo e Ramón) guiáronnos ao longo da exposición axudados da profe Ana. A exposición consta de tres partes.
|
|||||
Bingo tablas de multiplicar |
Para repasar as tablas de multiplicar xogamos ó bingo. Tiñamos que marcar no noso cartón os resultados das multiplicacións que iban saíndo.
|
|||||
OS NENOS E NENAS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL COÑECEN PRIMARIA |
Remata unha etapa e comeza outra. Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil levan unha mochila cargada de experiencias e emocións, que sen dúbida lles vai ser moi útil para afrontar o paso á Ed. Primaria con moitas ganas e ilusión. Porén, quixemos axudarlles nesta transición, e o mércores día 21 de xuño, o alumnado de 1º de Ed. Primaria recibiunos nas súas aulas. Alí, ademais de darlles a benvida a esta nova etapa, titorizáronos nunha entretida actividade, e explicáronlles coas súas palabras como era primaria. Finalmente, compartiron merenda e agasalláronos cun pequeno detalle, para celebrar o seu paso de etapa.
|
|||||
Chefs |
Para rematar a unidade de medidas de lonxitude, peso e capacidade, realizamos un obradoiro de repostería xunto aos compañeiros de 5ºB. Tivemos que seguir as instruccións e fixarnos á hora de pesar os ingredientes ademais de atender a cantidade que traian os paquetes. Pasámolo moi ben. Velaquí unha mostra da nosa experiencia.
|
|||||
VIAXE AO ESPAZO. |
Estivemos traballando en ciencias sociais o tema do espazo coas estructuras cooperativas complexas. Formamos grupos de expertos, un neno ou nena de cada grupo converteuse en experto en... Tics, escritura, debuxo e deseño e mapas conceptuais. |
|||||
RECICLAMOS PAPEL |
Aproveitando que o alumnado de 3ºB estaba estudando as diferentes propiedades dos materiais, decidimos investigar acerca da elaboración do papel e da súa reciclaxe. Como a mellor forma de aprender é experimentando, decidimos reciclar nós memos o papel que tíñamos na clase para reciclar. Foi unha experiencia moi lúdica e súper divertida. Este foi o resultado...
|
|||||
Pelo, pico, pata |
Co final de curso estamos a poñer tamén fin ao proxecto “Pelo, pico,patas”, co alumnado de 5º e 6° de infantil. Na foto, o alumnado cos sacos de penso para cans e gatos donados por Mercadona, Eroski e Arion e que serán entregados a protectora Arca de Noia. Dende aquí o noso agradecemento e implicación a todos os profesionais que de maneira altruísta colaboraron co noso proxecto. En total, conseguimos 166 kg de penso e os pequenos e pequenas están moi contentos! |
|||||
Medidas capacidade, masa e lonxitude. | ||||||
Laboratorio |
Desta volta experimentamos coa masa, o voume e a densidade. Fixemos distintos experimentos para traballar estes conceptos. |
|||||
Librería “Contos” |
Para practicar o conteo de moedas e billetes montamos na aula unha librería a cal chamamos "Librería Contos". Por quendas un neno/ a tiña o rol de tendeiro e os demáis de clientes que entregaban o diñeiro exacto para mercar o libro elixido.
|
|||||
A circulación | ||||||
Visita inesperada. |
Unha compañeira da nosa clase, Lena trouxo un para de parrulos. Estiveron convivendo cos nenos e nenas de 1ºA durante toda a mañá. Estudiamos o seu comportamento, o que comen, as súas plumas, o que beben, que nacen por ovos... Ademáis de todos iso, tivemos que estar caladiños porque os parrulos durmiron varias veces e non queríamos despertalos. |
|||||
INICÍAMONOS NA SUMA E NA RESTA |
Para iniciarnos no concepto de suma e resta, utilizamos papeliños de cores. Gústanos máis facelo así que na ficha |
|||||
Os sopramocos |
Os nenos e nenas de 5ºA mentres estudabamos as liñas de simetría decidimos levalo a práctica e fixemos uns sopramocos . Primeiro marcamos as liñas de simetría nun folio, que ao ser rectángular ten dúas.
Logo dobramos as puntas hacia dentro, facendo uns triángulos Isiósceles. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »