Contido popular
Título | Resumo | ||||
---|---|---|---|---|---|
ENCONTROS COAS AVOAS |
ENCONTROS COAS AVOAS 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Desta volta vimos de celebrar o Día Internacional da Muller con nove mulleres super importantes: as avoas do noso alumnado da ESO. As mulleres, tanto no espazo familiar coma no laboral tiveron, e seguen a ter, numerosas tarefas e responsabilidades, constituíndose nun eixo vertebrador das familias e da sociedade, nun piar básico da súa construción. Porén, as ditas tarefas e responsabilidades estiveron sempre, e seguen estando, relegadas a un segundo plano en importancia. O centros educativos temos a obriga de traballar a prol da igualdade de xénero, visibilizando o papel das mulleres, e fomentando a reflexión e análise sobre as desigualdades que existiron, e aínda existen, entre ambos.
|
||||
MEDIDAS DE CAPACIDADE |
A nosa clase está posta nesto das medidas de capacidade, nada mellor que facerprácticas para unha boa aprendizaxe!
|
||||
Capas da atmosfera | |||||
Gravamos o son. |
Nestes momentos estamos a gravar as voces dos personaxes da curtametraxe de Maruxa e Pepiño. |
||||
Visita guiada a exposición de mapas de ESO |
O alumnado da ESO estiveron facendo un fantástico traballo sobre os mapas de todo tipo, os nenos e nenas de 1ºA participamos na exposión guiada polo propio alumnado de secundaria. |
||||
VIAXE AO ESPAZO. |
Estivemos traballando no tema do espazo en ciencias sociais. O reto foi utilizar unha estrutura complexa. O primieiro paso foi que o grupo de expertos aprenderan a búsqueda de información coa estrutura 1,2,4 trasmitirllo o seu grupo base. Logo elaboramos os mapas conceptuais coa aplicación Poppet LIVE e montamos os murais. |
||||
Saída a Naturmaz |
Día de convivencia en Naturmaz onde todo o alumnado participou nas distintas actividades ofertadas. Realizaron actividades como: tiro con arco, escalada, busca do tesouro... Para poder realizar algunha das actividades era necesario o traballo en equipo, para así conseguir o obxectivo marcado.
|
||||
Estamos de volta! |
Volvemos de Madrid do noso viaxe imaxinario, o medio de transporte utilizado esta vez foi o tren. A diferencia do avión descubrimos que tarda moito máis, custa menos e podemos levar máis cousas. |
||||
Nave espacial. |
Seguimos co Proxecto dos medios de transporte, esta vez fixemos un experimento moi sinxelo.Cunha botella de auga e un bombín propulsamos unha nave espacial. Aos nenos e nenas de 1`A e 1`B este experimento encantoulles. |
||||
A MIÑA HISTORIA PERSOAL |
En 3ºB traballamos sobre a nosa historia persoal facendo unha liña do tempo. Para elo fomos sinalando as datas importantes dende que nacemos e representámolas con debuxos, fotografías... Finalmente expuxémolas diante dos nosos compañeiros.
|
||||
Braulio Bolechas en A Silva! |
Ola amigas e amigos do Cernadas de Castro! Temos unha boa nova! Braulio Bolechas achegouse ao noso cole para gravar o seu programa Braulio Tuber! Para iso elixiu aos nenos e nenas de 1º de Primaria, que lle ensinaron mooooitas cousas sobre a Revolución Industrial. As pequenas e pequenos parece que naceran cunha cámara diante do ben que se desenvolven e co simpáticos que están! Non volo perdades, picade no enlace de aquí abaixo e aproveitade para coñecer como foi a Revolución Industrial! http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/braulio-tuber-ii-24-4072338?t=11
|
||||
Bingo matemático |
En 1º ESO puxemos en marcha un bingo matemático. O alumnado dispoñía duns cartóns, onde aparecían operacións matemáticas cuxo resultado debían comprobar que coincidise co número extraído polo profesor/a. Foron varias clases nas que traballamos o cálculo mental e na que a rapidez se convertiu nun factor clave. Deixamos unha mostra destes cartóns tan curiosos.
|
||||
Observación dun parásito: Anisakis simplex L3 |
Este trimestre os alumnos de 6ºA fixeron unha serie de prácticas de laboratorio co obxectivo de profundizar nalgúns contidos que estudaron na área de Ciencias Naturais ao longo do curso. Unha das prácticas consistiu na extracción e observación coa lupa binocular do parásito Anisakis simplex, no seu terceiro estado larvario, presente na pescada. Se queres ver o vídeo, fai click aquí. |
||||
CALCULAMOS ÁREAS E PERÍMETROS |
Para aprender a calcular os perímetros e as áreas de polígonos utilizamos un tangram que fixemos nós mesmos. |
||||
Números negativos e positvos |
Para rematar de familiarizarnos cos números enteiros, desta volta tivemos que buscar na Internet distintos datos e despois elaborar unha recta numérica e represntar estes datos. |
||||
Refraneiro meteorolóxico. |
Estudando o tema do clima, elaboramos un refraneiro meteorolóxico dos meses do ano. Pedímoslle axuda as familias e investigamos na Internet, Analizamos o significado dos refráns e fixemos un debuxo representativo. |
||||
Descubrindo ecosistemas |
O alumnado de 5ºB de Primaria afondouse no coñecemento dos ecosistemas terrestres e acuáticos durante o terceiro trimestre. Tras coñecer os diversos tipos, os discentes organizados de forma grupal escolleron un ecosistema e indagaron en distintas fontes para posteriormente informar ao resto do alumnado das especies que nel se atopan, as relacións entre os individuos así como as súas formas de alimentación, elaborando como axuda unha presentación en cartolina. Durante a realización desta actividade, o alumnado desenvolveu a Competencia Científica a través do coñecemento de diversos seres vivos, o seu hábitat, as especies en perigo de extinción así como a importancia de respetar o medio e non interferir e danar os ecosistemas. Asimesmo os discentes desenvolveron a Competencia de Aprender a Aprender, pois eran eles/as mesmos/as quenes debían contrastar diferentes fontes informativas (enciclopedias, documentais de seres vivos, búsqueda na rede...) e ser quen de seleccionar as máis relevantes. Por outra banda a Competencia Lingüística xogou un papel imprescindible como motor transmisor da información, mediante a expresión escrita (na elaboración da presentación da actividade) e a expresión oral a través da comunicación do coñecemento adquirido aos seus compañeiros/as. |
||||
PAPIROFLEXIA |
Nesta actividade traballamos a comprensión de textos instructivos e realizamos animais con papel, neste caso unha bolboreta.
|
||||
Traballamos a descripción de persoas |
Ao longo do segundo trimestre, para a mellora da expresión escrita e da expresión oral, levamos a cabo diversos xogos e actividades nas que o alumnado de 5ºB debía compartir as súas emocións e ideas aos demáis. Unha desas dinámicas foi o xogo Son mellor do que pensaba! no que os nenos e nenas se tiñan que mover ao son da música e, cando esta parase, obedecer á orde que a mestra lles aportaba (darse unha aperta en grupos de tres, agarrarse unha orella por parellas...). Ademáis debían escribir no corazón pegado ás costas de cada compañeiro/a unha pequena descripción falando das súas virtudes, de cousas boas que fan... que logo expuxeron ao resto da aula. Pasárono de marabilla! E o mellor foi que descubriron moitas cousas boas deles mesmos/as das que non eran conscientes. Deste xeito desenvolvemos a Competencia Lingüística, as Competencias Sociais e Cívicas e a Competencia Artística mentes nos movíamos ao ritmo da música.
|
||||
XIROS, TRASLACIÓNS E SIMETRÍAS |
Os rapaces de 6ºB fixemos un taller de matemáticas para traballar xiros, traslacións e simetrías. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra, esperamos que vos guste e vos animedes a facelo vós na casa, é moi sinxelo.
|
||||
EXPERIMENTANDO CON MESTURAS |
Nesta actividade eleximos sustancias cas que nos apetecía experimentar, determinamos o material a utilizar e tomamos notas das nosas hipóteses. Despois de levar a cabo as mesturas, observamos se as nosas suposicións erna correctas ou non. |
||||
Obradoiro de papiroflexia |
Aproveitando que estamos traballando a simetría, as traslacións e os xiros; os compañeiros de 1º da ESO viñéronnos dar un obradoiro de papiroflexia. |
||||
O Entroido. |
Os alumnos de 1ºB depois de traballar coa regla numérica coas matemáticas manipulativas e os oficios dentro da área de sociais pasaron a elaborar o traxe de modistas e sastres para o desfile do Entroido xunto coa clase de 1ºA. Este foi o resultado. |
||||
EXCURSIÓN: Minas de San Finx |
Un bo xeito de traballar a localidade é visitando lugares que pertencen á súa historia. |
||||
Traballando o razoamento a través dos xogos de mesa |
Durante este curso estamos a traballar o razoamento abstracto e a estratexia a través de xogos de lóxica. Na primeira sesión (decembro de 2015) empregamos Abalone, Gobblet e Quarto e na segunda sesión (marzo de 2016) engadimos Quoridor. A principal vantaxe destas sesións sobre as clases habituais é que son os propios alumnos os que descubren cales poden ser as mellores estratexias para vencer no xogo, preguntándose e deducindo eles mesmos como mellorar na seguinte partida.
Fai clic en calquera das fotos anteriores para acceder á galería. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- seguinte ›
- última »