Contido popular
Título | Resumo | ||||
---|---|---|---|---|---|
Contacontos |
Ao longo do terceiro trimestre o alumnado fixo un proxecto vencellando a Plástica e as Linguas: facer un conto infantil. Primeiro, tiveron que investigar os elementos típicos dos contos infantís para poder elaborar o seu propio conto. Unha vez creado, tiveron que ilustrar o seu conto usando unha caixa. Cada cara da caixa era unha parte do conto. O derradeiro paso sería contarlle o conto aos máis pequenos, procurando que os entendensen e nun soporte distinto ao que están acostumados.
|
||||
Reto. |
O alumnado de Infantil B fixeron fronte a este reto: entre todos formar o percorrido que vemos na imaxe da tarxeta 1 e logo xogar, cunha consigna clara, todos tiña que participar, chegar a conclusións consensuadas. A primeria ver que fixeron o RETO foi xenial, case sen discursións entre eles, coas ideas claras. A segunda moito mellor. |
||||
TALLER DE EMOCIÓNS |
Durante unhas semanas os nenos de 2º participamos nun taller sobre as emocións, que nos permitiu coñecernos un pouco mellor. |
||||
On joue? (Xogamos?) Proxecto Interdisciplinar 1º ESO Francés |
Este curso como proxecto de francés do curso de 1º de ESO traballaremos o plurilingüismo e a mellora da convivencia no centro por medio do proxecto ON JOUE? (Xogamos?), No primeiro trimestre traballamos a partires do capítulo adicado ós xogos populares de mediados do século XVI que aparecen listados no Gargantúa e Pantagruel de Rabelais, e que tamén foron retratados no cadro de Brueghel Xogos de Nenos. Formáronse grupos de alumnado que escolleron algún dos xogos citados e buscaron información de cómo se xoga e elaboraron unha ficha para cada xogo co nome en francés, galego e as regras do xogo. Despóis puxémonos en contacto co grupo de 4º de ESO de Valores Éticos que está traballando na dinamización e conviencia nos recreos e coordinámonos para realizar un xogo cada martes para o alumnado de primaria. Hugo Alvar será o noso dinamizador.
|
||||
Visita ao Aeródromo Militar de Santiago. |
O 26 de abril 1ºA e 1ºB fomos ao Aeródromo Militar de Santiago. Aproveitando que estabamos co Proxecto dos Medios de Transporte fixemos un pequeno recorrido. Saímos do centro en autobús ata a Estación de Autobuses de Noia que nos levou ata a Estación de Ferrocarril de Padrón con dirección Santiago de Compostela. De alí ata Lavacolla ao Aeródromo Militar. Utilizamos dous medios de transporte públicos e no Aeródromo entramos dentro dunha avioneta pequena, xogamos a conducila. |
||||
Robótica en ciencias da natureza. |
As mestras de segundo andivemos argallando varios xogos para afianzar conceptos e repasar os contidos traballados na clase na área das ciencias. Este xogo que presentamos está composto por unha plantilla de fotografías e palabras ademais dunhas tarxetas con preguntas ou retos. Os rapaces e rapazas tiñan que ler en voz alta a súa pregunta, logo contestala, se acertan dirixen o bichiño ata a resposta e gardan a tarxeta (así contabilizan o número de acertos). |
||||
XOGANDO A ENSINAR |
O alumnado de 3º B viviu unha nova experiencia cun pequeno proxecto cos nenos e nenas de infantil A, traballamos con eles unha clase de Educación Física. Fixemos pequenas postas de habilidades motrices coordinativas onde os alumnos de 3ºB tiñan que ensinarlles como se realizaban os xogos, previamente traballados en clase: organización espacial e desenvolvemento destes con práctica. A través do circuito por tempos foron pasando pouco a pouco, e todos disfrutaron de cada xogo coa axuda dos profes de 3ºB. PREME NA FOTO PARA IR Á GALERÍA!
ESPERAMOS QUE VÓS GUSTE!
|
||||
Experimento "Mans sucias, mans limpas" |
Experimento "Mans sucias, mans limpas" Os alumnos de 3ºB de Educación Primaria investigamos acerca da importancia da hixiéne diaria das nosas mans. Para elo levamos a cabo o seguinte experimento: Collemos unha mazá e partímola en dous trozos. Un deses trozos tocámolo despois de lavar concienzudamente as mans e metémolo nun dos tarros coa etiqueta de "Mans limpas". A outra parte da mazá tocámola coas mans despois de vir do patio para, a continuación, metela no segundo tarro coa etiqueta de "Mans sucias". Os días sucesivos fomos anotando os cambios que ocorrían nas dúas metades das mazás e pudemos observar que na mazá que tocáramos coas mans sucias tiña peor pinta e medraban fungos con máis facilidade que na outra. Con este experimento descubrimos que nas mans temos moitas bacterias e que as transmitimos a aquelo que tocamos, de aí a necesidade de manter unha boa hixiene. |
||||
Alimentación vexetal! |
Os alumnos de 3º de primaria quixemos investigar como se alimenta unha planta. Para elo collemos dúas flores brancas e metémolas en auga con colorante e observamos o que foi pasando ao longo da semana. Deixamos aquí os resultados!
|
||||
Buscamos ángulos. |
A semana pasada na clase de matemáticas estivemos traballando os ángulos. Sabemos que hai ángulos agudos, outros rectos e outros obtusos. Nun dos cadros de Kandinsky buscamos todos os ángulos que había e rodeamos de azul os agudos e verde os rectos. Despois, chegamos á conclusión de que non había ningún ángulo obtuso porque non había ángulos máis grandes que o recto. |
||||
Xogamos cos determinantes | |||||
Escola de alimentación Eroski |
Fai uns días fomos, xunto cos nenos de 1º e 2ºB, ó hipermercado Eroski de Noia a facer un taller sobre a alimentación saúdable. |
||||
A máquina do tempo. |
A MÁQUINA DO TEMPO XOGOS SOBRE O TEMPO Non hai mellor forma que aprender xogando! Os nenos e nenas de 1º e 2º sábeno moi ben e por iso traballaron o tempo cos seguintes xogos. |
||||
Lóxica matemática. |
Iniciamos o curso coa liña da mellora de coñecementos para acadar a excelencia dentro do ContratoPrograma, co obxectivo de afianzar as destrezas lóxica matemática do noso alumnado con ferramentas tecnóxicas como os Ipads e diferentes xogos na rede. Nun primeiro momento, será un grupo reducido de nenos/as que adoptarán o rol de "experto". Unha vez que sexan hábiles no uso desta ferramenta pasarán a ser os "mestres" outro compañeiro/a da clase e terán que trasmitir todo o aprendido.
|
||||
Novas, novas! |
A través da aperndizaxe cooperativa os alumnos fixeron unha viaxe imaxinaria ao espazo para investigar que podemos atopar nel: fases da lúa, planteas,.. En que consiste o movemento de rotación e o de translación...etc |
||||
Estudo da paisaxe. |
Sabedes cantas cousas podemos aprender observando os obxectos máis simples? En 5ºB estivemos analizando as propiedades xerais da materia: a masa e o volume. Fixémolo pesando e medindo o volume de obxectos variados, coa axuda dunha báscula electrónica e uns recipientes graduados. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15