Contido popular
Título | Resumo | ||
---|---|---|---|
Experimentos cos sentidos |
Voltamos ao laboratorio para experimentar cos sentidos. Fixemos tres prácticas: -1ª: Tapamos os ollos e o nariz para probar distintos aliementos, e así comprobar se os recoñecíamos. -2ª: Cuns bastonciños probamos de 4 vasos, onde tiñamos que adiviñar con que sabor ( doce, salgado, amargo ou ácedo) se relacionaba. -3ª: Tiñamos uns saquiños con algo dentro e debiamos adiviñar do que se trataba usando o olfacto.
|
||
Biografía de Kandinsky |
Os nenos e nenas de 3ºA seguimos aprendendo cousas sobre Kandinsky. Esta semana estivemos buscando información sobre o que era unha biografía e despois cada quen leu en alto o que sabia e fomos sacando algunhas ideas. |
||
Os Ipads para a lectoescritura. |
Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil seguen a súa andaina cos Ipads e o programa de lectroescritura. Están moi interesados, involucrados, participantes...coas sesións. |
||
making cupcakes |
We have fun all together cooking with a proffesional chef.
|
||
CONVIVIMOS E XOGAMOS |
Ao longo do curso descubrimos novos xogos cos que traballamos a atención, o respecto das normas, a axuda aos compañeiros, a empatía e comprensión... Tamén colaboramos entre todos para realizar o noso propio xogo do memory!
|
||
Reto matemático. |
Propoñemos tres niveis de xogo. O primeiro nivel é para os nenos e nenas de 4º de Infantil, o segundo nivel para os alumnos e alumnas de 5º de Infantil e o terceiro nivel para o alumnado de 6º de Infantil. Recomendamos que independentemente da idade ou nivel comezar polo nivel 1. Para acceder ao xogo só tedes que clicar nos números (1-30)
A pensar, xogar e divertirse! |
||
Tangram. |
Levamos unhas sesións traballlando co Tamgran dentro das aulas, os nenos e nenas expertos explicaron os seus compañeiros e compañeiras a forma de xogar, mover de forma axeitada as pezas para que se poidan ler no espello e a forma de moverse polo mapa . |
||
Traballamos co Tangram. |
Esta semana na clase de matemáticas estivemos traballando co Tangram. A Kandinsky gústaballe moito pintar cadros xeométricos e nos utilizamos o Tangram para formar figuras xeométricas. Tivemos que formar triángulos con 2, 3, 4 e 5 pezas. Logo cadrados con 2, 3, 4 e 5 pezas. Por últimos pentágonos con 3, 4 e 5 pezas. |
||
Os nosos partidos políticos |
O alumnado de 5ºB afondouse durante o segundo trimestre no estudo da poboación e a súa organización. Tras coñecer o funcionamento da sociedade dende os últimos anos ata a actualidade así como os cargos necesarios para que esta poida seguir evolucionando, o alumnado distribuiuse en grupos onde puido deseñar o seu propio partido político coas sùas ideas e a súa forma de entender a sociedade. Así aprenderon a traballar en equipo, contrastar diferentes puntos de vista, chegar a acordos, respectar as opinións dos demáis... promovendo valores e desenvolvendo as Competencias Sociais e Cívicas. Como resultado, os discentes expuxeron un cartel publicitario do seu partido onde se recollían as súas principais ideas, obxectivos, cargos, valores e propostas para a sociedade, desenvolvendo así a Competencia Lingüística, potenciando principalmente a expresión escrita. Ademais, para fomentar a destreza da expresión oral o alumnado presentou aos seus compañeiros/as o seu partido político e finalmente, tras cada exposición, realizamos un debate respecto ás propostas feitas. Deste xeito tamén se traballou a Competencia en Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor, pois eran os discentes os que elaboraban as propostas.
|
||
On joue? Xogamos? : Jouer aux billes - Xogar ás canicas |
O martes 4 de febreiro adicamos o recreo a divesos xogos de canicas como O Juá, O Ollo e A Quita. O Juá consiste en meter a canica nun burato. O Ollo en sacar as canicas das dúas esquinas dun ollo pintado no chan. A Quita trátase de sacar unha canica do sitio.
|
||
Osmos: masterpiece. |
Os alumnos e alumnas expertos ensinan aos seus compañeiros e compañeiras como se debuxa no programa de Osmos, poder elixir os debuxos na galeria, volver das categorías... |
||
I Olimpiada Matemática |
Este curso os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron na I Olimpiada Matemática do C.P.I. Cernadas de Castro. Nela enfrentábanse por equipos, en distintas estacións, desenvolvendo diferentes problemas e xogos matemáticos para os que tiñan que poñer en práctica os diferentes contidos estudados na aula (números enteiros, números fraccionarios, números decimais, unidades de medida, xeometría...). A actividade resultou moi dinámica e divertida. |
||
Ecosistemas |
En grupos,elaboramos dioramas sobre distintos ecosistemas en caixas de zapatos. Cada diorama ía acompañado dun folio que achegaba información sobre o ecosistema, e un mapa onde se mostraban os lugares do mundo onde se podían atopar. |
||
Proxecto pitiños |
Coa colaborciòn de tòdolos que formamos parteda vida da vida da aula incubamos pitiños. Cada dia un grupo de nenos era o encargado e responsable de botarlle auga a incubadora, ver a humidade necesaria e a temperatura adecuada para que o proceso de incubación chegue ao seu fin con éxito. Unha vez que nacen, son os responsables por quendas de darlle de comer, beber e coidar que teñan a luz de calor acesa. |
||
On joue? Xogamos? : Colin-Maillard ou A Pita Cega |
O martes 28 de febreiro continuamos co noso proxecto; neste caso o xogo elixido foi Colin-Maillard ou Pita Cega. Este é un xogo popular xa ben coñecido por todo o alumnado, consiste en tapar os ollos dunha persoa que ocupa o centro da roda e os demáis xiran ó seu arredor. Cando a pita cega manda parar diríxese a un dos participantes da roda tentando adiviñar quen é apalpándolle a cara e cabelo. |
||
Os ángulos con abanos |
En 5º B, dentro das nosas sesións de MaTeMáTiCaS M
Este curso comezamos a facer un taller de matemáticas manipulativas, relacionado cos contidos de cada tema. Traballamos coas pezas de LEGO os números primos e compostos. Con cartolinas traballamos as fraccións. Tivemos que repartir a unidade en partes iguais cada vez máis pequenas, e despois puidemos comprobar a equivalencia entre algunhas delas. Botade unha ollada!!!!!!!!!!!!!!!! | ||
Leo con Grin. |
No mes de febreiro o alumnado de cinco anos inicia un novo proxecto ata finais de xuño, ímos afianzar a lectroescritura cunha nova ferramenta, os Ipads, tan motivador para eles. A actividade ten unha estrutura moi marcada, catro nenos xogan sós e van interiorizando os pasos a seguir, como cambiar de nivel... ata como se encende/apaga o Ipad, desprazarse polos iconos para identificar os xogos... Unha vez que teñan interiorizado estes elementos, os titores explican, axudan... aos seus alumnos e alumnas que a súa vez serán titores doutros nenos e nenas da clase.
|
||
Play Osmo! |
O alumnado de 1º de Primaria utiliza os Ipads para traballar co kit de Play Osmo, co que intentamos que melloren as competencias lingüísticas, matemáticas, artísticas e en ciencia e tecnoloxía. Velaquí os tendes concentrados, neste caso pescando peixes cos seus cálculos!
|
||
Hixiene bucal. |
Gracias a colaboración co equipo de Educación Infantil unha nai veu a primeiro de Primaria a darnos unha charla tanto teórica como práctica sobre a hixiene dos nosos dentes. Ademáis de aprender moito os nenos e nenas recibiron un agasallo (bolsa, cepillo de dentes, pasta e flúor).
|
||
Escornabot. |
Para repasar e afianzar os contidos dados en ciencias da natureza elaboramos unha nova plantilla para o Escornabot. Esta vez engadimos os códigos QR que coa axuda do Ipad e a app lectora de códigos nos leva de forma sinxela a vídeos explicativos da materia, o son, a luz, as disolucións...
|
||
Primeiro número de Historia. 1º Trimestre - Revista dixital | |||
Prevención da Violencia de Xénero e Doméstica |
Con motivo da celebración do día Internacional contra a Violencia de Xénero, celebrado o 25 de novembro, o alumnado de 2º e 3º da ESO recibiu unha charla da Garda Civil na que se lle informou dos principais indicadores de violencia e control cara as mulleres, especialmente na adolescencia.
|
||
Lectura, maxia e cooperación |
Para traballar a escritura, os nenos e nenas de primeiro traballamos moito en grupo. Escribimos palabras para repasar normas ortográficas usando a técnica cooperativa do folio xiratorio e ademais, descubrindo diferentes letras utilizando rotuladores máxicos, intentamos crear diferentes palabras. A estes nenos e nenas encántalles utilizar os rotuladores máxicos! |
||
BOOKTUBE |
Coñecedes o fenómeno dos "Booktubers"? Pois xa chegou ao Cernadas! Os Booktubers son lectores insaciables. Gústalles moitísimo ler, devoran libros e máis libros pero, o que tamén lles gusta moito é... falar sobre os libros que len! E como o fan? Pois a través de divertidos vídeos-reseña nos que nos contan o argumento do libro en cuestión, acompañándoo de comentarios, valoracións, datos curiosos e animándonos a desfrutar da súa lectura tanto como eles o fan. Trátase dunha forma moi amena e actual de falar de libros e lectura, un hábito que está tan de moda coma o de gravar vídeos! Se queredes ver aos nosos Booktubers de 5º e 6º en acción, podedes facelo accedendo ao noso Booktube, dentro do espazo Libroland, ou premendo na seguinte imaxe.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »