Actividades de infantil

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Os nenos e as nenas de 3 anos celebramos o día da auga, da mellor maneira posible, regando os nosos xeranios.

E para celebrar o día da árbore, os nenos e nenas de 3 anos, traballamos o grafismo con este libro: Wangari y los árboles de la paz. Encantounos este conto. E sobre todo, mirade que bonitos quedaron as nosas árbores!!!

EXIPTO CON LUZ NEGRA E REALIDADE AUMENTADA

Dentro do proxecto sobre  Egipto, fixemos Unha sesión artística con luz  ultravioleta, tamén chamada luz negra. Dentro deste mesmo proxecto vimos as pirámides usando unha aplicación de realidade aumentada.

BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?

En Educación Infantil de 5 anos estivemos traballando o libro "Brown Bear, Brown Bear, What do you see?" de Eric Carle. Escoitámosllo contar á profe de inglés, cantámolo, contámolo nós tamén, xogamos con el e preparamos un libriño para compartilo na casa coas nosas familias. Nos adxuntos atoparedes un audio coa nosa canción.

Neste link podedes acceder a materiais que usamos para este traballo. Agardamos que vos guste.

Distribuir contenido