Actividades de infantil
AVENTURA NO ESPAZO
Dentro do proxecto "aventura no espazo" comezamos centrándonos nas fases da lúa e os movementos desta e do planeta Terra. Empregamos Unha lanterna, que simulaba a luz solar, para comprobar os "cambios de forma da lúa" así como o " día e noite" no noso planeta. Tamén empregamos a aplicación BODYPLANET, para ver estas aprendizaxesnen Realidade Aumentada.
CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO
Para celebrar o dia da muller traballadora, ademáis de outras actividades, o alumnado de 3 anos traballamos co libro titulado: Cuando las niñas vuelan algo. Seguimos avanzando no noso esquema corporal e tamen no grafismo creativo.
A MÁSCARA DO LEÓN
E para celebrar o Entroido, outro conto. Desta vez: A máscara do León. Con este conto tamén fixemos dúas actividades de grafismo. Unha foi facer a máscara do león, onde tiñamos que facer os trazos na follas da máscara. E despois colorear.
E na outra actividade do conto A máscara do león tiñamos que facer os trazos na melena do león e na cebra, a amiga do león.
DÍA DO BICO
Para celebrar o día do bico, a parte de outros contos, eleximos Sembrando Besos. Con esta actividade fixémonos unha foto igual que a protagonista do libro, sembrando bicos. E para sembrar tantos bicos como temos, fixemos un camiño con purpurina dourada. Mirade que espectacular nos quedou!!
GRAFISMO CREATIVO CON ELMER
Na outra actividade do conto de Elmer consistía en colorear unha imaxe de Elmer de moitas cores, e despois pegar gomets cadrados de cores: verde, amarelo, azul e vermella. Unha vez acabado esto, tiñan que facer trazos horizontais e verticais, tendo en conta que non podian pasar por enriba da figura de Elmer. Este foi o resultado.