Actividades de infantil

DÍA DE ROSALÍA EN SEXTO DE INFANTIL

 

Traballamos o grafismo creativo coa flor preferida de Rosalía, o pensamento. Ademais fixemos un crebacabezas cunha imaxe dela, coa aplicación Jigsawplanet.

DÍA DA PAZ

CHEGOU O APALPADOR!!!

Un ano máis veunos visitar o Apalpador, co seu saco cheo de caramelos!

VISITA A CORREOS

Os alumnos e alumnas de 3 anos  fixemos onte unha visita moi especial. Fomos ata a oficina de Correos levar unha carta moi especial. Moitas gracias Mar por ensinarnos como chegan as cartas ás nosas casas. Que dirá esa carta? Sorpresa, sorpresa...... Xa queda menos para sabelo!!!

Distribuir contenido