Actividades de infantil

CELEBRACIÓN DE REMATE DA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL "FESTA DA ALEGRÍA"

O día 17 de xuño de 2015, no CPI de Castroverde tivo lugar a celebración da tan agardada "FESTA DA ALEGRÍA", coa que os nenos/as de 6º de educación infantil quixeron celebrar o peche do 2º ciclo e o remate desta etapa, tan importante na súa vida.

Para a ocasión, contaron co apoio da súa familia e dos mestres que con tanta ilusión prepararon este convite.

EDUCACION INFANTIL:RUTA DO CAMIÑO PRIMITIVO

 

Ruta do camiño primitivo por Castroverde, dende a fonte do Trabado ata o Concello.

AXENDA 21

 

 Con motivo da participación do CPI de Castroverde na Axenda 21, o grupo de Infantil elixiu o tema "Os Xoguetes", para facer un estudo de como foron evolucionando ó longo do tempo, contando coa participación de pais, nais, avós e avoas.

Para iso mandamos unha nota a casa onde se agradece a participación da familia e aquí están os resultados: pelotas, puzzles, bonecas son os máis comúns e na familia xoguetes de carácter  máis tradicional: comba, goma, canicas...

Celebración do Entroido

O venres día 12 de febreiro , o cpi de Castroverde, celebrou o Carnaval, primeiro o mago LOLO fixo unha demostración  das súas peripecias, logo salimos o patio para facer uso das nosas caretas, os de infantil lucimos unha garabata e a careta de pallaso recordando un frio intenso que facía ese día.

Distribuir contenido