AXENDA 21

 

 Con motivo da participación do CPI de Castroverde na Axenda 21, o grupo de Infantil elixiu o tema "Os Xoguetes", para facer un estudo de como foron evolucionando ó longo do tempo, contando coa participación de pais, nais, avós e avoas.

Para iso mandamos unha nota a casa onde se agradece a participación da familia e aquí están os resultados: pelotas, puzzles, bonecas son os máis comúns e na familia xoguetes de carácter  máis tradicional: comba, goma, canicas...