Actividades de infantil

AS NOSAS MAMÁS TRABALLADORAS

Actividade feita polos nenos e nenas de 3 anos para conmemorar o 8 de marzo, o día da Muller.

APRENDEMOS A PROGRAMAR EN 6º DE E.I.

Aprendendo a traballar con DOC, o robot, ao tempo que traballamos imaxes do inverno.

Preme na imaxe para ver como facemos

UN DÍA CON ESTRELA

Na aula de 3 anos estivemos uns días máis traballando con Rosalía de Castro. Soubemos que a flor do pensamento era unha das flores que a ela lle gustaba e nós decidimos reflexada tamén na nosa actividade. E como o día de Rosalía, é un día con estrela, nós fixemos un ceo cheo de estrelas e no centro a imaxe da estrela máis grande, unha imaxe de Rosalía.  Esperamos que vos guste!!

DÍA DE ROSALÍA EN E.I.

 

Estes días pasados nas aulas de E. Infantil recibimos a visita de Rosalía de Castro. Recitamos algúns dos seus poemas e escoitamos e bailamos aqueles musicados por varios/as autores/as ("Negra Sombra" e "Maio Longo")

Distribuir contenido