Coma todos os anos por estas datas O APALPADOR visitou o noso cole. Foi polas aulas de Infantil e Primaria e conversou cos nenos e nenas que o recibiron con agarimo e ilusión.
Xurxo Souto, coa buguina, o acordeón e a súa potente voz, levounos de viaxe polos mares e oceános de todo o mundo cos mariñeiros galegos que fixeron de Galiza "non o fin da terra, senón o centro do mar". Contou, cantou e fíxonos cantar e contar, animándonos a rescatar da memoria dos nosos avós as historias de mar e mariñeiros que tan ligadas están á nosa terra e á nosa cultura. Lembrounos tamén os nomes galegos que levan os recunchos mariños e costeiros que hai polo mundo e os que temos a carón de nós, que tan ben coñecen os que van ao mar. En Contos do Mar de Irlanda escribe Xurxo historias que paga a pena ler!
A súa visita pon un selo dourado ás actividades que realizamos para celebrar a Candeloria: ENREDÁMONOS CON NÓS E PALABRAS participando nun obradoiro de nós mariñeiros e tecendo palabras relacionadas co amor.
A lingua é un órgano móbil situado no interior da boca, que desempeña importantes funcións como a mastigación, a deglución, a linguaxe e o sentido do gusto.
A lingua móvese para falar, para rir ás gargalladas, para sorrir, tamén para respirar, para comer...
Así que... Move a túa lingua!Porque se deixamos de movela, se non a usamos, podemos morrer como pobo, como cultura, como país, como persoas.
1. OUTUBRO: Imos comezar, así que o primeiro que faremos este curso para MOVER A LINGUA será unCONCURSIÑO, no que participarán os niveis de Infantil, Primaria e Secundaria do noso cole.
XA TEMOS GAÑADORES!
Xana Rivas (5º A EP)
Pedro Luaces (4º A ESO)
A raíz desta actividade "tiramos" por outra: A "UVI LINGÜÍSTICA", onde recolleremos palabras galegas que hai que coidar xa que desapareceron ou están a piques de desaparecer. Os "pelotonianos" pasarán polas aulas explicando como se vai levar a cabo.
Estas son algunhas palabras que precisan coidados intensivos:
ABOFÉ: De verdade e de boa fe.
CHORÍN: Variante dialectal para nomear a flor da mimosa, que ten que ver coa flor do toxo, chorima.
ZALUPA: Hipo.
GARATUXA: Caricia ou carantoña.
PINCHACARNEIRO: Voltereta
ALMOFÍA: Palangana que antes había nos dormitorios.
OLIO: Esencia da fariña utilizada na gastronomía galega.
ARNELA: Praia situada entre dous montes. Xa só se emprega como topónimo.
PELOURO: A canica grande.
VEZAR: Ter algo por hábito.
AVEZAR: Ter algo por costume.
...
2. NOVEMBRO: En novembro seremos poetas! O pelotón lingüístico e os salicornianos pasarán polas aulas para explicarvos en que consistirá a actividade -ACCIÓN POÉTICA-. Participará Secundaria.
Aquí unha foto da Acción Poética do cole:
3. DECEMBRO:En decembro o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do noso cole buscará información sobre os nomes dos animais nun concurso titulado "O TEU FOCIÑO SÓAME". Aquí están as bases. E aquí os 50 fociños!
4. XANEIRO. En xaneiro, COA TÚA LINGUA, O TEU NOME. Xogamos coa antroponimia e a toponimia. Participa o alumando de Secundaria.
5. FEBREIRO. Neste mes, COA TÚA LINGUA, CAMIÑA POR MIÑO. O alumnado de PDC expoñerá os seus "Miñorroteiros".
6. MARZO. MOVE A TÚA LINGUA E REGUEIFEA! O alumnado de Primaria asistirá a un taller de regueifas.
6. XUÑO: Refraneamos en galego? Participan avós e avoas e alumnado de Secundaria que traerán un refrán como entrada ao cole. Os membros do pelotón lingüístico e do Club de lectura Salicornia serán os "porteiros".
E TAMÉN...
-Colaboramos e participamos nas festas, días de... e celebracións de cada curso:
Este ano imos aprender receitas para aproveitar ao máximo os restos de comida. Para iso gustaríanos que nos enviasedes todas as que sabedes, para facer así unha guerra ao desperdicio alimentario. Podedes envialas a este enderezo: martin@edu.xunta.es e subirémolas á esta páxina.
Agradecerémolo moito, moito, moito. E tamén o planeta.