Skip to Content

 

AVISOS IMPORTANTES

 

A proba libre de acceso a ciclos formativos de grao medio será o vindeiro 10 de xuño. Pode consultar toda a información aquí.

Aberto o prazo de solicitude do fondo de libros e de axudas para a adquisión de libros de texto e de material escolar. Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020. É necesario pedir cita previa por teléfono para entregar documentación. Consulte a información premendo aquí.

 

III Certame poemiños polas letras. Consulta a información premendo aquí.

 

Aviso abalarMóbil sobre necesidades de medios ás familias de primaria e secundaria. Preme aquí.

 

O sorteo das rifas da viaxe do alumnado de 4º suspéndese. Cando retomemos a actividade presencial estableceremos o prazo a devolución dos importes das papeletas vendidas.

 

Aviso do Departamento de Orientación. Preme aquí.

  

Para contactar co CPI Castro Baxoi poden usar o noso enderezo electrónico cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal. Atención telefónica en días lectivos de 9 a 14.

 

 Recomendacións fronte ao COVID-19. Preme aquí.

TRABALLO PARA O ALUMNADO DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

Premendo na palabra da etapa educativa na que estea matriculado o alumnado, atoparase a información específica dos cursos da mesma. Desprazade a páxina cara abaixo para comprobar toda a información.

Os niveis de Infantil e Primaria teñen actualizados os enlaces pero o nivel de Secundaria farase ao longo da mañá do luns. En calquera caso, a información de Secundaria aparece na Aula Virtual do noso centro.

INFANTIL

PRIMARIA

SECUNDARIA

Se alguén ten algunha dúbida sobre o traballo ou os materiais necesarios, envíen un correo electrónico ao enderezo do centro e recibirán resposta por parte do titor ou profesor.

A Festa da Palabra

                                                

A Festa da Palabra vén sendo unha mostra escénica da palabra que artellamos cada curso no CPI Castro Baxoi.

A idea xorde co obxectivo de dar cumprimento ó entusiasmo mostrado polos alumnos por empregaren a lingua propia do país no recitado e na narración.

E esa forza primeira, lonxe de relaxarse ou simplemente manterse, vai collendo curso a curso novos pulos, de xeito que os profesores que colaboramos na montaxe deste acto cultural estamos realmente abraiados de vermos como somos nós os motivados polo alumnado.

Desde aquela primeira edición celebrada no curso 2003-2004, e que abranguera soamente recitado e contacontos, fomos engadindo diferentes elementos e soportes escénicos: contos escénicos, escenas teatrais, voz cantada, danza..., até conseguirmos un acto sinxelo, humilde, pero cargado de emotividade.

TODO, GRAZAS Á CONTRIBUCIÓN ENTUSIASTA DE ALUMNOS E FAMILIAS.

 

   Enlaces ós vídeos

Ano académico 2009-10

Ano académico 2010-11

Ano académico 2011-12

Ano académico 2012-13

Ano académico 2013-14



page | by Dr. Radut