Campaña 13-14

MOVE A TÚA LINGUA! Porque... che sae do galego!

A lingua é  un órgano  móbil situado no interior da boca , que desempeña importantes funcións como a mastigación , a deglución , a linguaxe e o sentido do gusto.      

A lingua móvese para falar, para rir ás gargalladas, para sorrir, tamén para respirar, para comer...

Así que... Move a túa lingua! Porque se deixamos de movela, se non a usamos, podemos morrer como pobo, como cultura, como país, como persoas.

1. OUTUBRO: Imos comezar, así que o primeiro que faremos este curso para MOVER A LINGUA será un CONCURSIÑO, no que participarán os niveis de Infantil, Primaria e Secundaria do noso cole.   

XA TEMOS GAÑADORES!

 

 

 

Xana Rivas (5º A EP) 

Pedro Luaces (4º A ESO)

A raíz desta actividade "tiramos" por outra: A "UVI LINGÜÍSTICA", onde recolleremos palabras galegas que hai que coidar xa que desapareceron ou están a piques de desaparecer. Os "pelotonianos" pasarán polas aulas explicando como se vai levar a cabo.  

Estas son algunhas palabras que precisan coidados intensivos:

 

ABOFÉ: De verdade e de boa fe.

CHORÍN: Variante dialectal para nomear a flor da mimosa, que ten que ver coa flor do toxo, chorima.

ZALUPA: Hipo.

GARATUXA: Caricia ou carantoña.

PINCHACARNEIRO: Voltereta

ALMOFÍA: Palangana que antes había nos dormitorios.

OLIO: Esencia da fariña utilizada na gastronomía galega.

ARNELA: Praia situada entre dous montes. Xa só se emprega como topónimo.

PELOURO: A canica grande.

VEZAR: Ter algo por hábito.

AVEZAR: Ter algo por costume.

...

2. NOVEMBRO: En novembro seremos poetas! O pelotón lingüístico e os salicornianos pasarán polas aulas para explicarvos en que consistirá a actividade -ACCIÓN POÉTICA-. Participará Secundaria.  

Aquí unha foto da Acción Poética do cole:



3. DECEMBRO:  En decembro o alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria do noso cole buscará información sobre os nomes dos animais nun concurso titulado "O TEU FOCIÑO SÓAME". Aquí están as bases  E aquí os 50 fociños! 

4. XANEIRO. En xaneiro, COA TÚA LINGUA, O TEU NOME. Xogamos coa antroponimia e a toponimia. Participa o alumando de Secundaria.

5. FEBREIRO. Neste mes, COA TÚA LINGUA, CAMIÑA POR MIÑO. O alumnado de PDC expoñerá os seus "Miñorroteiros".

6. MARZO. MOVE A TÚA LINGUA E REGUEIFEA! O alumnado de Primaria asistirá a un taller de regueifas.

6. XUÑO: Refraneamos en galego? Participan avós e avoas e alumnado de Secundaria que traerán un refrán como entrada ao cole. Os membros do pelotón lingüístico e do Club de lectura Salicornia serán os "porteiros".

 

E TAMÉN...

-Colaboramos e participamos nas festas, días de... e celebracións de cada curso:

-Samaín

-Día da non violencia

-Nadal

-Día da Paz

-A Candeloria

-Día de Rosalía

-Entroido

-Día do libro

-Os maios

-Festa da palabra

-Día das Letras Galegas


-Publicamos a nosa revista "Dtodo"

-Somos solidarios 


-Levamos a cabo outras cousiñas:  

1. A RADIO ESCOLAR

2. Xogamos ao xadrez? Aquí tedes manuais en galego (varios niveis).

3. Aprendemos dez razóns para amar o galego

4. No día de Rosalía, Eyre e Galicia XUNTAS!!!