Lingua Galega

Lingua Galega

Programacións curso 2022-2023 actualizadas

Premendo no nome da materia correspondente ou do departamento poden consultar as programacións.

1º ESO

Lingua galega e literatura.

3º ESO

Lingua galega e literatura.

Programacións departamentos didácticos cursos pares ESO.

- Lingua galega.

Programación departamento Lingua e Literatura Galega cursos pares 2022-23

Para consultar a programación do departamento de Lingua Galega prema AQUÍ.

Programación de Lingua Galega

Para consultar a programación do departamento de Lingua Galega prema AQUÍ.

Outro vídeo

 Outra bonita adopciòn de 4 ESO, esta vez de María e Hugo:

Dúas alumnas co CPI Castro Baxoi adoptan a Yolanda Castaño nas redes sociais

Así se fixo eco nas redes sociais a escritora Yolanda Castaño do vídeo que dúas alumnas do noso centro lle enviaron. O vídeo é unha orixinal e marabillosa adicatoria feita por Nathaly e Marta pouco despois da súa visita ao noso centro. A continuación poñémosvos o post.

OUTRO ANO DE ÉXITOS LITERARIOS ....

Un ano máis, os alumnos de 3º ESO dirixidos pola súa profe Begoña, iniciáronse na creación literaria cun xénero moi especial, os MICRORRELATOS. E un ano máis participaron no CONCURSO DE MICRORRELATOS EL BROCENSE DE CÁCERES. Dos traballos entregados, un deles obtivo un accésit. A autora é AIDA BACHÍLLER. Aquí tedes o seu microrrelato:

 

UNA AMIGA MENOS

Ella olía muy bien y era tan bonita...

Tenía un color doradito y era un poco rechonchita, sí, pero a mí me encantaba... Ahora la echo mucho de menos.

No debí comérmela...

 

Os nosos parabéns para ela e o noso recoñecemento ao traballo da profe e de todos os alumnos de 3º ESO. Seguro que o ano que vén repetimos!!!!!

VISITANDO A CASA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 28 de abril, o alumnado de 1º ESO e as profes Elvira e Begoña, viaxamos ata Padrón para visitar a casa de Rosalía de Castro. Vimos os seus retratos, cartas e poemas escritos da súa man, a cama na que todos os días se coloca unha fermosa rosa vermella, algúns dos seus libros...

Despois de visitar a casa da Matanza, fixemos un xogo polos seus xardíns (a gañadora foi Ana Pérez, de 1º A) e recitamos as súas poesías.

Foi un día ben bonito, aínda que nos gustaría quedarnos máis tempo...!

 

 

 

 

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDICADO A MANUEL MARÍA

COÑECENDO A MANUEL MARÍA.

O día 25, 4º ESO e as profes Antonia e Begoña, viaxamos a Outeiro de Rei para coñecer de cerca a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016: Manuel María.

Estivemos moi ben acompañados por un guía moi especial, Fernán, con quen aprendemos, rimos, pasámolo xenial, sacamos fotos, recollemos auga do regato do Cepelo (tan querido por MM) e ata gravamos o son da fonte da Pinguela!

Foi un día precioso en todos os sentidos, do que seguro teremos recordos gardados para sempre.

Departamento

 Información básica do Proxecto Didáctico     2014-2015

 

 

OBXECTIVOS

 

XERAIS

 A educación secundaria obrigatoria contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lles permitan:

 -Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

 -Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

 -Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres.

 -Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos.

 -Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

  -Concibir o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

  -Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

  -Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexos, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura.

  -Comprender e expresarse en máis dunha lingua estranxeira de maneira apropiada.

  -Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propia e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural, coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galega ou a outras culturas do mundo.

  -Coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, aceptar o propio e o das outras persoas, aprender a coidalo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos do coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora.

  -Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación.

  -Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

 -Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade.

 

 

  ESPECÍFICOS

 -Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social, cultural e académica.

 -Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.

 -Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.

 -Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico.

 -Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións diferentes.

 -Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección.

  -Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega, afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación.

  -Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa entender as situacións que provoca o contacto de linguas.

 -Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.

  -Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.

  -Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos.

  -Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e valoralo como un xeito de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico- culturais.

 

CONTIDOS

1º ESO:

 

Comunicación oral

 -Comprensión de textos propios do ámbito académico: presentación de tarefas, instrucións para a súa realización, mensaxes relacionadas coa organización dos alumnos dentro do grupo e breves exposicións orais.

 -Comprensión de textos emitidos polos medios de comunicación e relacionados, preferiblemente, cos intereses dos alumnos deste nivel escolar.

 -Escoita activa en situacións comunicativas da clase, con actitude respectuosa e atenta diante das intervencións do profesorado ou dos compañeiros.

 -Participación crítica e construtiva nas situacións referidas no punto anterior adoptando o rexistro adecuado, mantendo a coherencia entre a mensaxe oral e a comunicación non verbal e respectando sempre as regras básicas do intercambio comunicativo (petición de quenda para intervir, petición respectuosa de aclaracións, opinión coherente, argumentada e axeitada ó tema tratado e exposición de conclusións).

 -Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación ou información non documentada, viñeren do emisor que viñeren, procurando alternativas e ofrecéndoas co respecto e a moderación que acae á situación escolar do grupo.

 -Valoración das producións orais emitidas cunha fonética e unha sintaxe adecuadas, mostrando coidado nesta mesma adecuación na produción dos textos propios.

 -Exposición planificada, sinxela, clara e coherente de informacións recollidas no contorno do alumno ou procedentes dos medios de comunicación, axudándose, neste caso, das TIC.

 -Exposición oral de acontecementos e experiencias, ou de documentación diversa recollida a través das TIC, baseándose nun guión confeccionado ó caso, coidando a coherencia textual, a sintaxe, a dicción e o rexistro propio deste tipo de actividades.

 -Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos e actitude respectuosa e colaboradora nas situacións de aprendizaxe compartida.

 

Comunicación escrita

 -Comprensión de textos do ámbito académico, atendendo especialmente aos de carácter instrutivo e expositivo (instrucións para a realización de tarefas, propostas de traballo colectivo, información de dicionarios, glosarios e enciclopedias, webs educativas…).

 -Comprensión de textos propios da vida cotiá en ámbitos próximos á realidade do alumno (recados, mensaxes de chat e correo electrónico, cartas, normas e instrucións de aparatos usados habitualmente polos alumnos…).

 -Comprensión de textos dos medios de comunicación, sobre todo de noticias relacionadas coa vida cotiá, identificando claramente as informacións ou ideas principais entre o resto da información ou opinión.

 -Comprensión de textos literarios correspondentes a formas elocutivas e xéneros variados (narración, descrición, diálogo, poemas sinxelos…), procurando identificar as ideas básicas e a intención do autor e aplicando técnicas tradicionais de análise: subliñado, procura da estrutura, elaboración de esquemas…

 -Utilización dirixida da biblioteca do centro e das TIC para obter información e modelos para a composición escrita.

 -Actitude reflexiva e crítica diante das mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación, procurando sempre alternativas.

 -Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados a estas idades.

 -Uso dunha grafía lexible na produción de calquera texto escrito.

 -Composición de textos propios do ámbito académico: resumos, esquemas, guións e exposicións sinxelas.

 -Produción de narracións, descricións e poemas sinxelos.

 -Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como recados escritos en soporte papel, correos electrónicos, normas e instrucións de actividades cotiás ou aparatos que eles manexen a miúdo…

 -Composición de textos propios dos medios de comunicación, especialmente noticias.

 -Planificación e revisión dos textos escrito como parte esencial da elaboración deste tipo de traballos, atendendo basicamente á coherencia nas ideas, uso do léxico e do rexistro adecuados, a sintaxe e a ortografía da palabra e da oración.

 -Uso das TIC para a produción de textos coidados na presentación e na ortografía.

 

Funcionamento da lingua

              -Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de frases feitas, a partir dos campos semánticos relacionados cos textos lidos e comentados na aula.

 -Identificación e análise de formas e trazos das categorías gramaticais básicas (substantivo, artigo, pronome, adxectivo, verbo e preposición), coa finalidade de aplicalas adecuadamente no uso lingüístico cotián, tanto na comprensión como na elaboración de textos.

 -Reflexión e coñecemento das dificultades de xénero nos substantivos que interfiren co castelán neste trazo gramatical.

 -Indución das regras de concordancia e das funcións sintácticas da oración simple para a mellora da comprensión lectora e da coherencia na produción escrita.

 -Coñecemento das normas que rexen o uso dos signos de puntuación básicos (punto, coma, dous puntos, interrogacións, admiracións e puntos suspensivos) e aplicación na elaboración de textos.

 -Uso reflexivo das normas ortográficas (b/v, s/x, ñ/ll, x/ll, z/c/q/, g/gu…), apreciando a súa función clarificadora na mensaxe escrita.

 -Coñecemento e uso cotián das normas básicas de acentuación gráfica (agudas, graves, esdrúxulas e homógrafas).

 -Reflexión básica, e aplicación na produción de textos propios, acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía onde poidan producirse interferencias na propia lingua galega (apertura de vogais de grao medio, entoación de oracións interrogativas e exclamativas, entoación correspondente ao resto dos signos de puntuación…).

 -Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta ao redor da norma ortográfica e gramatical.

 -Recoñecemento das intencións comunicativas correspondentes ás distintas modalidades oracionais.

 -Uso de estratexias de autocorrección, aceptando o erro como unha parte máis de calquera aprendizaxe.

 

 Lingua e sociedade

 -Coñecemento xeral da diversidade lingüística no mundo e no Estado español, valorando o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

 -Observación da situación sociolingüística en canto a usos e actitudes no contorno máis próximo (aula, localidade…) e identificación dos prexuízos lingüísticos máis evidentes.

 -Consciencia da conveniencia do uso normalizado da lingua galega, dentro dun contexto plurilingüe, como medio de afirmación da identidade persoal e colectiva e mais como medio de enriquecemento persoal.

 -Observación das principais diferenzas entre os usos de distintos niveis da lingua, tanto na oralidade como na escrita.

 

Educación literaria

 -Lectura orientada de obras adecuadas á idade que estimulen o pracer lector e vaian xerando un hábito desexable ao tempo que amplían o coñecemento da realidade e desenvolven a imaxinación.

 -Aproveitamento guiado dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais.

 -Lectura expresiva e comprensiva, e mais audición, de diferentes textos narrativos breves, recoñecendo a funcionalidade dos elementos formais básicos.

 -Lectura expresiva e comprensiva, e mais audición, de poemas adaptados a estas idades, captando o uso dos mecanismos máis sinxelos do texto poético (ritmo, medida e rima) e dos recursos estilísticos de comprensión doada e uso frecuente na nosa literatura (anáfora, personificación, metáfora e hipérbato).

 -Lectura dramatizada e comprensiva, e mais visionamento de pezas ou fragmentos teatrais, apreciando os seus compoñentes e os procedementos escénicos máis elementais.

 -Produción de textos breves de intención literaria, partindo dos trazos formais traballados na aula.

 -Análise do cómic como forma de comunicación sintética e especialmente expresiva.

 

2º ESO:

 

Comunicación oral

 -Comprensión de textos propios do ámbito académico: presentación de tarefas, instrucións para a súa realización, mensaxes relacionadas coa organización dos alumnos dentro do grupo e breves exposicións orais.

 -Comprensión de textos emitidos polos medios de comunicación e relacionados, preferiblemente, cos intereses dos alumnos deste nivel escolar, sobre todo, noticias, crónicas, críticas e reportaxes.

 -Escoita activa en situacións comunicativas da clase (referidas a temas puramente escolares ou imitadoras da realidade social ou mesmo literaria), con actitude respectuosa e atenta diante das intervencións do profesorado ou dos compañeiros.

 -Participación crítica e construtiva nas situacións referidas no punto anterior adoptando o rexistro adecuado, mantendo a coherencia entre a mensaxe oral e a comunicación non verbal e respectando sempre as regras básicas do intercambio comunicativo (petición de quenda para intervir, petición respectuosa de aclaracións, opinión coherente, argumentada e axeitada ó tema tratado e exposición de conclusións).

 -Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo de discriminación ou información non documentada, viñeren do emisor que viñeren, procurando alternativas e ofrecéndoas co respecto e a moderación que acae á situación escolar do grupo.

 -Valoración das producións orais emitidas cunha fonética e unha sintaxe adecuadas, mostrando coidado nesta mesma adecuación na produción dos textos propios.

 -Exposición planificada, sinxela, clara e coherente de informacións recollidas no contorno do alumno ou procedentes dos medios de comunicación, axudándose, neste caso, das TIC.

 -Exposición oral de acontecementos e experiencias coidando a coherencia textual, a sintaxe, a dicción e o rexistro propio deste tipo de actividade.

 -Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos e actitude respectuosa e colaboradora nas situacións de aprendizaxe compartida.

  

Comunicación escrita

  -Comprensión de textos do ámbito académico, atendendo especialmente aos de carácter instrutivo e expositivo (instrucións para a realización de tarefas, propostas de traballo colectivo, información de dicionarios, glosarios e enciclopedias, webs educativas…).

 -Comprensión de textos propios da vida cotiá en ámbitos próximos á realidade do alumno (recados, mensaxes de chat e correo electrónico, cartas, normas e instrucións de aparatos usados habitualmente polos alumnos, diarios persoais, solicitudes, anuncios publicitarios, convocatorias, impresos…).

 -Comprensión de textos dos medios de comunicación, sobre todo de noticias relacionadas coa vida cotiá, crónicas, críticas, reportaxes… identificando claramente as informacións ou ideas principais entre o resto da información ou opinión e discriminando o contido informativo da opinión.

 -Comprensión de textos literarios correspondentes a formas elocutivas e xéneros variados (narración, descrición, diálogo, poemas sinxelos…), con detección do tema e dos subtemas e aplicación das técnicas de análise do contido de textos escritos: subliñado das ideas principais, sinalización dos referentes persoais, espaciais e temporais, elaboración de esquemas que as estruturen visualmente, e resumo.

 -Utilización relativamente autónoma da biblioteca do centro e das TIC para obter información e modelos para a composición escrita.

 -Actitude reflexiva e crítica diante das mensaxes, de calquera fonte que procederen, principalmente as crónicas, críticas e reportaxes emitidas polos medios de comunicación, que supoñan calquera tipo de discriminación, procurando, se for do caso, alternativas.

 -Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo adecuados.

 -Uso dunha grafía lexible na produción de calquera texto escrito.

 -Composición de textos propios do ámbito académico: resumos, esquemas, guións e exposicións sinxelas.

 -Produción de narracións, descricións e poemas sinxelos.

 -Composición de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais, como recados escritos en soporte papel, correos electrónicos, normas e instrucións de deportes ou aparatos que eles manexen a miúdo…

 -Composición de textos propios dos medios de comunicación, en todos os soportes posibles, especialmente crónicas, artigos de opinión, críticas e reportaxes.

 -Planificación e revisión dos textos escritos propios como parte esencial da elaboración deste tipo de traballos, atendendo basicamente á coherencia nas ideas, ao uso do léxico e do rexistro adecuados, á sintaxe e á ortografía da palabra e da oración.

 -Uso das TIC para a produción de textos coidados na presentación e na ortografía.

 

Funcionamento da lingua

 -Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de frases feitas, a partir dos campos semánticos relacionados cos textos lidos e analizados na aula.

 -Identificación e uso reflexivo das categorías gramaticais básicas (substantivo, artigo, pronome, adxectivo, verbo, adverbio, preposición e conxunción), con especial atención aos paradigmas dos verbos ir, vir, ver, ser, facer, ter, haber, dar e estar, aos nexos e conectores e á posición das formas átonas do pronome persoal.

 -Recoñecemento e uso reflexivo das relacións de contraste (antonimia) e a referencia interna de tipo léxico, sobre todo a sinonimia e a elipse.

 -Indución das regras de concordancia e das funcións sintácticas da oración simple para a mellora da comprensión lectora e da coherencia na produción escrita.

 -Coñecemento das normas de acentuación gráfica -mesmo o concepto de ditongo e de hiato, ditongo crecente e ditongo decrecente- e uso adecuado na escrita.

 -Coñecemento das normas que rexen o uso dos signos de puntuación básicos (punto, coma, dous puntos, interrogacións, admiracións, puntos suspensivos e comiñas) e aplicación na elaboración de textos.

 -Uso reflexivo das normas ortográficas (b/v, s/x, ñ/ll, x/ll, z/c/q/, g/gu, h/Ø…), apreciando a súa función clarificadora e precisa na mensaxe escrita.

 -Reflexión básica, e aplicación na produción de textos propios, acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía onde poidan producirse interferencias na propia lingua galega (apertura de vogais de grao medio, entoación de oracións interrogativas e exclamativas, entoación correspondente ao resto dos signos de puntuación…).

 -Recoñecemento das intencións comunicativas correspondentes ás distintas modalidades oracionais.

 -Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que ofrecen os dicionarios e as obras de consulta ao redor da norma ortográfica e gramatical.

 -Uso de estratexias de autocorrección, aceptando o erro como unha parte máis de calquera aprendizaxe.

 

 Lingua e sociedade

 -Coñecemento xeral da situación das linguas minorizadas e das internacionais, con manexo e interpretación de mapas, táboas e información dos medios e tecnoloxías da comunicación, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión da riqueza cultural da humanidade.

 -Comprensión da situación sociolingüística galega canto a usos e actitudes xerais e análise de textos orais e escritos que permitan recoñecer casos concretos.

 -Coñecemento da nosa lexislación esencial en materia lingüística, toponimia e antroponimia.

 -Consciencia da necesidade do enriquecemento persoal e colectivo xerado polo uso normalizado da lingua galega dentro dun contexto xeral plurilingüe.

 -Observación das principais diferenzas entre as variedades xeográficas da lingua galega oral.

 

Educación literaria

 -Selección guiada e razoada, cara ó desenvolvemento dunha autonomía do alumno para escolmar as súas lecturas, de obras ou fragmentos que estimulen o pracer e o hábito lectores ao tempo que amplían os seus coñecementos xerais.

 -Aproveitamento dos fondos e recursos que ofrecen as bibliotecas, incluídas as virtuais.

 -Lectura expresiva e comprensiva, e mais audición, de diferentes textos narrativos, recoñecendo a funcionalidade dos elementos estruturais e formais básicos (voces, ambientación espacial e temporal) e identificando aspectos básicos do contido (temática, perspectiva e intención do autor…).

 -Lectura expresiva e comprensiva, e mais audición, de poemas adaptados a estas idades, captando o uso dos recursos estilísticos de comprensión doada e uso frecuente na nosa literatura (anáfora, personificación, metáfora, hipérbato, paralelismo e aliteración), a voz poética e as circunstancias nas que o autor se apoia para o labor creativo en cada caso.

 -Lectura dramatizada e comprensiva, e mais visionamento de pezas ou fragmentos teatrais, apreciando os seus compoñentes e os procedementos que caracterizan os subxéneros.

 -Comparación entre textos pertencentes aos subxéneros literarios.

 -Análise doutras linguaxes estéticas: a canción.

 -Produción de textos breves de intención literaria, partindo dos trazos formais traballados na aula.

 

3º ESO:

 

Comunicación escrita

 Tema 1: A comunicación. Textos orais e escritos. A tipoloxía textual. Os textos descritivos, narrativos, dialogados, expositivos e argumentativos.

 

Educación literaria

 Tema 1: Os xéneros literarios

 Tema 2:

 A idade Media e os Séculos Escuros.

 A Ilustración.

 O século XIX: Primeiro terzo (1808-1836). Os Precursores (1836-1862). O Rexurdimento pleno (1863).

 Comentario de textos. Introdución.

 

Funcionamento da lingua

 Tema 1: semántica

 Homonimia, Polisemia, Sinonimia, termos contrarios. Campos semánticos. Fraseoloxía.

 

4º ESO:

 

Funcionamento da lingua

 Tema 1. Repaso de léxico, semántica e tipoloxía textual.

 

Educación literaria

 Tema 1: Repaso da literatura da Idade Media, Decadencia, Ilustración e Rexurdimento.

                    Tema 2:O século XX:

 A Xeración entre dous séculos e as Irmandades da fala: Noriega Varela e Ramón Cabanillas.

 A Xeración Nós (Otero Pedrayo, Cuevillas, Risco e Castelao).

 As Vangardas

 Análise e comentario de textos literarios.

 

Lingua e sociedade

 Tema 1: Variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas.Niveis e rexistros.

 Tema 2: Introdución á Sociolingüística. Conceptos básicos.

 

 Funcionamento da lingua

 Tema 1: O léxico. Palabras simples, derivadas, compostas e parasintéticas. Étimos, cultismos, semicultismos e dobretes. Préstamos e interferencias. Erros léxicos.

 Tema 2: Repaso gramatical.

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 A avaliación que se practique responderá aos criterios de ser formativa e continua. Non só terá en conta o produto final senón que, sobre todo, valorará o mérito dunhas aprendizaxes a partir dunha situación inicial de partida, e porque se considera unha fase máis do proceso educativo en canto posibilita a inclusión de modificacións e melloras no propio proceso.

 A avaliación da aprendizaxe do alumnado non poderá limitarse a unha situación illada na que se realicen probas, pois ha de prestarse atención igualmente ás actitudes, valores e normas, tendo moi en conta a integración do alumno no grupo.

 En canto aos procedementos e destrezas, na área de Lingua serán unha parte fundamental a cuxa consecución deberán dirixirse de xeito especial os criterios de avaliación.

 O avaliar desde o punto de partida implica a necesidade de que se realice unha adecuada avaliación inicial. A partir da información recollida, o profesor seleccionará aqueles contidos e obxectivos máis adecuados á realidade dos seus alumnos e alumnas e planificará as actividades que permitan facerlles progresar desde a súa situación inicial.

 Unha avaliación formativa convén que sexa explicada ao alumnado, polo que antes de comezar un traballo este deberá saber en que consistirá a avaliación: a que aspectos o profesor prestará maior atención, cales serán as actividades que revisará, influencia das valoracións parciais na valoración final...

 Se no proceso desta avaliación continua se advertise que unha alumna ou alumno non progresa adecuadamente, o docente porase en contacto coa xunta de avaliación para decidir o xeito de paliar esas dificultades de aprendizaxe e adoptará medidas –se se consideran oportunas- de reforzo educativo.

 Os instrumentos de avaliación que se empreguen non poden limitarse ás probas colectivas, orais e escritas, senón que se terán en conta as actividades habituais do alumnado, a entrevista, a observación sistemática da súa actitude diante da materia e diante dos demais compoñentes do grupo, mediante fichas de seguimento, rexistro de datos, escalas de valoración...

 

1º ESO:

 -Captar a idea principal das mensaxes emitidas na aula para a realización de tarefas guiadas de aprendizaxe, sexan individuais ou grupais.

 -Extraer a idea xeral e a intención comunicativa de textos orais xerados nos campos do ámbito social nos que o alumno estea interesado ou dos que estea afectado dunha forma significativa.

 -Extraer a idea principal e a intención comunicativa dos textos escritos propios da actividade escolar (instrucións de tarefas, narracións, contos, poemas sinxelos) e do ámbito social do alumno (mensaxes de correo electrónico, cartas, noticias e instrucións de uso).

 -Realizar narracións orais espontáneas e exposicións planificadas con axilidade, boa dicción, boa entoación, coherencia contextual e un nivel lingüístico adecuado.

 -Participar de forma construtiva nas interaccións comunicativas que xorden acotío na actividade académica (intercambio de ideas ou opinións, diálogos espontáneos ou planificados, traballos colaborativos…) respectando a quenda de intervención -sen interromper ó que está no uso da palabra-, as ideas ou opinións dos máis, empregando un léxico axeitado e apoiando a lingua verbal con linguaxes non verbais respectuosas, tamén, co interlocutor.

 -Consultar, baixo a dirección do profesorado, textos en diferentes soportes co fin de extraer a información precisa para resolver dificultades propias da actividade académica, satisfacer as súas inquedanzas informativas ou elaborar producións escritas propias.

 -Usar adecuadamente a terminoloxía básica aprendida nas distintas unidades de traballo.

 -Recoñecer e analizar con claridade os trazos das categorías gramaticais básicas (substantivo: xénero e número; artigo: clases e formas; pronome persoal: formas tónicas e formas átonas; pronome determinativo: clases e formas; adxectivo; verbo: modos, tempos e formas dos verbos regulares, e preposición.

 -Aplicar eficazmente as regras básicas de acentuación e de puntuación (uso do punto, da coma, dos dous puntos, das interrogacións, das admiracións e dos puntos suspensivos) na corrección e elaboración de textos.

 -Mostrar unha relativa e progresiva autonomía na obtención de todo tipo de información en diferentes soportes (libros de consulta, enciclopedias, dicionarios…) para resolver dificultades e revisar os seus traballos escritos de calquera condición que sexan.

 -Ter dispoñibles, ordenados, claros e actualizados os apuntamentos de elaboración propia e usalos con eficacia nas consultas precisas.

 -Escribir textos breves (mensaxes de correo electrónico, contos, resumos de textos de tema variado adaptados á idade do alumno, narracións, descricións, noticias…) previamente planificados coidando, e revisando reflexivamente con axuda de materiais impresos e dixitais que teña á súa disposición, a coherencia de ideas, a cohesión textual, o uso do léxico e a fraseoloxía, a caligrafía, a presentación en xeral, a ortografía da palabra e a puntuación.

 -Decatarse da diversidade lingüística do mundo actual, con especial atención ao contorno peninsular, e valorala positivamente como mostra de riqueza, recoñecendo o dereito de cada colectivo a selar a súa identidade empregando libremente a súa lingua.

 -Recoñecer os condicionamentos máis evidentes do uso social do galego e utilizar a lingua galega dun xeito sostido nas diferentes situacións comunicativas que xurdan na aula.

 -Ler algunhas obras literarias adaptadas á súa idade (unha cada trimestre), mostrando un desenvolvemento progresivo do criterio lector persoal, e realizar exposicións planificadas atendendo, ante todo, á opinión persoal sobre a obra, ós temas principais tratados, á intencionalidade, ós valores formais e á relación entre os mundos proxectados na obra e o mundo do propio alumno.

 -Utilizar os coñecementos literarios na análise sinxela do texto literario (lenda, conto, relato breve, poemas sinxelos, pezas teatrais de trama sinxela), atendendo, principalmente, aos trazos xenéricos (personaxes, ambientación espacial e temporal, aos temas principais, aos valores transparentes) e á funcionalidade dos recursos máis evidentes.

 -Participar de maneira activa na creación de textos de intención estética empregando os coñecementos vistos na clase sobre estrutura, ambientación e recursos estilísticos.

 -Aceptar a constancia e o esforzo como actitudes idóneas para ir progresando na tarefa permanente da aprendizaxe.

 -Valorar especialmente o cumprimento dos compromisos establecidos no desenvolvemento da materia ao longo do curso.

 

2º ESO:

 -Captar a idea principal das mensaxes emitidas na aula para a realización de tarefas de aprendizaxe, sexan individuais ou grupais, mostrando unha autonomía progresiva.

 -Recoller en anotacións, resumos e esquemas os datos máis significativos de presentacións, exposicións e relatos realizados na aula.

 -Extraer a idea xeral e a intención comunicativa de textos orais do ámbito social no que o alumno estea interesado ou do que estea afectado dunha forma significativa (recados, mensaxes electrónicas, acontecementos locais).

 -Extraer o tema, as ideas principais e a intención comunicativa de diferentes textos orais dos medios de comunicación (noticias, crónicas, críticas, reportaxes…) e analizalos criticamente en exposicións ou participando en diálogos.

 -Realizar narracións orais espontáneas ou exposicións planificadas con axilidade, boa dicción, boa entoación, coherencia contextual e empregando un nivel lingüístico adecuado.

 -Participar de forma construtiva nas interaccións comunicativas que xorden acotío na actividade académica (intercambio de ideas ou opinións, diálogos espontáneos ou planificados, traballos colaborativos…) respectando a quenda de intervención -sen interromper ó que está no uso da palabra-, as ideas ou opinións dos máis, empregando un léxico axeitado e apoiando a lingua verbal con linguaxes non verbais respectuosas.

 -Escribir (ou cubrir, se é o caso), a partir de modelos previamente comentados na aula, resumos, contos, relatos, cartas, diarios persoais, crónicas, críticas, reportaxes, solicitudes e poemas sinxelos, mantendo a coherencia na exposición de feitos e datos, coidando a claridade na sintaxe, empregando un léxico adecuado e unha caligrafía lexible e coidando de aplicar os coñecementos adquiridos sobre a ortografía e a puntuación.

 -Consultar de maneira progresivamente autónoma textos en diferentes soportes co fin de seleccionar a información relevante e incorporala ás producións propias, especialmente a traballos académicos (fichas de lectura, traballo sobre as Letras Galegas, traballos sobre textos xornalísticos…).

 -Usar adecuadamente a terminoloxía lingüística aprendida na clase neste curso e no anterior.

 -Aplicar os coñecementos adquiridos sobre a lingua neste curso e no anterior para resolver problemas de comprensión amais de crear os seus propios textos (as dificultades de xénero e de número, as diferentes categorías de palabras, as formas do artigo, o pronome persoal e o pronome determinativo, o adxectivo, o verbo: regularidade, modos, tempos e formas, o adverbio: función e clases, a preposición e as contraccións con artigos e pronomes, a conxunción, o ditongo e o hiato, ditongo crecente e ditongo decrecente, as regras de acentuación gráfica, as normas de puntuación, as regras ortográficas da palabra…).

 -Revisar reflexivamente calquera traballo persoal empregando os coñecementos previos e, se o profesor o solicitase, apoiándose en materiais con soporte de papel ou nas ferramentas que ofrecen as TIC, aceptando o erro como un elemento máis do proceso de aprendizaxe.

 -Ter dispoñibles, ordenados, claros e actualizados os apuntamentos de elaboración propia e usalos con eficacia nas consultas precisas.

 -Recoñecer e comprender a diversidade lingüística do mundo actual.

 -Observar os condicionamentos actuais de valoración e uso social da lingua galega e empregala, e admitir o seu emprego polos demais sen ningún tipo de prexuízos, con fluidez nas ocasións que proceda no contexto escolar.

 -Ler obras literarias adaptadas á súa idade (polo menos, dúas durante o curso), mostrando un desenvolvemento progresivo do criterio lector persoal, e realizar exposicións planificadas atendendo, ante todo, á opinión persoal sobre a obra, aos temas principais tratados, á intencionalidade, aos valores sociais, persoais e literarios e á relación entre os mundos proxectados na obra e o mundo do propio alumno.

 -Utilizar os coñecementos literarios na comprensión e comentario de textos ou fragmentos (lenda, conto, relato, texto teatral, poema…), atendendo especialmente aos trazos dos subxéneros e á funcionalidade dos recursos retóricos.

 -Participar activamente na creación de textos de intención estética tomando como modelo os lidos e comprendendo os recursos que se empregarán (ben voluntariamente, ben propostos polo profesor).

 -Aceptar a constancia e o esforzo como actitudes idóneas para ir progresando na tarefa permanente da aprendizaxe.

 -Valorar especialmente o cumprimento dos compromisos establecidos no desenvolvemento da materia ao longo do curso.

 

3º ESO:

 -Comprender a intención comunicativa explícita e implícita, o tema, a idea principal e as secundarias de textos propios dos medios de comunicación audiovisual, así como seguir e recoller resumidamente o desenvolvemento oral dunha exposición académica.

-Identificar e contrastar o propósito comunicativo en textos escritos do ámbito público e dos medios, así como da vida académica, analizando os contidos, interpretando as connotacións e inferindo o tema principal e os secundarios.

 -Realizar exposicións orais planificadas claras e áxiles de traballos e de informacións de actualidade. Adoptar o rexistro adecuado.

 -Escribir textos propios dos medios de comunicación e dos ámbitos social e académico, con coherencia, cohesión, corrección e precisión léxica.

 -Consultar de maneira case autónoma textos en diferentes soportes para seleccionar información relevante, analizala e integrala nas propias producións, en especial nos textos académicos adecuados ao nivel.

 -Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito progresivamente autónomo os propios textos.

 -Ter dispoñibles, ordenados, claros e actualizados os apuntamentos de elaboración propia e usalos con eficacia nas consultas precisas.

 -Recoñecer, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os mecanismos da lingua e coñecer e usar unha terminoloxía lingüística básica.

 -Identificar as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega anterior ao século XX.

 -Recoñecer as causas da diversidade lingüística do mundo actual e dos procesos sociolingüísticos.

 -Ler con regularidade obras literarias e desenvolver o criterio lector; expoñer unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, valorando a estrutura, o punto de vista e o emprego da linguaxe.

 -Usar os coñecementos literarios na comprensión de textos breves ou fragmentos, atendendo especialmente ao contexto, á evolución dos xéneros e á funcionalidade dos recursos retóricos.

 -Participar activamente na creación de textos de intención estética.

 -Aceptar a constancia e o esforzo como actitudes idóneas para ir progresando na tarefa permanente da aprendizaxe.

-Valorar especialmente o cumprimento dos compromisos establecidos no desenvolvemento da materia ao longo do curso.

 

4º ESO:

 -Identificar a intención comunicativa explícita e implícita, o tema, a idea principal e as secundarias, a tese e os argumentos de textos propios dos medios de comunicación audiovisual e do ámbito académico.

 -Comprender textos escritos do ámbito público e dos medios, así como da vida académica, identificando o tema principal e os secundarios, o propósito comunicativo, contrastando explicacións e argumentos.

 -Realizar exposicións orais planificadas claras e áxiles de traballos e informacións de actualidade diferenciando información, opinión e persuasión, así como participara en interaccións comunicativas respectando as regras. Adoptar o rexistro adecuado.

 -Escribir textos propios da vida cotiá, das relacións sociais, dos medios e do ámbito académico. Planificalos e revisalos autonomamente para asegurar a súa coherencia, cohesión, corrección e precisión léxica.

 -Consultar de maneira case autónoma textos en diferentes soportes para seleccionar información relevante, analizala, extraer conclusións e integralas nas propias producións, en especial nos textos académicos adecuados ao nivel.

 -Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas de comprensión e para compoñer e revisar de xeito autónomo os propios textos.

 -Ter dispoñibles, ordenados, claros e actualizados os apuntamentos de elaboración propia e usalos con eficacia nas consultas precisas.

 -Recoñecer, a través da reflexión sobre os usos discursivos, os mecanismos da lingua e coñecer e usar unha terminoloxía lingüística básica.

 -Identificar as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da lingua galega; extraer os trazos principais que definen a actual situación sociolingüística de Galicia, analizando criticamente os condicionamentos de valoración social do galego; utilizar a lingua con fluidez e normalidade nos diversos contextos.

 -Ler con regularidade obras literarias e desenvolver criterio lector; expoñer unha opinión argumentada sobre a lectura dunha obra clásica da literatura contemporánea, atendendo aos seus elementos estruturais e formais.

-Usar os coñecementos literarios na comprensión de textos breves ou fragmentos, atendendo especialmente ao contexto, ás innovacións e á funcionalidade dos recursos retóricos.

-Participar activamente na creación de textos de intención estética.

-Aceptar a constancia e o esforzo como actitudes idóneas para ir progresando na tarefa permanente da aprendizaxe.

-Valorar especialmente o cumprimento dos compromisos establecidos no desenvolvemento da materia ao longo do curso.

 

   PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

 Somos conscientes de que a avaliación ten que ser un proceso continuo no que se debe ter en conta:

 -Os coñecementos previos de cada alumno/-a.

 -As habilidades e destrezas que o alumnado vaia adquirindo ao longo da súa aprendizaxe nesta etapa educativa á hora de enfrontarse con textos escritos chegados en diferentes formatos. A madurez adquirida para identificalos e reproducilos seguindo os mesmos modelos.

 -A competencia activa na oralidade. Ser capaces de manter unha conversa na súa lingua (debates, entrevistas, exposicións...) . Recoñecer a grande importancia da transmisión oral e da necesidade de mantela. Contadores de contos, lendas, historias marabillosas...

 -As actitudes cara á lingua. Recoñecendo a riqueza que supón posuír unha lingua propia e vivir nunha comunidade con dúas linguas cooficiais que teñen os mesmos dereitos. Ser quen de identificar o poder que aporta o saber lingüístico por achegarnos a diferentes culturas e abrirnos portas que nos permitan acceder a un universo de riqueza e cultura.

 -A presentación coidada das tarefas que teñen encomendadas para presentar ou expoñer por escrito ou oralmente.

 -O comportamento na clase cos seus compañeiros/compañeiras e docentes. A educación e a solidariedade perante diferentes temas.

 -Aproveitamento da hora de lectura e familiarización co funcionamento da biblioteca do centro e cos recursos que esta lles brinda.

 Convén sinalar que os traballos realizados, tanto a nivel individual como colectivo, na propia aula ou na súa casa terán moito peso á hora da avaliación do alumnado.

 Así mesmo valorarase a actitude na propia aula, o interese e participación nos traballos propostos e o respecto cara aos propios compañeiros, cara a diferentes opinións, formas de ser, pensar; cara ao material, ao profesorado...

  CASOS ESPECIAIS:

 -Cando un alumno-a adopte unha actitude “pasiva” ou permaneza na aula sen o material necesario para traballar, este departamento –seguindo o RRI do Centro- pode declarar “abandono” da materia e como tal perderá o dereito a avaliación continua. Como norma, consideramos que tres faltas de “pasividade” supoñerán un parte de incidencias (do que informaremos ao titor correspondente), e a acumulación de tres partes será obxecto de declaración de abandono.

 -No caso de que un alumno-a non asista a un exame na data acordada, este departamento poderá cualificar cun 0 dita proba, a non ser que o alumno traia unha xustificación OFICIAL (parte médico, asuntos legais, exames oficiais doutros estamentos...) que indique a imposibilidade de presentarse ou terse presentado a dito exame na data fixada.

 

 CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

 Sabendo que a finalidade da educación secundaria obrigatoria consiste en formar os alumnos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns e cidadás e lograr que adquiran os elementos básicos de estudo e traballo que lles permitan a incorporación a estudos posteriores e a inserción no mundo laboral, este departamento establece os seguintes criterios á hora de dar a súa cualificación final:

 En todos os cursos da ESO:

 Os alumnos serán avaliados tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo: as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación de cada curso, sendo estes últimos o referente fundamental para avaliar tanto o grao de adquisición das competencias básicas como a consecución dos obxectivos.

 Segundo se recolle na orde do 21 de decembro de 2007, que regula a avaliación na Educación Secundaria Obrigatoria, os resultados da avaliación do alumno expresaranse cos termos IN, SU, BE, NT e SB, que irán acompañados dunha cualificación numérica entre o 1 e o 10, coa correspondencia que segue: IN (de 1 a 4), SU (5), BE (6), NT (de 7 a 8) e SB (entre 9 e 10).

 

Instrumentos de cualificación do alumnado:

1- Probas escritas, que servirán para aplicar os criterios relacionados cos contidos dos bloques Comunicación escrita, Funcionamento da lingua, Educación literaria e Lingua e sociedade.

 2- Traballos escritos (guiados ou creativos) propostos individualmente ou para un grupo determinado de alumnos, sobre os que se aplicarán, basicamente, os criterios relacionados cos contidos de Comunicación escrita, Funcionamento da lingua, Educación literaria e Lingua e sociedade. Valorarase especialmente o grao de cumprimento na entrega dos traballos propostos.

 3- Observación diaria da actividade do alumno en todos aqueles espazos e momentos nos que se desenvolvan as sesións de Lingua Galega e Literatura:

 3.1- Observación especialmente dedicada aos contidos de Comunicación oral e Lingua e sociedade encamiñados a comprobar o grao de adquisición e progresión na capacidade de escoita, expresión oral, intervención en situacións de intercambio comunicativo e autonomía persoal.

 3.2- Observación diaria da responsabilidade e comportamento social: actitude cara aos compañeiros, cara á materia e cara ao profesor/-a, asistencia á clase, coidado dos materiais dos compañeiros e dos materiais comúns...

 3.3- Observación cotiá do esforzo do alumno por manterse constante na realización das tarefas que lle son propostas, por progresar na súa aprendizaxe e por adquirir autonomía á hora de enfrontarse cos diferentes soportes que lle permiten comunicarse.

 4- Observación dos materiais do alumno (cadernos, fichas de traballo, mapas…), que permitirá aplicar, sobre todo, os criterios relacionados cos contidos de Comunicación escrita, Funcionamento da lingua e Educación literaria.

 A cualificación de cada avaliación quedará definida pola consideración dos criterios anteriores. No entanto, poderán valorarse máis algún deles en momentos concretos do curso dependendo da carga horaria, da intensidade coa que se tratasen os contidos dun ou doutro bloque ou do grao de interese do alumno-a por realizalos positiva ou negativamente. No caso de quenalgún deses criterios haxaunha cualificación de 0, o alumno/-a pode ser avaliado/-a negativamente, independentemente da cualificación obtida nos demais apartados.

 Na avaliación extraordinaria de setembro, o profesorado basearase no emprego dos instrumentos de cualificación especificados nos puntos 1, 2 e 4 deste apartado.

 

MÍNIMOS ESIXIBLES

 Sen prexuízo do dito para a avaliación do alumno, entenderase que o alumno está en disposición de seguir con aproveitamento aprendizaxes de Lingua Galega e Literatura no curso seguinte e, polo tanto, obtén a cualificación de SU (5), se acada os seguintes mínimos esixibles:

 

-1º ESO

 -Comprender mensaxes orais propias do contexto escolar (propostas de traballo individual ou colectivo, suxestións, solicitudes, opinións…), do profesor ou dos compañeiros do grupo nos que se empregue un léxico que fose obxecto de aprendizaxe neste curso ou en anteriores.

 -Comprender mensaxes dos medios de comunicación nos que se empregue un léxico adecuado á idade do alumno e se traten temas afíns á súas experiencias ou ás súas aprendizaxes.

 -Expresarse oralmente mantendo o discurso na lingua galega, empregando un nivel lingüístico adecuado ó tema e un ton que lle acaia ó contexto comunicativo.

 -Intervir nas situacións comunicativas propias do ámbito escolar respectando a quenda -sen interromper a quen está no uso da palabra-, empregando un ton adecuado ó contexto, analizando criticamente as opinións alleas e contribuíndo aberta e positivamente no desenvolvemento das actividades.

 -Comprender textos escritos sinxelos de distinta tipoloxía e xénero (mensaxes electrónicas, cartas, narracións, poemas, fragmentos teatrais…) empregando os medios e materiais dispoñibles (persoas, apuntamentos persoais, dicionarios, enciclopedias, mapas e os instrumentos informáticos…) e as aprendizaxes adquiridas sobre as convencións de cada xénero literario e os recursos estilísticos máis comúns na nosa literatura.

 -Producir textos escritos dirixidos ou creativos, seguindo –ou non- modelos comentados na aula atendendo, sobre todo, á lexibilidade gráfica, á coherencia das ideas, ao coidado do léxico, á claridade sintáctica e ás normas ortográficas da palabra (b/v, s/x, ñ/ll, x/ll, z/c/q/, g/gu e acentuación gráfica seguindo as normas básicas) e da oración (punto, coma, dous puntos, interrogacións, admiracións e puntos suspensivos).

 -Empregar os materiais dispoñibles, incluídas as TIC, para resolver dificultades, perfeccionar e autocorrixir as producións escritas.

 -Confeccionar apuntamentos propios en soportes diversos, gardalos e usalos eficazmente nas situacións que xurdan.

 -Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación e as TIC para obter, interpretar e ordenar información e empregala na ampliación do coñecemento, na elaboración de textos expositivos orais e escritos propios e na solución de dificultades propias da actividade escolar.

 -Reflexionar sobre normas básicas do funcionamento da lingua (Identificación e análise de formas e trazos das categorías gramaticais básicas: substantivo, artigo, pronome, adxectivo, verbo e preposición, estrutura verbal, estrutura da palabra, ditongo/hiato, xénero e número, concordancias, acentuación gráfica, puntuación, ritmo, medida e rima do texto poético) e aplicalas eficazmente no uso da lingua.

 -Coñecer a realidade plurilingüe do mundo e, concretamente, do estado español e entendela como unha mostra de riqueza cultural da humanidade.

 -Comprender a condición do galego como a lingua propia de Galicia, as circunstancias históricas que condicionaron o seu uso actual amais a necesidade dun apoio institucional para o seu uso normalizado.

 -Identificar no texto oral ou escrito de calquera procedencia actitudes discriminadoras coa lingua, coa raza, co sexo…, e analizalas criticamente.

-Progresar na adquisición do hábito lector e da conciencia crítica ante os contidos do texto escrito (o alumno lerá, polo menos, tres libros durante o curso sobre os que desenvolverá actividades individuais e grupais polas que se comprobará que o alumno progresa na adquisición das aprendizaxes relacionadas cos contidos do bloque Educación literaria).

-Amosar responsabilidade na realización cotiá de tarefas e proxectos e mais no cumprimento de prazos de entrega dos diferentes traballos.

-Mostrar interese por aprender, admitindo o erro como parte da aprendizaxe, mais intentando superarse a diario.

 

-2ºESO

 -Comprender mensaxes orais propias do contexto escolar (propostas de traballo individual ou colectivo, suxestións, solicitudes, opinións…), do profesor ou dos compañeiros do grupo nos que se empregue léxico que fose obxecto de aprendizaxe neste curso ou en anteriores.

 -Comprender mensaxes dos medios de comunicación nos que se empregue un léxico adecuado á idade do alumno e se traten temas afíns á súas experiencias ou ás súas aprendizaxes.

 -Expresarse oralmente mantendo o discurso na lingua galega, empregando un nivel lingüístico adecuado ó tema e un ton que lle acaia ó contexto comunicativo.

 -Intervir nas situacións comunicativas propias do ámbito escolar respectando a quenda -sen interromper a quen está no uso da palabra-, empregando un ton adecuado ó contexto, analizando criticamente as opinións alleas e contribuíndo aberta e positivamente no desenvolvemento das actividades.

 -Comprender textos escritos sinxelos de distinta tipoloxía e xénero (mensaxes electrónicas, cartas, diarios persoais, artigos de opinión, crónicas, reportaxes, críticas, narracións, poemas, pezas ou fragmentos teatrais …) empregando os medios e materiais dispoñibles (persoas, apuntamentos persoais, dicionarios, enciclopedias, mapas e os instrumentos informáticos…) e as aprendizaxes adquiridas sobre as convencións de cada xénero literario e os recursos estilísticos máis comúns na nosa literatura.

 -Producir textos escritos dirixidos ou creativos, seguindo –ou non- modelos comentados na aula atendendo, sobre todo, á lexibilidade gráfica, á coherencia das ideas, ao coidado do léxico, á claridade sintáctica e ás normas ortográficas da palabra (b/v, s/x, ñ/ll, x/ll, z/c/q/, g/gu, h/Ø e acentuación gráfica) e da oración (punto, coma, dous puntos, interrogacións, admiracións, puntos suspensivos e comiñas).

 -Empregar os materiais dispoñibles, incluídas as TIC, para resolver dificultades, perfeccionar e autocorrixir as producións escritas.

 -Confeccionar apuntamentos propios en soportes diversos, gardalos e usalos eficazmente nas situacións que xurdan.

-Utilizar criticamente e con autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación e as TIC para obter, interpretar e ordenar información e empregala na ampliación do coñecemento e na elaboración de textos expositivos orais e escritos.

-Reflexionar sobre normas básicas do funcionamento da lingua (morfoloxía do verbo irregular, conxugacións de ir, vir, ver, dar, estar, haber, ser, ter e facer, o adverbio –clases, formas e función-, conxunción –clases, formas e función-, formas dos pronomes persoais e posición proclítica e enclítica das formas átonas, normas de acentuación gráfica ) e aplicalas eficazmente no uso da lingua.

-Coñecer a realidade plurilingüe do mundo e, concretamente, do estado español e entendela como unha mostra de riqueza cultural da humanidade.

 -Comprender a condición do galego como a lingua propia de Galicia, as circunstancias históricas que condicionaron o seu uso actual amais a necesidade dun apoio institucional para o seu uso normalizado.

-Coñecer a lexislación esencial en materia lingüística (Lei de Normalización Lingüística, Estatuto de Autonomía e Plan xeral de normalización lingüística) que afecta esta etapa educativa.

 -Identificar no texto oral ou escrito de calquera procedencia actitudes discriminadoras coa lingua, coa raza, co sexo…, e analizalas criticamente.

 -Consolidar o hábito lector e a conciencia crítica ante os contidos e a intención dos textos escritos empregados (o alumno lerá, polo menos, dous libros durante o curso e desenvolverá actividades individuais e colectivas a través das que se avaliará o seu grao de comprensión, análise crítica e creación literaria, segundo figura nos criterios de avaliación para este nivel).

 -Tomar conciencia do patrimonio literario da lingua galega e valoralo como unha manifestación da experiencia individual e colectiva en diferentes contextos da nosa cultura e da nosa historia.

 -Amosar responsabilidade na realización cotiá de tarefas e proxectos e mais no cumprimento de prazos de entrega dos diferentes traballos.

 -Mostrar interese por aprender, admitindo o erro como parte da aprendizaxe, mais intentando superarse a diario.

 

-3º ESO

 -Expresión oral e lectura fluídas.

 -Escritura lexible e uso correcto dos signos de puntuación.

 -Produción de textos orais e escritos de diverso tipo, empregando as estruturas organizativas e recursos expresivos axeitados.

 -Unha correcta comprensión e organización do discurso, atendendo á disposición, orde e adecuación á linguaxe.

 -Adecuación dos textos producidos polo alumno á situación de comunicación, respectando a corrección, tanto na comunicación oral como na escrita.

 -Recoñecemento dos trazos que definen os textos descritivos, narrativos, expositivos, argumentativos e dialogados.

 -Recoñecemento e aplicación das características propias dos distintos tipos de textos: da vida cotiá, dos medios de comunicación e do ámbito académico, distinción da información relevante e realización de esquemas e resumos.

 -Recoñecemento das características propias dos textos dos medios de comunicación e da súa linguaxe e produción de textos conforme a estas características.

 -Coñecemento e uso reflexivo da lingua: clases de palabras e as súas funcións, formas verbais.

 -Identificación e explicación das distintas categorías gramaticais e as súas funcións, da estrutura morfolóxica das palabras e os seus cambios de categoría..

-Recoñecemento do sistema de composición, derivación e parasíntese.

-Recoñecemento das palabras atendendo á súa entrada na lingua.

-Recoñecemento da situación lingüística de España e Galicia e dos fenómenos que afectan ás linguas en contacto.

 -Coñecemento e uso da definición de palabras, frases feitas e campos semánticos.

 -Identificación e coñecemento dos grandes períodos, autores e obras literarias das literatura galega da Idade Media, Decadencia e século XIX.

 -Coñecemento dos recursos da biblioteca do centro, medios audiovisuais e TIC que permitan extraer información desas fontes e incorporalas ó traballo propio.

 -Confeccionar apuntamentos propios en soportes diversos, gardalos e usalos eficazmente nas situacións que xurdan.

 -Respecto -nos textos producidos polo alumno/a (actividades, traballos, probas, fichas, esquemas, resumos...), tanto orais como escritos-, ás correspondentes normas ortográficas, léxicas e morfosintácticas.

 -Respecto -nos textos producidos polo/a alumno/a- ás normas de presentación e pulcritude: marxes, disposición, lexibilidade, limpeza...

 -Realización das actividades propostas polo profesor, tanto na aula como fóra dela.

-Lectura das obras e textos indicados para este nivel.

 -Amosar responsabilidade na realización cotiá de tarefas e proxectos e mais no cumprimento de prazos de entrega dos diferentes traballos.

 -Mostrar interese por aprender, admitindo o erro como parte da aprendizaxe, mais intentando superarse a diario.

 

-4ºESO

 -Expresión oral e lectura fluídas.

 -Produción de textos orais e escritos de diverso tipo (textos da vida cotiá, relacións sociais, medios de comunicación,...) utilizando as estruturas organizativas, linguaxe propia e recursos expresivos convenientes.

 -Unha correcta compresión e organización do discurso, atendendo á disposición, orde e adecuación da linguaxe.

 -Adecuación dos textos producidos polo alumno á situación de comunicación, respectando a corrección, tanto na comunicación oral como na escrita.

 -Elaboración de textos que sinteticen información procedentes de diversas fontes seleccionando estas, distinguindo punto de vista.

 -Realización de traballos sinxelos con guión previo nos que se presenta a información de forma coherente e ordenada, seguindo os pasos adecuados.

 -Elaboración de textos propios da comunicación persoal e profesional de acordo coas características específicas de cada un deles e axustados ás normas ortográficas propias do discurso, da oración e da palabra.

 -Coñecemento e uso reflexivo da lingua.

 -Identificación e explicación dos distintos niveis e rexistros lingüísticos, así como das variedades xeográficas das linguas.

 -Coñecemento da historia social da lingua galega e uso das dúas linguas da comunidade nos medios de comunicación.

 -Coñecemento dos conceptos sociolingüísticos relacionados directamente coa nosa lingua.

 -Uso reflexivo da lingua, incorporación dos coñecementos, léxico e regras de funcionamento da lingua adquiridos paulatinamente, á expresión oral e escrita.

 -Identificación e coñecemento das características xerais dos grandes períodos da historia da literatura galega do século XX.

 -Realización das actividades propostas polo profesor, ben sexa na aula ou para a casa.

 -Confeccionar apuntamentos propios en soportes diversos, gardalos e usalos eficazmente nas situacións que xurdan.

-Respecto nos textos producidos polo/a alumno/a ás normas de presentación e pulcritude: marxes, disposición, lexibilidade, limpeza...

-Realización das actividades propostas polo profesor, tanto na aula como para fóra dela.

-Lectura das obras e textos indicados para este nivel.

-Amosar responsabilidade na realización cotiá de tarefas e proxectos e mais no cumprimento de prazos de entrega dos diferentes traballos.

-Mostrar interese por aprender, admitindo o erro como parte da aprendizaxe, mais intentando superarse a diario.

 

 

ITINERARIO LECTOR

 

1º ESO

Moncho e Dríar (María J. García Yáñez) - 1º trimestre

Ideas de bombeiro (Andreu Martín) - 2º e 3º trimestres

 

2º ESO

O enigma de Embívicus (Xosé A. Perozo) - 1º trimestre

O elefante branco (Xesús Fraga) - 2º e 3º trimestres

 

3º ESO

Penúltimas tendencias (Carlos Negro) - 1º trimestre

Escolma de poesía, colgada na aula virtual - 2º trimestre

 

4º ESO-A

Penúltimas tendencias (Carlos Negro) - 1º trimestre

Escolma de poesía, colgada na aula virtual - 2º trimestre

 

4º ESO-PDC

Penúltimas tendencias (Carlos Negro) - 1º trimestre

Trece perros (Fernando Lalana) - 2º trimestre

 

 

 

Se Rosalía soubese rapear...

 

Que tal o taller de RAP?


Máis imaxes

-David: grazas por resolver as dúbidas entre rap e hip-hop. O rap é un dos estilos de música que máis me apaixoan. Xa buscarei cancións túas, seguro que son boísimas. Espero que volvas prontiño!  Asinado:    BIG MACK!

 

-Antes xa me gustaba un pouco o rap, pero dende o teu taller aínda me gusta máis e ademais descubrín que non se me dá tan mal como pensaba. Espero que volvas máis veces. Bicos. MARTA, FUEGO.

 

-David: pasámolo moi ben contigo no taller. Foi moi divertido e creo que eu e todos queremos repetilo, así que ata cando queiras volver! Esperamos que ti tamén o pasases moi ben. Moitos bicos e volve pronto!   ÁNGELA

 

-Grazas polo taller ou presentación, como lle queiras chamar. O rap non é o meu pero estivo de... madre.

 

-A min non me gustaba o rap pero a clase foi moi interesante.

 

-Non me facía moito ilusión o rap, pero non me desgustou a experiencia. Foi divertido. Por min, repito.

 

-Gustoume moito o taller de rap. A ver se volves. Bicos. Yeahhh!!!

 

-Gustome moito o taller pero gustaríame ter feito máis práctica de rap que o xogo das rimas.

 

-Antes o rap non me agradaba, sinceramente non facía caso del. A raíz do taller comecei a querelo un pouco máis. Despois disto xa me comez a gustar. Moitas grazas e esperamos que volvas pronto! ANDREA, FUEGO.

 

-Estivo moi ben a “clase” do mércores. Encantaríanos que volveses! Asido. : McMENÚ

 

-Ola, David. Gustoume o taller de rap. O rap gústame moito polas rimas e cousas polo estilo. En fin... saúdos e a ver se triunfas. Te lo mereces.

 

-Gustaríame moito poder ter a oportunidade de novo de acudir ao taller de rap. Paseino moi ben e descubrín, grazas ao taller, unha nova “arte” que realmente me gusta, a pesar de que non se me dá precisamente ben, pero gustaríame seguir aprendendo. Ademais pareceume un taller moi didáctico e creo que lles gustou a todos os alumnos-as.

 

-Paseino moi ben no taller de rap do pasado luns. Debo dicirche que o rap non era algo que me gustara, pero despois disto estou máis interesada nel. Botei un pouco de menos a demostración e quizais me gustaría escoitar algo máis de rap. Estaría ben repetir a experiencia. Foron dúas horas moi ben empregadas.

 

-Gustoume moito porque foi moi entretido. Gustoume sobre todo a parte na que rapeamos o poema que nos deron de Rosalía de Castro (“Negra sombra”). Os dous rapaces eran moi simpáticos e aos dous lles gustaron moito as rimas que fixemos.

 

-O taller de rap encantoume. Foi todo xenial xa que estivemos de moi bo rollo. O que máis me gustou foi cando nos fixeron rapear! SHEILA

 

-A min realmente me encantou. Non sabía que se podía pasar tan ben rapeando. Descubrín cualidades que antes non sabía que tiña. Ensinounos a rimar mellor e coñecemos palabras novas. TAMARA ALLEGUE

 

-O taller foi moi divertido e entretido. O xogo do dicionario foi moi orixinal. Gustoume moito. Foi unha experiencia moi interesante e innovadora.

 

-Pareceume unha boa idea. Aprendemos a rimar mellor do que sabiamos e a transformar os textos poéticos en raps. Aprendín que se pode facer rap con calquera base. Os profesores eran moi simpá ticos. Notábase que David estaba nervioso, pero dá igual. Paseino moi ben e descubrín que o rap pode ser moi divertido.

 

-Estivo bastante ben porque fixemos xogos divertidos e ademais ver ao señor rapear foi impresionante. Intentamos facer rimas con palabra e algunhas eran máis difíciles que outras. Rimos moito todos.

 

-Estivo xenial. Fixemos xogos nos que tiñas que pensar para gañar. Todos os grupos conseguimos algún punto e despois rapeamos un poema de Rosalía de Castro. Estivo ben aprender a facer rimas e rapear. O peor... que non puidemos usar a mesa de mezclas porque non deu tempo...

-O taller gustoume moito porque me serviu para descubrir que tiña máis imaxinación da que cría e tamén a perder a vergoña diante dos meus compañeiros-as. Tamén aprendín moitas cousas relacionadas co rap e como se pode rapear.

 

-Gustoume moito porque nunca probara a rapear e descubrín que é moi interesante. Tamén me gustou, o que máis, inventar rimas e despois rapealas e tamén o de rapear poemas coñecidos como o de “Negra sombra”. Influíu tamén o bos rapaces que eran David e Virxinia.

 

-Pareceume moi ben o taller xa que foi un cambio na nosa rutina, ademais de aprender moitas cousas novas. Debería repetirse!!!

 

-Estivo bastante ben. O que máis me gustou foi escoitar as distintas bases que podías poñer nas letras. O máis difícil foi facer rimas.

 

-Foi moi divertido pero preferiría facer a clase con máis música.

 

-Moi entretido e divertido, aínda que estaría mellor cun pouquiño máis de música xa dende o principio, para ir pillando o ritmo.

 

-Estivo moi ben pero precisaba de maior preparación respecto ao tempo, 140 min. non son suficiente para explicalo todo. Os xogos parecéronme fáciles e rápidos, pero gustaríame ter máis tempo para contestar. A música de rap non me gusta moito pero polo menos se me pasou rápido o tempo...

 

-Gustoume o teu taller pero para as próximas veces intenta facelo máis rápido, así dará tempo a todo.

 

-Pareceume ben.

 

-Un taller de rap moi guai, David!! Fixéchesnos rir moito e pasámolo moi ben! Deiteime sabendo moitas cousas novas, aínda que teño que poñelas en práctica porque se non... non me van servir de nada, jejeje... Moitas grazas por facernos pasar unha tarde agradable. Un bico. :-)      TAMARA TENREIRO

-David: fixéchesnos felices rapeando sen parar pero sen facernos cansar! O taller estivo ben pero facía falta un pouco máis de tempo.

 

-Gustoume moito o taller. Tes que vir máis veces. Rimos moito e pasámolo moi ben. Damián.

Distribuir contido