Os alumnos de 1º de ESO participaron nunha charla con Sole e Alberto, membros da ONG Arquitectura sen fronteiras e autores da unidade didáctica O Dereito ao hábitat coa que se iniciou a andaina dentro do Proxecto Terra. Foi o momento de analizar os debuxos realizados polos alumnos que recollen os aspectos fundamentais do seu hábitat (Miño) e de reflexionar conxuntamente sobre todo o que hai e tamén sobre o que falta para que este hábitat humano sexa adecuado para o desenvolvemento persoal e social dos que aquí viven.
Os alumnos de 1º ESO están a participar nun proxecto de innovación educativa titulado "Proxecto Terra: O dereito ao hábitat". Como parte do traballo, reflexionaron sobre o hábitat en xeral e analizaron as características do seu, Miño. Realizaron debuxos cos aspectos fundamentais e, con eles, fixeron un mural que instalaron no vestíbulo de Secundaria.
Todos estes debuxos e as súas reflexións recóllense na presentación seguinte.