Skip to Content

Lingua e literatura galega

Departamento de Lingua e literatura galega

MAÑÁ COMEZAMOS POR TODO O GRANDE AS ACTIVIDADES DAS LETRAS

Dentro do programa do MEC "Leer da vidas extra", polo que os autores e autoras visitan centros de Secundaria, Ledicia Costas estará mañá cos seus lectores e lectoras do CPI P. Cabo da Area.

Acompañarannos tamén algúns dos alumnos e alumnas do CPI As Revoltas.

PARTICIPAMOS NO XVII CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO "XOSÉ MANUEL EIRÍS" EN CARBALLO

O alumnado de 4º da ESO participou o pasado 20 de outubro no concurso de teatro lido en RADIO VOZ en Carballo, lendo un fragmento de "A fiestra valdeira" de Rafael Dieste. Poderemos escoitalos o 21 de novembro arredor das 11 da mañán na web de RADIO VOZ.  Os resultados do concurso coñecerémolos máis tarde.

QUE NERVIOS! MOITA SORTE!!

 

RESUMOS DAS PROGRAMACIÓNS

Premendo en cada curso podes ver o resumo das programacións:

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

PHOTOCALL CON CARLOS CASARES E HIMNO GALEGO

Esta semana saíron na nosa árbore da lectura unhas laranxas: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Este feito chamou a atención de todo o mundo, así que pouco a poco foron pasando para velas A Galiña azul, Un polbo Xigante, O can Rin... E Carlos Casares!

E nós, claro aproveitamos para facer unha festa, cantar o himno galego na súa honra e sacarnos fotos con el e cos personaxes dos seus contos.

Tamén tivemos, como todos os anos, a exposición sobre as Letras Galegas.

KAMISHIBAI: "A GALIÑA AZUL"

Dentro das actividades da semana das Letras Galegas o alumnado de PMAR foi contar a infantil co Kamishibai o conto " A galiña azul" de Carlos Casares.

DRABBLES E ONE-SHOTS SOBRE SUPERMARIO NO WATTPAD DA BIBLIO

Dentro dos traballos que estamos a facer no centro arredor dos portfolios de lingua, este ano o alumnado de 2º ESO participa no Proxecto europeo ATS2020.

Dentro das actividades propostas en Mahara estivo a creación de fan fiction. En concreto a creación de drabbles que eles mesmos decidiron dedicar á figura de Super Mario. Aprenderon tamén a usar a comunidade de lectoescritura Wattpad e colgaron algunhas das súas obras no noso Wattpad da bibiliodocabodaarea:

https://www.wattpad.com/myworks/109407809-supermario-1-yessica

FAN FICTION E TRABALLOS SOBRE "CARTAS DE INVERNO"

O noso alumnado gozou tanto coa lectura da novela de Fernández Paz que cando xurdiu a idea de escribir fanfics enseguida propuxeron crear finais alternativos para Cartas de inverno. Nestes enlaces a Wattpad podes ver os seus drabbles:

http://my.w.tt/UiNb/3LxpihIW7C

http://my.w.tt/UiNb/GOPBzGQW7C

http://my.w.tt/UiNb/YUvsSlSW7C

http://my.w.tt/UiNb/j0Qt11UW7C

http://my.w.tt/UiNb/ATVFspXW7C

http://my.w.tt/UiNb/H15jfyYW7C

http://my.w.tt/UiNb/k5WQeP0W7C

Rosali-arTE 24.2.2017

Este é o Mannequin Challenge do noso alumnado de 3º ESO escenificando a creación do graffitti que fixeron despois e co que todo o centro nos sacamos fotos no 180 aniversario do nacemento de Rosalía.

A voz de AID soando por riba da canción Black beatles de Rae Sremmurd, típica dos mannequin challenges, pretende simbolizar o triunfo da mensaxe feminista de Rosalía fronte ás constantes mensaxes de machismo ás que estamos expostos a diario e que debemos combater en busca dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

A continuación podedes ver as fotos dos grupos xunto á imaxe de Rosalía

Distribuir contido


by Dr. Radut