Skip to Content

Lingua e literatura galega

Departamento de Lingua e literatura galega

24.2.15 MARCAPÁXINAS EDICIÓN LIMITADA

Hoxe é o 178 aniversario do nacemento de Rosalía e celebrámolo colgando cartelería polo centro e facendo unha edición limitada de marcapáxinas co seu doodle. Busca o teu na Biblioteca!

 

 

                  

Poemanuarios vermellos de 3º

Os Poemanuarios vermellos do 2014 foron a actividade do Departamento de Lingua Galega e Literatura para o proxecto Quérote+. Esta actividade, que foi publicada no blog aberto polo centro para o Plan Proxecta: QUEROTELAXE , foi realizada polo alumnado de 3ºA e 3ºPDC a partir da lectura cruzada na primeira avaliación de O díario vermello de Carlota e O diario vermello de Flánagan e a posterior reflexión sobre estas novelas.

   

Por que se chama así este río?

Por que se chama así este río? é un Community walk creado polo alumnado de 3ºA para o Proxecto Ríos, no que reflexionamos sobre os nomes que levan os afluentes do Anllóns e a súa relación coa xeografía, a paisaxe e a economía da zona.

 

POETAS DO ANLLÓNS

Enlace ao Glogster do alumnado de 4º ESO

 

PRESTIGE

E un ano despois poñemos un novo dato na nosa liña temporal do Prestige: Por fin senteza, aínda que non xustiza. Será este o punto e final? Ou teremos que esperar outros once anos para dala por terminada?

    

CARTAZ GAÑADOR DO CONCURSO LETRAS GALEGAS

Romina Lavandeira de PDC gañou con este fermoso deseño que serviu para anunciar a representación teatral do alumnado de 4º ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut