Skip to Content

Lingua e literatura galega

Departamento de Lingua e literatura galega

EXPOSICIÓN FOTOBIBLIOGRÁFICA SOBRE PONDAL

Pondal 2017

Esta é a primeira das homenaxes que faremos no CPI P. Cabo da Area ao poeta bergantiñán no 2017. Ano do centenario do seu pasamento.

BOAS FESTAS E PAZ NO NADAL

Boas Festas e Paz no Nadal é o desexo co que queremos rematar as exposicións deste ano na Biblio, aproveiitando para facerlle outra homenaxe a Agustín Fernández Paz, a cuxa obra dedicamos a última exposición de libros deste 2016.

PAZ NO NADAL

  

BOOKTRAILER DE TERRA CHÁ

Víctor e Isa  son os creadores deste booktrailer de Terra Chá, un dos máis coñecidos poemarios do autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas: Manuel María.

 

CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA

Este mes demos un salto atrás no tempo, ata 1916, para pasear pola Coruña das Irmandades da fala:

paseo irmandades

if100

 

CANTO AO IDIOMA GALEGO

No centro este ano, como non podía ser menos dedicándose ao enorme Manuel María, celebramos as Letras Galegas de moitos xeitos ao longo do curso: participamos no FESTILETRAS, lemos teatro na radio, expuxemos, escribimos, recitamos, cantamos, fotografamos, debuxamos, graffiteamos...

 

1º ESO: O MISTERIO DAS BADALADAS

Portadas dos traballos que o alumnado de 1º ESO fixo tras a lectura da novela O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo

portadas badaladas

 

VISITA AO GARAXE HERMÉTICO

Durante os meses pasados o alumnado de primeiro leu Fiz nos Biosbardos e Fiz, o neno máis porco do mundo, de Kiko da Silva.

Como peche da nosa Semana Cultural, e dentro das actividades da nosa constelación deste ano dedicada aos cómics, fomos a Pontevedra. Alí Kiko da Silva recibiunos para amosarnos o seu GARAXE HERMÉTICO. Explicounos por que decidiu crear unha escola de BD, por que facela privada e como é o proceso de creación e distribución dun cómic.

Tamén nos falou dos seus proxectos futuros e alentou ao noso alumnado a ser creativo, constante e non deixar escapar os seus soños, porque iso vai ser o que os faga realmente felices.

Grazas Kiko, foi toda unha experiencia!

SEMANA DA PRENSA E DÍA DA MULLER

Aproveitando a coincidencia do Día da Muller coa Semana da Prensa en 3º ESO estreamos as novas mesas da Biblioteca traballando cos xornais en busca de novas para facer uns murais na clase de Lingua galega sobre o tratamento da figura feminina na prensa.

 

As conclusións ás que chegou o alumnado Foron:

1. Non é tan fácil conseguir contidos en galego nos xornais (salvando no Sermos Galiza, claro).

2. Hai moitas máis noticias de homes que de mulleres.

Distribuir contido


by Dr. Radut