Skip to Content

Lingua e literatura galega

Departamento de Lingua e literatura galega

LIBROS 2011-2012

Xa está dispoñible no apartado da Secretaría do centro a listaxe de libros para o próximo curso.

A espada poética

Velaí tedes A espada poética. Verdadeira poesía made in  CPI Cabo da Area. Só tedes que picar co punteiro do rato no enlace para descargala.

Pero coidado!, que se crava no sangue e logo xa non sae de aí.

 

INTERCAMBIO LAXE - FONSAGRADA

Dentro das diversas actividades en que o Departamento de galego colabora co ENDL, este ano organizamos un intercambio co IES Fontem Albei da Fonsagrada.

O noso alumnado visitou A Fonsagrada o día 24 de maio, onde gozamos de paraxes de enorme beleza, como a Seimeira de Vilagocende.

O 22 de xuño será cando eles nos visiten para coñeceren a fermosura da nosa costa.

Actividades 2010-2011

Dentro do Plano de dinamización lectora, ademais das actividades que se desenvolven ao longo do curso, como o noso CLUB DE LECTURA, este ano realizamos actividades complementarias:

Taller de escritura "TI CREAS A HISTORIA" impartido por Anxo Fariña, no que aprendemos como é o proceso de construción dun personaxe e algunhas técnicas básicas para a narración dunha historia.

Enlaces de interese

Desde aquí podedes acceder a algunhas páxinas que poden axudarvos no voso estudo e afianzamento do idioma ou que simplemente poden interesarvos pola súa temática: música, surf, cómics, cine,...

Lingua

Novo dicionario da RAG (actualizado á última norma e con indicacións de pronuncia)

Dicionario galego Ir indo

Membros do departamento

Xosé Manuel Pose Verdes

Sandra Villar Giner

Distribuir contido


by Dr. Radut