Nos vindeiros días, están previstas novas actividades no CDAN. 

O 22 e 23 de Novembro, Fátima Moreno realizará un Obradoiro de Danza Educativa/Creativa dirixida ao alumnado de Grao Elemental.

Tamén o 22 e no Auditorio do CMUS o pianista Fran Rey, explicará ao alumnado de Grao Profesional como era o traballo dos músicos no acompañamento do cine mudo, así como os recursos que solían utilizar. Logo dunha breve explicación será o tempo de gozar cun dos clásicos do cinema; a proxección de "The Kid" de Charles Chaplin, co acompañamento pianistico do propio Fran Rey.

 Para o 24 de novembro está prevista unha Master Class con Roberta Ferrara, dirixida ao alumnado de 5º e 6º GP, especialidade de Danza Contemporánea, dentro do Ciclo Led e coa colaboración da Concellería de Cultura de Concello de Lugo.

 

 

 

Esta semana celebramos o día das Bibliotecas Escolares, coa lectura das novidades que temos na nosa Biblioteca "Jean Georges Noverre".
Dende a dinamización da biblioteca propúxose a actividade de ivestigar e ler libros relacionados co nome das nosas aulas, adicadas a personaxes da danza.
"Nalgún lugar dun libro hai unha frase esperándonos para darlle sentido á existencia". Miguel de Cervantes.

Grazas á programación expandida das residencias artísticas @atopemonosbailando, onte, os alumnos de 5° e 6° de ambas especialidades desfrutarán dun obradoiro de improvisación a cargo da artista residente Sofía Kafol.

O noso alumno @aleexcasal  ven de obter o primeiro premio no Concurso Nacional de Danza na sua fase internacional en Bélxica, na categoria de solo. Participou coa escola  @estudiodedanzaallegro de Ferrol, cunha  coreografía da tamén exalumna do Cdan, Sabela Adalid. Ledicia por partida dobre

Parabéns Sabela e Alex! Que sigan os éxitos!

Ver: https://www.instagram.com/reel/CkMTauAp-oY/?utm_source=ig_web_button_share_sheet

27/10/2022

Visita da nosa exalumna @clara_dvc que aproveitou as suas vacacións para tomar unha clase no cdan

Ledas de verte polas aulas Clara!

 

21/10/2022

Encántanos recibir visitas de exalumnos, sinal de que somos unha gran familia

@cande_dii está na cidade e veu polo cdan para seguir traballsndo no seu TFG e rematar os seus estudos superiores no @institutdelteatre .

Grazas Candela pola visita, sorte nos teus proxectos.

 

14/10/2022

A nosa exalumna @raquelmedina_ estivo hai uns dias de visita polo Cdan, recompilando información para o seu TFG. Compartiu cos nosos alumnos de 6°curso as suas inquedanzas e deulles sabios consellos! Moitas grazas Raquel! Moita sorte nos teus proxectos.

Distribuir contido